O Goberno de Rajoy teima en que as "tramas organizadas" son unha "posible explicación" aos incendios en Galicia
O Executivo do PP nega que a reiterada defensa da tese terrorista "alarmase" a poboación durante a vaga de lume do pasado outubro. Faino en resposta a unha pregunta de En Marea, que reclamaba saber se existen "probas" do suposto "terrorismo incendiario"
Adif desmonta a estratexia de Xunta e PP de culpar a oposición dun novo atraso do AVE
A empresa pública dependente de Fomento emenda aos populares e di que as obras en marcha na liña á Meseta non dependen da aprobación dos orzamentos do Estado. En Marea, PSdeG e BNG lamentan que os conservadores se instalen na "escusa"
Feijóo, ausente na arenga de Rajoy para "rearmar" o PP
Volve o cadro de expectativas para o titular da Xunta en clave estatal, o mesmo que ficou escachado en 2013 pola publicación das fotos con Dorado
A Xunta reduce o peso do traballo científico e da lingua galega na adxudicación de farmacias
A experiencia profesional duplica o seu valor no baremo do decreto de farmacias que tramita o Goberno galego, as publicacións científicas pasan de 10 a 4 puntos e o coñecemento do galego, de 10 a 5
Os salarios máis altos subiron un 5,2% durante a crise en Galicia e os máis baixos caeron un 10%
Quen a comezos da década roldaba os 4.000 euros de soldo agora cobra en torno a 4.200; quen se achegaba aos 500 agora non chega aos 450
A Xunta defende no Parlamento ocultar parte do pacto do Sergas cunha multinacional americana
O Goberno galego responde a En Marea que non revelou o contido íntegro do acordo para atender a limitacións da lei estatal de transparencia. O documento que se nega a publicar permite á empresa actuar en hospitais do Sergas e implica un gasto público indeterminado
A Xunta volve incumprir a entrada en servizo dun centro de discapacidade de 13 millóns rematado en 2013
En novembro do pasado ano Política Social retirou 25.000 euros do orzamento de centros para maiores e recolocounos para a "posta en marcha" do CEGADI, onde polo momento só funcionan algunhas dependencias administrativas
O PP utiliza o asasinato de Diana Quer para axitar a cadea perpetua revisable en todos os concellos
Unha votación do pasado outono confirmou a existencia dunha maioría parlamentaria contraria á prisión permanente revisable e os populares empregan este crime para atacar as forzas políticas que apostan por derrogala
O Goberno de España certifica a caída en picado do seu investimento real en Galicia
GRÁFICOS INTERACTIVOS A causa fundamental do devalo de ata un 60% nos investimentos reais do Estado en Galicia é a fin das grandes partidas do AVE. No intenso período electoral aberto en 2014 as cantidades orzamentadas aumentaron mentres o investimento non deixou de caer
A "chantaxe" de Rajoy na negociación dos orzamentos deixa no aire 321 millóns para Galicia
O Goberno central presiona a través de Montoro conxelando este pagamento ata que o PP xunte maioría para aprobar os Orzamentos de 2018. O PSdeG esixe a Feijóo que "reclame" os 321 millóns que Galicia debe ingresar; En Marea e BNG ligan o perfil baixo da Xunta no asunto á "irrelevancia" do presidente
O informe da Xunta sobre o Brexit nin menciona que Galicia optase a acoller o laboratorio europeo de bivalvos
O documento, remitido ao Parlamento o pasado decembro, si admite que o Brexit pode supoñer un "duro golpe" para a "política de cohesión" da UE. O Goberno galego defendeu a suposta candidatura sen que nunca chegase a rexistrarse e mentres España votaba a prol do peche do laboratorio
A Xunta acumulou 500.000 euros de débeda con residencias privadas ás que envía adultos aos que tutela
A Fundación Galega para a Tutela de Persoas Adulta admite que tivo que contratar prazas privadas cun "custo moi elevado" para poder cumprir coas súas obrigas, dando en xerar unha elevada débeda. Política Social afrontouna con fondos das axudas para o coidado de menores de 3 anos