Máis de 30 operacións suspendidas no hospital Álvaro Cunqueiro por fallos na esterilización
A aparición dunhas partículas brancas nos colectores que transportan o material obrigou a suspender e reprogramar varias intervencións, algo que non é a primeira vez que sucede no centro vigués.
O PSdeG denuncia vínculos coa corrupción e o maltrato en entidades que optan á xestión dun centro de menores da Xunta
CON VÍDEO A socialista Noela Blanco advirte de que unha das entidades foi sinalada polo financiamento irregular do PP no caso Púnica e "denunciada por esposar, atar e illar menores". O conselleiro Rey Varela defende que as candidatas xa xestionan centros noutras comunidades autónomas
A Xunta protexe a subvención a colexios que segregan nenos e nenas dunha eventual derrogación da LOMCE
O aval do Constitucional á LOMCE non impediría limitar por lei o financiamento público destes centros, que en Galicia teñen concertos vixentes ata o 31 de agosto de 2023 en virtude da última orde do Goberno galego
O alcalde de Becerreá, destituído como vicepresidente da Deputación de Lugo tras volver votar co PP
Martínez votou cos conservadores para que as residencias de maiores sexan xestionadas pola sociedade urbanística provincial que el dirixe. Darío Campos, presidente da Deputación: "Ninguén que vota co PP en contra dos intereses dos lucenses ten cabida neste goberno"
Os incendios arrasaron 62.000 hectáreas en Galicia durante 2017, o 80% durante a gran vaga de outubro
GRÁFICOS O balance oficial do incendios certifica o pasado ano como o peor da década cunha vintena de grandes incendios, os superiores ás 500 hectáreas, todos eles no outono. Ourense volve ser a provincia do Estado con máis monte arrasado polo lume
Doentes de hepatite tentan evitar que o Ministerio de Sanidade fiche a cargo do Sergas investigada por atrasar tratamentos
A presidenta da Plataforma advirte á ministra Monserrat de que o nomeamento de González-Criado "sería un apoio político explícito" e pide que non se produza, cando menos, ata a fin das pescudas xudiciais
Entidades de Madrid, Murcia e Sevilla optan á xestión do centro de menores que a Xunta privatiza en Ourense
Unha das ofertas presentadas é da empresa sinalada pola oposición galega por estar a buscar persoal para un centro de menores en Ourense dende o pasado marzo
"Amoreados cun bocadillo e un iogur": a longa espera cotiá dos doentes de cancro no Clínico de Santiago
A Asociación de Pacientes do CHUS "aprecia as melloras" derivadas da separación de Oncoloxía e Hematoloxía, pero "persisten deficiencias inaceptables" nun espazo no que os doentes oncolóxicos deben pasar varias horas para ser avaliados e recibir tratamento
A Xunta pagou o complemento das pensións non contributivas con fondos doutras partidas sociais e débeda
A partida do complemento estaba incluída nos Orzamentos de 2017, pero dous días antes de ser aprobado no Consello, o pasado decembro, Política Social tivo que tirar cartos dunha ducia áreas sociais para pagalo. Esta axuda foi creada polo bipartito e o PP anunciou a súa eliminación en 2009, pero despois recuou
O PPdeG oponse á nulidade das condenas do franquismo dous meses despois de admitir que foi un réxime fascista
O BNG reclamou, co apoio de En Marea e PSdeG, que a Xunta apoiase ante o Estado a anulación dos xuízos franquistas para que "o nome das vítimas quede limpo da ignominia". "Non lles serve o de pechar feridas, pretenden que non se pechen, senón botar sal nas feridas", retrucaron os populares
Os Orzamentos do Estado volven confirmar que o proxecto de AVE de Ourense a Lugo non existe
A referencia nos Orzamentos á liña de alta velocidade que Feijóo chegou a prometer construír "con cartos da Xunta" vólvese limitar a "estudos" que aparecen nas contas dende hai anos mentres os traballos de mellora da liña convencional avanzan aos poucos
A xustiza anula unha multa da lei mordaza a unha manifestante por unha sentada na rúa en Santiago
O xulgado ve "contraria a dereito" a sanción imposta pola Subdelegación do Goberno na Coruña, baseada na acusación policial dunha suposta desobediencia e negativa a identificarse nunha sentada ante o antigo colexio Peleteiro durante as mobilizacións contra o desaloxo do centro social ocupado 'Escárnio e maldizer'