Feijóo ingresou en 2022 por rendas do traballo un 73,7% máis que cando presidía a Xunta
Os ingresos totais do ex-presidente caeron a respecto do ano anterior, no que vendera a casa que tiña en Moaña, pero no último exercicio aumentou un 60% a súa participación en Inditex, con 133.200 euros, e vén de mercar unha vivenda na Coruña
Reganosa, clave na importación de gas ruso da que Feijóo culpa a Pedro Sánchez
O ex-presidente e actual líder do PP acusa o titular do Goberno de España de "financiar a invasión de Rusia" coa importación de gas ruso que en realidade é responsabilidade de empresas como Naturgy. Reganosa, da que a Xunta é accionista cunha participación ampliada durante a presidencia do agora líder do PP, é a súa segunda vía de entrada no Estado. Dende o inicio da invasión pasaron por Reganosa 865.000 metros cúbicos de gas licuado ruso por un valor aproximado duns 487 millóns
Un ano da guerra de Ucraína: 13 consecuencias que marcan a fin da lexislatura estatal
A economía aguanta, pero reséntese, mentres medran os compromisos coa OTAN e o gasto militar, aguilloando as diferenzas entre PSOE e Unidas Podemos
O PP enterrou a súa mensaxe de "menos impostos" o mesmo día en que Liz Truss rectificou o seu plan fiscal
Sánchez queda "cada vez máis só, tamén internacionalmente, contra as baixadas de impostos", celebrou a dirección do PP de Feijóo cando a agora ex-primeira ministra británica anunciou o seu plan fiscal, mentres situaba o lema 'Menos impostos' presidindo os seus actos. A Xunta ten en marcha a tramitación dos Orzamentos de 2023, que inclúen medidas como duplicar do 25% ao 50% o desconto do imposto de patrimonio, que só atinxe ás algo menos de 8.000 persoas coas rendas máis altas
Feijóo muda o modelo de financiamento autonómico que defendía na Xunta para adaptarse á campaña do PP en Andalucía
O novo líder do PP estatal asume agora como prioritario o criterio da poboación que combatía cando era presidente galego