2017 foi o ano con menos nacementos da historia en Galicia
A cifra total (18.413), feita pública este martes, sitúase por debaixo do anterior mínimo histórico, rexistrado en 1998. A taxa de natalidade fica por debaixo de sete nacementos por cada mil habitantes, superando apenas os datos de Castela-León e Asturias. A idade media da maternidade achégase aos 33 anos, só por detrás da de Euskadi. 2017 foi o ano coa maior fenda entre nacementos e mortes dende que hai datos.
50 anos despois, Cabanillas ten por fin o seu epitafio en Bonaval
"Quero na lousa que me de sosego esta palabra que ten ás: Poeta e esta palabra que ten luz: Gallego" pódese ler xa na tumba que o acolle dende 1967. Nese momento non se colocou o texto que o autor lle encomendara á súa dona Eudosia no 1915 no poemario Vento mareiro
"Debemos recoñecer a medida valente do novo Goberno co Aquarius. É fundamental que non abandone esa ruta"
Este xoves comezou na Coruña Acampa, que ata o sábado inclúe conferencias, debates, exposicións, concertos e a presenza de representantes de ONGs como Camiñando Fronteiras ou OpenArms. Demándase que España cumpra cos seus compromisos de acollida de persoas refuxiadas e que se recoñeza o dereito de asilo por cambio climático.
Como combater os discursos racistas na rede? Alimentar o troll ou non?
Entidades sociais como Ecos do Sur ou SOS Racismo impulsan o proxecto Ciberespect, con recomendacións para contrarrestar os argumentos xenófobos que en ocasións parecen monopolizar os debates. Apostan por responder rapidamente e xerar narrativas alternativas para chegar aos públicos non posicionados
O número de centros nos que se imparte portugués descendeu neste curso en Galicia
Pódese estudar en 60 institutos, 5 menos que o pasado, cun total de 2.128 alumnos e alumnas (2.149 no ano anterior). Tamén cae o número de estudantes desta lingua nas Escolas de Idiomas. A CIG critica o incumprimento da Lei Paz Andrade por parte da Xunta e lembra que en Estremadura máis de 9.000 rapaces e rapazas estudan portugués.
O conflito dos TAC en Vigo amosa os problemas de non integrar Galaria no sistema sanitario público
A empresa dirixida pola ex-conselleira Rocío Mosquera négase a realizar estas probas a pesar de que os aparellos que manexa son propiedade do SERGAS e o seu persoal é estatutario. A CIG denuncia que os criterios mercantís da compañía levan á realización de máis resonancias das necesarias, incrementando os ingresos de Galaria
A renda municipal e a prestación de rescate social de Santiago chegaron a unhas 700 persoas dende 2016
Dende outubro de 2016 tramitáronse 370 solicitudes, correspondentes a 777 persoas, das que só 10% foron denegadas. A media de idade das solicitantes foi de 45 anos e dúas de cada tres foron mulleres
Unha ducia de pacientes de Oncoloxía do CHUVI quedan sen TAC pola negativa de Galaria a realizar as probas
A empresa pública, dirixida pola ex-conselleira Rocío Mosquera, rexeita realizar probas que non sexan resonancias magnéticas. A CIG esixe a completa integración da compañía na estrutura sanitaria da área viguesa para evitar situacións coma a vivida este martes no Hospital Álvaro Cunqueiro e alerta da extensión do modelo privatizador
ENCE chama "populista" a quen pide a anulación da prórroga e afirma ser quen máis fai pola limpeza da ría
A empresa afirma que a planta "non contamina nin prexudica en absoluto a calidade das augas da ría de Pontevedra". A APDR presentou alegacións contra a revisión da Autorización Ambiental Integrada da factoría, que -denuncia- permite niveis de contaminación nas augas residuais por riba dos límites legais.
Morre Benedicto, a voz que cantou á liberdade
Benedicto García Villar, membro fundador de Voces Ceibes, foi tamén mestre e sindicalista. Faleceu esta noite en Compostela, aos 71 anos de idade. Dende hai anos sufría a enfermidade de Huntington. Nos últimos anos recibiu varias homenaxes, coma a que tivo lugar en 2014 no Teatro Principal
2018: O ano do avance do carril-bici en Galicia?
Este domingo celebrouse o Día Mundial da Bicicleta, instituído este ano pola ONU, que reclama un esforzo para o fomento deste medio de transporte e a construción de infraestruturas axeitadas. A Coruña, Vigo ou Lugo teñen en marcha proxectos para incrementar notablemente as súas vías ciclistas este ano e o que vén, o mesmo que a Deputación coruñesa.
Os salarios xa só representan o 42,7% do PIB galego, fronte ao 48% de 2009
As rendas empresarias constitúen o 47,3% do PIB, catro puntos máis que hai 8 anos. UGT-Galicia destaca que "a crise trouxo consigo un claro trasvase das rendas do traballo cara aos beneficios empresariais que a recuperación económica non está a corrixir, todo o contrario"