Defensa boicotea a comisión de incendios do Parlamento malia cobrar medio millón anual por participar no dispositivo
A Unidade Militar de Emerxencias négase a enviar un representante á comisión de estudo sobre os incendios para explicar o seu labor. Alude á súa "dependencia e suxeición administrativa", que non é outra que a do Ministerio de Defensa, que cobra cada ano de Medio Rural por previr o lume en Galicia
Volven rachar as negociacións co persoal da Xustiza en folga entre acusacións de "chantaxe" á Xunta
O Goberno galego ofreceu ao funcionariado galego unha suba non lineal de entre 135 euros ao mes e 105, límite que marcara na última xuntanza. "Din que se non aceptamos a cantidade, non nos contan o resto do acordo, é unha chantaxe que non podemos aceptar", retrucan os sindicatos
A científica galega penalizada no traballo por ser nai leva a súa reivindicación ao Parlamento
A doutora María de la Fuente inicia con En Marea unha rolda de contactos cos grupos políticos galegos para reclamar que a maternidade deixe de ser un obstáculo nas carreiras investigadoras
O PP aprobará o último trámite da reforma sanitaria entre protestas dos colectivos a prol da sanidade pública
A reforma suprime catro das actuais áreas sanitarias e crea a estrutura de distritos, blinda os convenios do Sergas co sector sanitario privado e reduce a capacidade de acceso a contratos por parte do Consello Galego de Saúde. As únicas emendas relevantes que foron incorporadas ao texto son as do PP
A esperanza de vida da poboación galega encamíñase aos 90 anos entre incertezas sociais e económicas
A esperanza de vida ao nacer aumentou practicamente tres anos de media en Galicia dende comezos de século e entre as persoas de 80 anos xa rolda a década. As pensións e a atención á dependencia, entre as necesidades máis salientables
O Parlamento aprobou en 1990 que os cargos da Xunta se afastasen das persoas ligadas ao narcotráfico
O secuestro de 'Fariña' e a estrea da serie sobre o libro devolveu á actualidade os meses nos que, baixo o impacto das detencións da Operación Nécora, a Cámara galega condenou por unanimidade a actividade dos narcotraficantes e instou os cargos públicos a evitar compartir espazos con eles
En Marea aproba o plan para ser "paraugas" de mareas locais e pide "lealdade" ao grupo nas Cortes
A formación aproba os documentos sobre as eleccións municipais e a coordinación co grupo no Congreso nun plenario no que Luís Villares resta importancia ás ausencias porque "ninguén nos deixou plantados" e Beiras considera que no Congreso "non se é suficientemente leal por parte das forzas de ámbito estatal co cumprimento dos acordos"
Milleiros de persoas secundan as protestas polas pensións públicas: "estamos xubilados, non aparvados"
O rexeitamento do 0,25% como límite da suba anual dos subsidios por xubilación e a necesidade de preservar o sistema público de pensións "dignas", protagonistas das mobilizacións impulsadas en Galicia pola plataforma MODEPEN e apoiadas por sindicatos e formacións políticas
A Xunta admite que o persoal médico do centro de menores que privatiza en Ourense traballe como autónomo
Profesionais médicos, de psiquiatría e de enfermaría no centro de Montealegre poderán ser autónomos e os servizos de mantemento, limpeza, cociña ou lavandaría, subcontratados a "empresas externas". O PP rexeita no Parlamento manter a xestión pública, como pediu toda a oposición
Un desprendemento de terra fai descarrilar un tren en Pantón e fere o maquinista
A caída de terra, pedras e unha árbore sobre a vía provocou que descarrilase a locomotora do Tren Hotel que cubría a liña Madrid-Pontevedra. As carencias ferroviarias entre Ourense e Lugo, onde Fomento xa desbotou o AVE, lastran o tráfico de pasaxeiros e tamén o de mercadorías
O PP certifica que a Xunta non rehabilitará o pazo de Lourizán se non é controlado por ENCE
O PSdeG insta o Goberno a rehabilitar o histórico edificio en virtude da lei de patrimonio e os populares deixan claro que non o fará se non é da man da pasteira. O pasado ano a Xunta intercedeu por ENCE ante a Deputación de Pontevedra para pedir a cesión do pazo
A Xunta privatiza un centro de menores tras telo pechado seis anos e gastar 2 millóns en reformalo
A antiga Consellería de Traballo e Benestar pechou por obras en 2012 o centro de Montealegre, en Ourense, e inicialmente indicou que reabriría en poucos meses. Tras tres contratos de obras Política Social disponse a privatizar a súa xestión ata finais de 2020 por ata 3,2 millóns de euros entre protestas sindicais e do Colexio de Educación Social