Villares apela aos pactos de toda a esquerda para tecer unha "alternativa cooperativa" a Feijóo
Villares lembra o recente acordo de En Marea, PSdeG e BNG para investigar os recortes sanitarios e anima a "facelo de novo" porque Galicia está "orfa de goberno"
Leiceaga propón un “impulso socialdemócrata” que aproveite o “compromiso co autogoberno” de Sánchez
O portavoz do PSdeG critica a “inercia e propaganda” do Goberno galego que atribúe a que “o único proxecto político de Núñez Feijóo chámase Núñez Feijóo”
Pontón chama a construír a "outra Galiza posíbel" fronte ao "presidente da postverdade"
A líder do BNG insta a Feijóo a promover unha "axenda galega" no Estado cun "paquete ambicioso de transferencias" no canto de teimar na "política rexionalista de terceira división
Feijóo recorre ao personalismo para confrontar con Pedro Sánchez no principal debate sobre Galicia: “Eu estou aquí”
O presidente abre o debate de política xeral coa promesa de futuras baixadas de impostos e o Xacobeo como principal proxecto do seu Goberno, ao que presenta como antítese da Generalitat catalá
- En Marea | Villares apela aos pactos de toda a esquerda para tecer unha "alternativa cooperativa" a Feijóo
- PSdeG | Leiceaga propón un “impulso socialdemócrata” que aproveite o “compromiso co autogoberno” de Sánchez
- BNG | Pontón chama a construír a "outra Galiza posíbel" fronte ao "presidente da postverdade"
A Deputación de Pontevedra denunciará o alcalde do PP que chamou a Silva "chacha para todo" de Abel Caballero
En Marea e BNG únense ao PSdeG na petición de dimisión do rexedor vilanovés e o PPdeG cre "desafortunadas" as súas verbas, pero non avoga por que deixe o cargo. Durán retruca que "chacha non é un insulto" e insta a Carmela Silva e Abel Caballero a "dimitir eles"
A Xunta pro Devolución de Meirás insta os gobernos galego e central a camiñaren "xuntos" para botar os Franco
A petición da Xunta pro Devolución chega tras encargar o Goberno central un informe xurídico sobre a recuperación e mentres os herdeiros de Franco manteñen a apoloxía da ditadura nas visitas ao Pazo
O alcalde de Baralla: "As capas sociais baixas son as que teñen fillos... Como non os coidan!"
AUDIO Integrantes das forzas da oposición municipal de Baralla, PSdeG e BNG, describen un "ambiente hostil" inzado de "presións" que medran "en canto se achega o ano electoral". O alcalde reduce as críticas a "frases sacadas de contexto" e "mentiras" porque a esquerda "non asume" a maioría absoluta do PP
O tratamento de infartos en Lugo volve exceder o tempo recomendado e a Xunta non aclara se os atenderá 24 horas
Sanidade conclúe que está a obter os "resultados esperados" e evita responder se abrirá ou non o servizo as 24 horas, como piden doentes e profesionais e como dá por feito nun convenio coa empresa sanitaria americana Medtronic
Feijóo obvia o asasinato de Bóveda ao recibir 'A derradeira leición do mestre' e volve reinterpretar a Castelao
CON VÍDEO Villares e Pontón amosan no propio acto a súa indignación pola ausencia de mencións aos asasinatos dos golpistas no discurso do presidente e Leiceaga subliña que o cadro de Castelao é un símbolo "contra o fascismo e a represión"
'A derradeira leición do mestre' trae dende Bos Aires o espello da barbarie franquista en Galicia
CON VÍDEO Xa está instalado para ser exposto no Gaiás o emblemático cadro no que dous meniños choran polo asasinato do seu mestre. A faciana do profesor masacrado non é anónima. É a de Alexandre Bóveda, a quen os golpistas fusilaran e para cuxa homenaxe Castelao pintou o cadro baseado nunha das súas estampas da 'Galicia mártir'
O BNG lanza a precampaña das cidades en Pontevedra para "demostrar que temos un modelo urbano de éxito"
"Hai quen apostou por tirar o patrimonio e construír disparates, o Bloque demostra que conservando o patrimonio somos capaces de mellorar o espazo urbano", di Pontón no primeiro encontro cos sete cabezas de cartel da formación con Lores como anfitrión
A Xunta suxire que é culpa do PSOE que Galicia non teña un laboratorio europeo que non pediu
"A Comisión non recibiu ningunha petición oficial da Xunta nin do Goberno español" para que Galicia acollese o laboratorio de bivalvos que perde o Reino Unido, confirmou a UE o pasado agosto