Vítimas de Angrois tentan que siga imputado polo accidente o ex-xefe de Seguridade de Renfe
As vítimas reclaman nun recurso de apelación que o ex-xefe de Seguridade de Renfe siga investigado polo accidente do Alvia ao considerar que é tan responsable da falta de avaliación de riscos na curva do accidente como o cargo de Adif que continúa imputado. Piden tamén volver imputar outro responsable do Adif e a declaración como testemuña do xefe de Seguridade ferroviaria da UE
O PSdeG ve "inmoral" o gasto de 500.000 euros en letreiros "de propaganda" en hospitais do Sergas
O socialista Abel Losada censura o gasto doutro medio millón en rótulos coa lenda "hospital público" en plena vaga de protestas de persoal e usuarios do Sergas. A Xunta xustifica a instalación dos rótulos en dez hospitais para "mellorar a visibilidade" destes centros
- Datos
- Acontece
Os grandes atrasos nos trens de media distancia en Galicia triplicáronse nos últimos dous anos
As incidencias nos trens de Media Distancia de Renfe que provocaron atrasos superiores aos 30 minutos pasaron de 61 a 180 en tres anos en Galicia con especial impacto na liña Vigo-Ponferrada, a que máis deteriorou o seu servizo en todo o Estado
O PP de Ourense pide oficializar o Día da Galiza Mártir mentres Casado renega da memoria histórica
Os populares ourensáns levan ao pleno da Deputación unha moción que reclama facer oficial a homenaxe aos "mártires da liberdade na historia do pobo galego" na data en que se lembra o asasinato de Alexandre Bóveda, cuxa "rehabilitación" tamén piden baseándose nunha proposición do BNG aprobada no Parlamento en tempos do bipartito
O PSOE remuda tres das catro cabezas de lista galegas para as xerais e desbota a Blanco nas europeas
Ana Prieto e Marina Ortega, integrantes da Executiva Nacional do PSdeG, foron elixidas pola dirección federal do PSOE para o número 1 das listas electorais de Lugo e Ourense para o Congreso. O lalinense González Casares, novo referente do PSdeG na Eurocámara en substitución de Blanco
A Xunta gasta medio millón máis en letreiros de "hospital público" para dez centros do Sergas
Os máis de 500.000 euros que Sanidade vai gastar nos novos rótulos de "hospital público" súmanse aos 150.000 que xa destinou á mesma finalidade a finais de 2017. Serán instalados en hospitais das áreas de Santiago, Vigo, Ourense e Pontevedra
Villares presenta as listas de En Marea para as xerais como "forza non subordinada aos partidos"
No inicio simbólico da precampaña Villares advirte que En Marea "non ten obediencia de ningún tipo máis que o clamor social por ampliar dereitos". O voceiro de En Marea coida que non se produciu unha "ruptura" do espazo, senón que "uns poucos decidiron abandonar o barco"
Actúa por "calentón" e "non dá para máis": descualificacións á alcaldesa tensan o conflito na Policía de Lugo
O goberno lucense abriu expediente aos seis oficiais participantes na xuntanza coa alcaldesa sobre a reorganización do corpo por insultos que os axentes negaron nunha comparecencia pública na que descualificaron abertamente á rexedora
Un ex-crego enfróntase a catro anos de cárcere por roubos en igrexas de Ribadeo e Trabada
"Con ánimo de ilícito enriquecemento dedicouse a apoderarse de incorporar ao seu patrimonio decenas de obxectos relixiosos e de culto", afirma a Fiscalía no seu escrito de acusación. Entre os obxectos presuntamente subtraídos polo ex-párroco, que xa non é cura, figuraba unha campá do século XVIII, segundo o escrito de acusación
A nulidade das escoitas desmonta o caso no que o alcalde de Cee se enfrontaba a 20 anos de cadea
A Audiencia sinala que, ao non constar no caso 'Orquesta' as resolucións xudiciais das escoitas doutro caso de narcotráfico no que xurdiron as sospeitas deste, non é posible valorar a súa "lexitimidade". Ao anulalas quedan tamén sen efecto os rexistros domiciliarios e a operación fica, a efectos prácticos, en nada
Anova non participará nas xerais: "Non se dan as condicións" para o pacto con Podemos e EU
Aspectos como a designación das persoas para encabezar as listas da Coruña e Pontevedra tornaron en obstáculos insalvables nas negociacións con Podemos e EU, que se prolongaron ata este xoves
O PP sinala Lugo e Ourense entre as provincias con risco de perder escanos pola división da dereita
Baixo o título 'Pablo Casado o el gobierno Frankenstein' o PP distribuíu aos seus cargos un argumentario no que explica o funcionamento da regra d'Hondt e insta a que reclamen á cidadanía ser "responsable" e "aglutinar" neles os votos de dereitas