Carlos Santiago: "A liberdade de expresión só existe exercéndoa; oféndese quen cre que o espazo público lle pertence"
ENTREVISTA O actor e dramaturgo resalta que "a coincidencia entre o pregón" do Entroido compostelán que el interpretou "e o que se dixo del" realmente "é mínima" e enmarca a controversia xurdida nunha estratexia "de poder" na que "a quen se dispara non é a min"
A converxencia da renda galega coa media da UE retrocedeu unha década durante a crise
GRÁFICOS A renda da poboación de Galicia situábase ao inicio das dificultades económicas no 88% da media de Europa e retrocedeu seis puntos ata 2016. O maior retroceso doutros territorios permitiu, no entanto, que o país gañase posicións relativas a respecto de España e Portugal
"O máis grande de Galiza está até a cona": o BNG "dá a volta" ás mensaxes da Xunta para apoiar a folga feminista
Ana Pontón: "Ante a desigualdade, a violencia contra as mulleres e as actitudes neomachistas cómpre unha campaña directa e contundente; non caben medias tintas"
Galicia acumula unha década de peches de explotacións bovinas mentres só aumentan as de máis de 100 vacas
GRÁFICOS INTERACTIVOS Dende o inicio da crise pecharon unhas 1.700 explotacións ao ano, segundo o IGE, a maioría de pequena dimensión. Un 35% das cabezas de gando bovino atópanse xa en granxas cun máis dun cento de animais.
Así é o plan de Ciudadanos que abriría a porta do emprego público en Galicia a persoal que non entenda galego
O texto susténtase nunha suposta diferenza entre lingua "oficial" e lingua "cooficial", cuxa "protección" serviu para "romper o espazo de liberdade que é o Estado español", di. Reduce o coñecemento dos idiomas diferentes do castelán a un "mérito" cuxa valoración os parlamentos autonómicos non poderían fixar "de maneira libre"
Os Franco teñen a a obriga legal de comunicar á Xunta a pretensión de vender Meirás
A lei de patrimonio cultural fixa a obriga de comunicar á Xunta "calquera pretensión" de venda dunha propiedade declarada BIC cando exista comprador; non facelo implica multas de ata 6.000 euros, que na anterior versión da norma se elevaban ata os 150.000
O PP intensifica a ofensiva contra a folga feminista do 8M: "É o máis machista que se pode facer"
Os movementos feministas galegos chaman a secundar o paro de mulleres e mais a manifestación previa do día 4 e toda a oposición reitera o seu apoio. O PP galego liga a convocatoria cunha suposta "guerra de sexos" e a dirección estatal do partido conclúe que se trata dunha "manifestación convocada por Pablo Iglesias"
O persoal da Xustiza en folga bótase á rúa e advirte á Xunta da súa capacidade de "resistir"
CON VÍDEO Unhas dúas mil persoas reclaman "transparencia, mediación do Consello Galego de Relacións Laborais e que se cumpra o mandato parlamentario" de poñer fin á "discriminación da Xustiza galega" co apoio de toda a oposición galega
O primeiro ano do novo 'cheque bebé' rexistrou a maior fenda entre nacementos e mortes dende que hai datos
GRÁFICOS INTERACTIVOS | Os datos definitivos de 2016 constatan que Galicia rexistrou 19.062 nacementos e 31.757 mortes. Menos dunha quincena de concellos resisten con saldos vexetativos positivos e a idade das nais continúa a aumentar alén dos 30 anos
Os Franco encomendan a unha inmobiliaria de luxo vender Meirás como "inmoble singular"
CON VÍDEO A inmobiliaria, con sede en Santander, defende que ten clientela interesada en "montar hoteis en propiedades históricas", o que sería "unha saída moi boa" para Meirás porque "podería visitalo todo o mundo"
A atención a infartos en Lugo seguirá pechada pola noite e "un terzo" dos doentes terán que ser trasladados
Os responsables do HULA revelan que dende a apertura da hemodinámica en 'horario de oficina' dous de cada tres doentes tiveron que ser enviados a outros centros. O hospital non é quen de precisar cando podería chegar a extensión do servizo ás 24 horas que Feijóo a prometeu na inauguración do centro, hai sete anos
O PP censura a folga feminista do 8 de marzo por ser "ideolóxica" e "atacar o capitalismo"
O PPdeG descualifica a convocatoria entre mencións a Cuba, Venezuela, Afganistán ou Corea e un argumentario distribuído pola dirección estatal da formación atribúelle a intención de querer quebrar o "modelo de sociedade occidental"