"O Nunca Máis foi un xigantesco 15M e ata agora non se lle deu esa dimensión de revolución cultural"
ENTREVISTA | A vindeira semana preséntase o proxecto Unha gran Burla Negra, que analiza este impacto deste movemento no seu 16 aniversario. Incluirá exposicións e mesas redondas en Compostela, A Coruña, A Pobra do Caramiñal, Muros, Rianxo e outras localidades. Falamos co seu coordinador, Jorge Linheira
A represión ao profesorado galego: As "derradeiras leccións" dos 100 mestres asasinados
ENTREVISTA | A revista Sarmiento vén de publicar un número monográfico que afonda na represión sufrida polo profesorado tralo golpe de Estado de xullo de 1936, que acabou co asasinato de 100 docentes e a depuración de varios centos. Falamos cun dos seus autores, Xosé Manuel Cid, vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense.
"Queremos que Cinema Crianza impulse a produción audiovisual para público infantil en Galicia"
ENTREVISTA | Este xoves comeza en Ames Cinema Crianza, que ofrecerá ata o domingo 73 curtametraxes infantís seleccionadas entre máis de dúas mil propostas chegadas dende os cinco continentes e facendo énfase no medio ambiente ou a música. Falamos con Cristina Fiaño, coordinadora do festival
O Plan Reitor da Xunta para o Parque Natural de Corrubedo, "unha maneira como outra de destruír un país"
A SGHN sinala varias ilegalidades no PRUX e solicita que se desbote o documento por "subordinar a protección e conservación aos intereses especulativos duns poucos cidadáns" e ao actual PXOM de Ribeira, "non adaptado á normativa urbanística galega nin sometido á avaliación ambiental"
"Non hai política cultural en Galicia: falta vontade, planificación e consenso co sector"
ENTREVISTA | O vindeiro martes 13 a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural organiza unha xornada de debate sobre as políticas culturais no noso país. Falamos con Alberto García, presidente da AGPXC, sobre as necesidades do sector, a precariedade profesional e a necesidade de fomentar as iniciativas de base
"O médico xa non é o único referente do sistema sanitario. Cómpre reforzar a relación do traballo social"
ENTREVISTA | Compostela acolle este venres a III Xornada de Traballo Social e Saúde, baixo o título de "As persoas por diante". Falamos con Luz Campello, traballadora social do CHUAC, sobre a coordinación entre os distintos ámbitos do sistema de saúde e a necesaria continuidade dos coidados nunha sociedade marcada polo envellecemento e a cronicidade das doenzas.
O Goberno central confirma a fin das peaxes en tres autoestradas construídas á vez que a AP-9
O ministro de Fomento, José Luis Ábalos, comprometeuse este xoves a que as autoestradas Burgos-Vitoria/Gasteiz (AP-1), Sevilla-Cádiz (AP-4) e Tarragona-Alacante (AP-7) pasarán a ser gratuítas cando finalizen as súas concesións, entre este ano e o que vén. En cambio a vía entre Ferrol e Tui, inaugurada pouco despois, seguirá sendo de pago ata o ano 2048.
"O traballo da muller no sector do mar é imprescindible, pero sempre estivemos á sombra dos homes"
Tan só 6 das 63 confrarías galegas estarán dirixidas por unha muller nos vindeiros catro anos, fronte ás 13 do período 2014-2018. A Asociación de Mulleres do Mar de Arousa reclama medidas para avanzar na igualdade de oportunidades no sector pesqueiro e marisqueiro. Falamos coa súa presidenta, Susana Silva
"O 8M démonos conta da forza que temos as xornalistas cando actuamos de forma colectiva"
O vindeiro sábado preséntase en Compostela a asociación Xornalistas Galegas, nun acto que abrirán Margarita Ledo e Rosa Cobo. Demandan cambios a nivel laboral e tamén nos contidos publicados nos medios de comunicación, camiñando cara a un xornalismo feminista
"CUAC fixo todo o posible para legalizar a súa situación. Agora a pelota está no campo político"
ENTREVISTA | Falamos con Isabel Lema, coordinadora de Cuac FM, sobre o regreso desta radio comunitaria ás ondas, trala sentenza do TSXG que anulou a resolución da Xunta que lle prohibía emitir en Frecuencia Modulada. "Volvemos onde sempre estivemos: nos transistores, no coche, nos bares...", destaca
"Coa axuda da Xunta en tres anos poderíamos comezar a controlar a expansión da velutina"
A pasada semana a Plataforma Stop Velutina presentou senllas solicitudes ante as consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente para que o Goberno galego achegue recursos para que as universidades investiguen métodos para frear a praga. Falamos con Suso Asorey, voceiro de Asociación Galega de Apicultores
Yayo Herrero: "Temos medio mundo convertido nunha mina e nun vertedoiro ao servizo dunha minoría"
ENTREVISTA | A antropológa ecofeminista Yayo Herrero participou en charlas e debates en Vigo, A Coruña e Touro, onde falou dos perigos do extractivismo e da megaminería e das políticas de sustentabilidade que se poden poñer en marcha dende as institucións locais