Persoal de Alcoa péchase na Delegación do Goberno central nas horas clave para a venda das factorías
O Ministerio de Industria expón este martes aos gobernos galego e asturiano a oferta do fondo de investimento que di ter interese en quedar coa factoría; o persoal reclama sentar nesa mesa
A dirección do PPdeG di ver "moi positivo" o bipartito con Jácome, a quen Feijóo considerou "letal" para Ourense
Alén da formación do bipartito liderado por Jácome e do apoio a Baltar na Deputación o acordo tamén implica que DO non se presente ás eleccións galegas. Caballero reta a Feijóo e Baltar a explicaren pública e conxuntamente con Jácome os termos exactos do seu "cambio de cromos"
- Crónica 26M locais e europeas
- Política
Feijóo, Jácome e as saudades polos vellos bos tempos
A operación ourensá transloce a fatiga de materiais no aparello político que comezou a funcionar cando o equipo de Feijóo tomou os mandos do PPdeG tornando practicamente todos os retos electorais en vitorias
A rede de proxenetas do ex-líder de Xóvenes Agricultores roubou o bebé dunha vítima
A Policía confirma que o bebé, agora baixo tutela da Xunta, foi entregado en adopción ilegal apenas dous días despois do parto e despois de que a muller continuase "sendo explotada sexualmente" durante o embarazo
O PP queda sen poder urbano e o maior concello onde mantén a alcaldía é Arteixo
A constitución das novas corporacións ratifica o PSdeG como o principal vencedor do 26M na Galicia urbana tras un mandato no que os de Feijóo centraran os seus esforzos en erosionar os gobernos das mareas e dos socialistas
O PP vota alcaldías do BNG en Mondariz e Catoira e o PSdeG propicia a dos populares en Fene
En Ribadavia a alcaldía recaeu no PP ao votar a súa propia candidatura e non a do PSdeG os edís de Ribeiro en Común
Inés Rey convértese na primeira alcaldesa da democracia na Coruña apelando ao "entendemento"
A nova rexedora socialista resalta a ruptura dun "teito de cristal" que supón a súa chegada á alcaldía e afirma que haberá "continuidade naquilo que se fixo ben" entre chamadas ao diálogo ás portas das negociacións para procurar maiorías de goberno
Lores inicia o seu sexto mandato en Pontevedra anunciando un "novo ciclo" na cidade sen "conformismo"
Lores ponse á fronte da coalición de BNG e PSdeG resaltando que o groso do modelo urbano de Pontevedra está xa implantado: "Remataron os tempos do máis e chegan os tempos do mellor", afirma. O goberno de coalición mantén entre as súas liñas políticas a "oposición frontal á permanencia de ENCE na marisma de Lourizán"
- Vídeos 26M locais e europeas
- Política Ourense
Jácome chega á alcaldía de Ourense da man de Baltar tras prometer botalo por "psicópata"
A chegada de Jácome ao Concello de Ourense sería incomprensible sen a súa canle de televisión e, sobre todo, sen a súa principal bandeira: zorregar sen piedade nos Baltar, que lle veñen de dar a alcaldía sacrificando a Jesús Vázquez e sen oposición de Feijóo, que en campaña considerou "letal" que o líder de DO puidese chegar ao poder
- Documentos 26M locais e europeas
- Política
PSdeG e BNG publican os seus acordos para gobernar en coalición Lugo e Pontevedra
Socialistas e nacionalistas chegan ás investiduras de Lara Méndez e Miguel Anxo Fernández Lores coas liñas xerais dos seus pactos de goberno xa asinadas. Rubén Arroxo e Tino Fernández ostentarán as Tenencias de Alcaldía nos novos gabinetes
- Documento 26M locais e europeas
- Política Ourense
O PP pacta entregar a Jácome a alcaldía de Ourense para salvar a Baltar
Democracia Ourensana, terceira forza da corporación ourensá, obterá este sábado a alcaldía grazas aos votos do PP, que obtén a cambio o compromiso de que os de Jácome sosteñan a maioría do baltarismo na Deputación
Defende a Galega volve esixir o cumprimento da lei de medios e tenta ampliar os marcos da reivindicación
Un ano despois do inicio das mobilizacións, a plataforma organizou un debate público sobre o futuro dos medios públicos e do xornalismo en Galicia. Trátase de que, de vez, a Galega deixe de ser a "ferramenta" ao servizo do "goberno de quenda", conclúen