- Datos Que turismo?
- Acontece
Os pisos turísticos aumentan un 62% en Galicia en menos dun ano, concentrados nas zonas costeiras e Compostela
A cifra oficial é xa de 7.494 vivendas de uso turístico rexistradas legalmente, encabezadas por Sanxenxo, Compostela, A Coruña, Barreiros, O Grove e Foz. O número real é seguramente moi superior.
- Entrevista | Pilar Ponte
- Cultura
"Trátase de sacar o galego das aulas, de levalo aos patios e á vida cotiá"
Este luns botou a andar unha nova edición da iniciativa '21 días co galego', que nesta ocasión se estende dende A Pobra do Caramiñal a institutos de Monforte, Tomiño, Compostela e Ourense, da man de Política Lingüística. Falamos coa súa creadora e coordinadora, Pilar Ponte
- Entrevista | Francisco López (Craega)
- Economía
"Non é necesario marchar de camareiro a Londres, hai moito futuro na produción ecolóxica"
O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia é o gañador do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, que destacou o seu labor na "implantación de mocidade no mundo rural". O sector aumentou un 42% a súa facturación o pasado ano. Falamos co seu presidente, Francisco López Valladares
- Entrevista | Damián Copena
- Economía
"Pode desenvolverse a mesma potencia eólica pero con maiores impactos positivos nas zonas rurais"
Vén de nacer o Observatorio Eólico de Galicia, que realizará análises de do sector e ofrecerá asesoramento gratuíto aos propietarios e ás comunidades locais para favorecer o incremento das rendas derivadas desta eólica. Falamos con Damián Copena
Francesc Boix, o rapaz que fotografou os horrores de Mauthausen
O Vello Cárcere de Lugo acolle durante todo o mes de xaneiro a exposición Boix, Fotógrafo de Mauthausen. Na súa inauguración participaron familiares de tres dos galegos que estiveron recluídos neste campo de concentración nazi. Falamos con Carmen García-Rodeja
Ana Miranda reclama á Comisión Europea que controle a expansión das casas de apostas en Galicia
A eurodeputada do BNG demanda medidas para evitar o acceso de menores de idade e unha regulación máis estrita para a publicidade. Alerta de que “xa non hai barrio galego sen casas de apostas, moitas zonas afectadas pola crise económica"
Fala o persoal sanitario de Vigo: "É inviable ver 58 pacientes ao día. A calidade asistencial é mínima”
300 profesionais de Atención Primaria responderon a unha enquisa da Asociación Galega de Medicina Familiar e achegan o seu diagnóstico e solucións para a situación de sobrecarga do sistema sanitario
Presos e presas políticas da ditadura piden que Fraga deixe de ser fillo adoptivo da Coruña
Os promotores pedirán o apoio do Goberno local, de PSdeG-PSOE e de BNG para retirarlle a distinción, que lle foi concedida en 1968.
Un fallo nas cámaras de recoñecemento de matrícula provocou cobros excesivos na peaxe da AP-53
Na peaxe de Silleda só existen cabinas automáticas, que cobraban 3,60 polo traxecto dende Lalín, 1,15 euros máis do debido. Técnicos de Fomento dirixíronse esta mañá ao lugar para confirmar a avaría. A concesionaria da autoestrada asegura que o erro está en proceso de solución e que devolverá o pagado de máis a quen o reclame.
- Entrevista | Xan Lamas Xogos de azar
- Acontece
"As apostas normalizáronse como unha forma de ocio máis dos nosos rapaces"
A proliferación de salas e de máquinas de apostas nas nosas cidades e vilas está a converterse nun problema, sobre todo se temos en conta que cada vez máis mozos de menos de 25 anos están a presentar problemas de adicción ao xogo. Falamos con Xan Lamas, director terapéutico da Asociación Galega de Xogadores de Azar
Oito alcaldes galegos ocupan a alcaldía dende hai 40 anos
Senén Pousa, rexedor de Beade dende 1974 e autodenominado como "franquista", vén de anunciar que buscará ser reelixido nas eleccións municipais de maio. O alcalde de Taboadela leva no posto dende 1972 e outros seis políticos manteñen o seu cargo dende os primeiros comicios de 1979. Outros nove, dende 1983.
O número de mulleres que fixo o Camiño de Santiago superou por primeira vez ao de homes
En 2018 o 50,35% dos peregrinos foron mulleres, unha porcentaxe que no 2011 era do 42%. O pasado ano, que se bateu un novo récord histórico de camiñantes a Compostela, houbo tamén máis peregrinos estranxeiros que procedentes do Estado Español