O debate da 'desprivatización' da auga volve a Santiago en campaña coa vista posta no vindeiro mandato
Noriega asegura que se segue a gobernar na capital galega, a municipalización da auga "ten que materializarse no primeiro tramo do mandato". Bugallo ratifica que esta municipalización "non é unha aspiración do Grupo Socialista" e Compostela Aberta resalta a postura a prol do alcalde de Valladolid, membro da Executiva do PSOE, que recuperou a xestión directa deste servizo
- Entrevista | Lara Méndez 26M locais e europeas
- Política Lugo
"Teño unha idea clara de cidade para impulsar a segunda gran transformación de Lugo"
A actual alcaldesa de Lugo concorre por primeira vez ás municipais como cabeza de lista do PSdeG. Tras un mandato "apaixonante" pero "complexo, pola febleza numérica" asegura ver o electorado "moi receptivo", pero tamén apela á mobilización para evitar unha sorpresa da dereita no reconto do 26 de maio e poder continuar nun goberno que, lamenta, nunca atopa "colaboración" na Xunta
A perda da maioría do PP na Deputación de Ourense entra por primeira vez en campaña como hipótese viable
A fin da primacía absoluta dos populares na Deputación ourensá é posible por primeira vez en dúas décadas. Así o aposta a oposición e así o teme o PP, especialmente tras os resultados das xerais. O resultado do partido xudicial no que se encadra a cidade de Ourense será clave e os eventuais escenarios van dende posibles negociacións con DO ou C's ata unha maioría alternativa
A autovía Santiago-Lugo, arma electoral trinta campañas despois
Feijóo láiase nun acto de campaña de que o treito central da A-54, de Melide a Palas, non vaia estar rematado para o Xacobeo 2021 aínda que os contratos adxudicados polo Goberno de Rajoy xa situaban o remate entre finais de 2022 e comezos de 2023
O Tribunal de Cuentas axuizará irregularidades e sobrecustos do 27% en obras do porto exterior da Coruña
O órgano fiscalizador confirma que ten en marcha un "procedemento de reintegro por alcance por presuntas irregularidades contables" en contratos do porto exterior reflectidos nas súas contas de 2012, 2013 e 2014
- Crónica 26M locais e europeas
- Política
O son das enquisas marca o inicio da primeira semana completa de campaña municipal
Tras o comezo marcado polo falecemento de Rubalcaba, a campaña fica este luns definitivamente lanzada ao ritmo das enquisas da fin de semana, que debuxan o que sería un cambio inédito na historia recente da Galicia urbana. A cuestión da alternancia xa non se dirimiría principalmente entre o PP e unha ou varias forzas da esquerda
- Obituario
- Política
O PSdeG tamén chora o falecemento de Rubalcaba
Rubalcaba ocupou practicamente todos os postos de relevancia do Estado agás o de presidente do Goberno de España; como vicepresidente e ministro do Interior foi peza clave nos contactos que culminaron no alto ao fogo de ETA
Feijóo pide apoio ao electorado de Ciudadanos e Vox para evitar que Martiño Noriega siga gobernando
Feijóo proclama a necesidade de "unir o voto" na capital galega porque "só hai dúas opcións, a de Martiño Noriega ou a de Agustín Hernández". O líder do PPdeG advirte de que en Andalucía "non hai un goberno con Vox", senón un "pacto moi concreto" coa formación de extrema dereita para "un goberno alternativo". "Eu creo que por aí imos seguir", admite
En marcha a campaña que pon a proba os éxitos da esquerda en 2015 e no 28A
As das municipais de 2015 e xerais de 2019 foron as dúas noites electorais máis agres para o PP galego dende que Feijóo preside a Xunta. Os triunfos da esquerda nesas dúas citas poranse a proba o 26M. O eventual ascenso do PSdeG, os concellos gobernados polas mareas e o intento dos populares por recuperar poder local son algúns dos principais focos de atención destas eleccións en Galicia
O electorado ten ata o 16 de maio para solicitar o voto por correo nas municipais e europeas
Recursos como os formulados polo PP e C's contra a candidatura de Puigdemont están a atrasar o envío da documentación para votar por correo. Agás ampliacións de última hora o prazo para enviar as papeletas finaliza catro días antes das eleccións, o 22 de maio
A Xunta recoloca 48 millóns en gasto social "que non pode demorarse" pero non previra nos orzamentos
O Parlamento aproba cos votos do PP a recolocación de fondos para proxectos como obras en colexios e centros de saúde. Antes estaban destinados a débeda de entidades dependentes da Xunta que agora será pagada con fondos do superávit da Administración. En Marea, PSdeG e BNG ven na operación un exercicio electoralista e a confirmación dos efectos dos recortes sociais que sinalan dende hai anos
O PPdeG tenta esquivar sen rexeitalos os posibles pactos municipais coa extrema dereita
As mensaxes de Casado antes das xerais, ofrecendo a Vox un goberno conxunto, deixaron un pouso que os populares galegos tentan esquivar antes das municipais do 26M. Cargos do PSdeG como Gonzalo Caballero ou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, amósanse convencidos de que os populares formarán maiorías con Vox se poden e comprométense a "traballar para que non sexa así"