- Entrevista Incendios
- Movementos sociais
"En vez de queixarnos polos incendios, ábrense vías para que a xente tente transformar o monte"
As Brigadas Deseucaliptizadoras completaron o seu primeiro ano de actividade, fomentando a acción directa de 350 voluntarios e voluntarias, que traballaron en espazos arrasados polo lume de oito concellos. Falamos con Joám Evans, un dos impulsores da iniciativa.
Máis de 200 lugares de Galicia teñen risco de asolagamento
Augas de Galicia está a revisar as Áreas con risco potencial significativo de Inundación, que suman máis 1.240 quilómetros en ao redor dun cento de concellos. A recente morte dunha muller en Viveiro reabriu o debate sobre os perigos das construcións realizadas en zonas inundables. Busca aquí as zonas sinaladas no teu concello.
Galicia rexistrou 363 casos de agresión, abuso e acoso sexual o pasado ano
O Ministerio do Interior vén de presentar un informe que analiza os delitos contra a liberdade sexual cometidos en 2017. Dende o ano 2013 o número total de delitos sexuais creceu un 60%, pasando de 285 a 459. O 84% das vítimas son mulleres e o 96% dos agresores son varóns.
A primeira folga de mulleres en Galicia, un día coma hoxe de 1857
O 7 de decembro de 1857 catro mil traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña iniciaron a súa protesta destruíndo as novas máquinas para picar tabaco e botando ao mar parte da produción. En 1831 e 1854 estas mulleres xa levaran a cabo mobilizacións polos seus baixos salarios
O gasto por habitante en luces de Nadal en Vigo duplica o das restantes cidades galegas
Os 825.000 euros destinados polas cidade olívica significan case tres euros por habitante, fronte aos 1,6 euros de Narón e Vilagarcía e aos 1,4 euros de Lugo, Pontevedra e A Coruña.
- Reportaxe
- Movementos sociais
40 anos do 78: Adaptación e renuncias da dereita e da esquerda no proceso de Transición
No 40 aniversario do referendo que aprobou a Constitución, falamos do proceso de reforma política cos profesores Emilio Grandío (USC) e Julio Prada (Uvigo), que a pasada semana interviron no encontro Arredor do 78: xornadas de reflexión e debate sobre a Transición, organizado polo grupo Hispona
O Parlamento reclámalle ao Goberno central máis control das condicións laborais das camareiras de piso
A cámara aproba por unanimidade unha moción de En Marea que busca incrementar o coñecemento da situación laboral destas traballadoras, fomentar o diálogo social para mellorar a calidade do emprego. Pide tamén un incremento da actividade dos Inspectores/as de Traballo e avanzar cara ao recoñecemento da xubilación anticipada.
"Hai moitos beneficios en ter unha hora distinta no inverno e outra no verán"
REPORTAXE | O Consello da Cultura acolleu o debate É racional o cambio estacional de hora? Falamos con José María Martín Olalla, profesor da Facultade de Física da Universidade de Sevilla, e con Rui Jorge Agostinho, director do Observatório Astronómico de Lisboa e autor do informe que recomendou ao goberno portugués posicionarse en contra da eliminación do cambio.
"Esíxese a perfección ás traballadoras do fogar, pero esa perfección non se aplica á hora de pagar"
REPORTAXE | Compostela acolleu esta fin de semana as xornadas Traballo digno, no fogar e nos coidados, que visibilizaron a situación de precariedade que sofren os milleiros de empregadas domésticas (70.000 en Galicia), que reclaman ter os mesmos dereitos que o resto dos traballadores. Falamos con Teresa Rodríguez (Asociación Xiara) e Rocío Echevarría (Sindihogar/Sindillar)
"Son poucas as novas de Cultura nas portadas dos medios, case sempre ligadas á morte de persoeiros"
ENTREVISTA | O investigador Jorge González defendeu na USC a súa tese de doutoramento, na que analiza os suplementos culturais de La Voz de Galicia e Faro de Vigo nos anos 80 e 90. Destaca que co paso dos anos foron abandonando o espazo dedicado ao debate, para primar as visións máis comerciais e de consumo.
"No núcleo de Nunca Máis está a crise do Estado. A cidadanía xorde para dar resposta á catástrofe"
ENTREVISTA | Este sábado celébrase o 16 aniversario da primeira manifestación de Nunca Máis. O proxecto Unha Gran Burla Negra, que analiza este proceso, púxose en marcha a pasada semana cunha conferencia de Germán Labrador, profesor titular na Universidade de Princeton, con quen falamos
Greenpeace escala a central de Meirama para esixir o peche das centrais térmicas de carbón
A acción serve de anticipo ao Día de acción Global contra o carbón, que este sábado buscará chamar a atención sobre a necesidade de abandonar este combustible fósil, responsable dunha parte importante das emisións de CO2 e do cambio climático. A plataforma Galiza, Un Futuro Sen Carbón convoca unha concentración nas Pontes.