"As traballadoras de Extel viron que a única maneira de conseguir cambios era mobilizándose"
O persoal desta empresa de telemarketing, que emprega a 700 persoas na Coruña, está convocado este venres a unha xornada de folga. Demandan mellores condicións laborais, estabilidade contractual e melloras nun salarios que están por debaixo dos 1.000 euros. Falamos con Adrián García
- Entrevista Pola sanidade pública
- Movementos sociais Vigo
"Á falta de recursos da Atención Primaria en Galicia, en Vigo únense os problemas xerados por Povisa e o Álvaro Cunqueiro"
Falamos con Manuel Moreira (CIG), Ángel Cameselle (CC.OO.) e Manuel Martín (AGDSP) sobre a situación da Atención Primaria na área sanitaria de Vigo e pedímoslles unha proposta de solución para os actuais problemas asistenciais
Milleiros de persoas enchen o centro de Vigo en demanda dunha atención sanitaria "digna"
A marcha, baixo o lema de "Pola dignidade da Atención Primaria" foi convocada polos 25 xefes de servizo que dimitiron hai unhas semanas. Case 40.000 persoas reclamaron solucións para as eivas asistencias que presenta a área sanitaria viguesa
O MAC apaga esta semana as súas luces e apela á "boa vontade" de Naturgy para manter a súa actividade
O Museo de Arte Contemporánea da Coruña, propiedade da empresa de luz e gas, pecha esta fin de semana a súa derradeira exposición. Hai consenso político para darlle continuidade en forma de fundación, pero necesítase do visto bo da compañía para usar as actuais instalacións. Falamos con Enrique Lista, membro da directiva de A Colectiva.
- Entrevista
- Acontece
"Normalizáronse as relacións sexuais comerciais no marco dunha ideoloxía neoliberal moi patriarcalizada"
Silvia Pérez Freire, profesora da Universidade de Vigo e voceira da Rede Galega contra a Trata Sexual, foi recoñecida esta semana co premio á mellor tese de doutoramento sobre violencia de xénero en todo o Estado, nun traballo no que destaca que "a trata sexual é o chibo expiatorio social para non afrontar o fenómeno da prostitución". Falamos con ela
A gripe entra nas súas semanas de maior intensidade en Galicia
Nos dous últimos anos o pico da enfermidade concentrouse nas dúas últimas semanas de decembro e no mes de xaneiro. Este outono as temperaturas cálidas atrasaron de momento a intensificación da actividade gripal. O último inverno producíronse 223 falecementos relacionados coa gripe en Galicia
- Entrevista
- Acontece
"Nun parto pode haber complicacións en calquera momento. Por iso debe facerse nun hospital"
Falamos con Casimiro Obispo, presidente da Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía (SGOX), sobre a posibilidade e riscos de dar a luz na casa, sobre a atención á endometriose ou ás patoloxías do solo pélvico e sobre a conveniencia de procedementos como a episiotomía nos partos.
- Reportaxe
- Cultura
Así naceu o himno galego. 111 anos de popularización, exilio e máis ou menos estrofas
O 20 de decembro de 1907 o Himno Galego era interpretado por primeira vez en público no actual Gran Teatro da Habana. A composición de Eduardo Pondal e Pascual Veiga nacera en 1890 nun Certame Musical organizado pola cidade da Coruña. As Irmandades da Fala consolidaron o seu uso, pero tivo que competir con outros himnos posibles.
Os orzamentos das tres universidades galegas seguen sen recuperar o nivel anterior á crise
As contas para o 2019 da Universidade de Vigo sitúanse lixeiramente por riba das de hai unha década, pero as de Santiago e A Coruña están aínda por debaixo. Durante a crise o persoal docente e investigador das tres institucións reduciuse en 400 traballadores.
Que debes responder cando o teu cuñado solte un bulo racista na cea de nadal?
A iniciativa CiberRespect, na que participa Ecos do Sur, lanza unha guía para contraargumentar con datos as mensaxes falsas contra a inmigración que poidan xurdir nunha conversa ou xuntanza familiar, de amigos ou compañeiros de traballo
- Entrevista
- Economía
"España di que canta máis información dan ao cliente sobre as hipotecas, máis o confunden. Tómannos por parvos"
Ao redor de 30.000 familias galegas con hipoteca están afectadas polo índice IRPH, que encarece uns 300 euros o que deben pagar cada mes. A comezos de 2019 o Tribunal de Xustiza da UE pronunciarase sobre se os bancos estaban obrigados a informar disto. A Comisión Europea alertou xa da falta de transparencia. Falamos co avogado José María Erauskin.
- Entrevista
- Movementos sociais
"Esixímoslle á Xunta a restauración da canteira do Monte Neme, a drenaxe e o selado das balsas tóxicas"
A asociación Petón do Lobo vén de editar o libro O Monte Neme: da orixe sacra á minería irresponsable. Historia dunha ferida. Falamos coa súa coordinadora, Ana Varela