- Entrevista
- Economía
"España di que canta máis información dan ao cliente sobre as hipotecas, máis o confunden. Tómannos por parvos"
Ao redor de 30.000 familias galegas con hipoteca están afectadas polo índice IRPH, que encarece uns 300 euros o que deben pagar cada mes. A comezos de 2019 o Tribunal de Xustiza da UE pronunciarase sobre se os bancos estaban obrigados a informar disto. A Comisión Europea alertou xa da falta de transparencia. Falamos co avogado José María Erauskin.
- Entrevista
- Movementos sociais
"Esixímoslle á Xunta a restauración da canteira do Monte Neme, a drenaxe e o selado das balsas tóxicas"
A asociación Petón do Lobo vén de editar o libro O Monte Neme: da orixe sacra á minería irresponsable. Historia dunha ferida. Falamos coa súa coordinadora, Ana Varela
- Entrevista
- Ciencia e tecnoloxía A Coruña
"Cando un contido se volve viral é porque reforza a identidade colectiva de quen o comparte"
El Hematrocrítico e Felipe G. Gil (ZEMOS98) conversan este martes na Coruña (Domus, 19 horas) sobre as novas narrativas dixitais, o humor en Internet e o uso que facemos das redes sociais. Falamos con eles
Dos puntos Parker ás recomendacións dos medios internacionais: O viño galego ponse de moda
Nos últimos meses Financial Times, Bloomberg, The New York Times ou The Wall Street Journal destacaron varios viños galegos, que tamén se fixeron un oco nas recomendacións de The Wine Advocate. O pasado ano as Denominacións de Orixe do país venderon un 7,2% máis e o 18% foi para o estranxeiro
- Mapas interactivos Pola sanidade pública
- Movementos sociais
78 concellos galegos perderon o seu único pediatra dende o 2004
Nos últimos 13 anos o número total de pediatras en Atención Primaria pasou de 405 a 327. Catro comarcas carecen por completo destes especialistas e outras 10 contan cun só profesional. Ademais, o 25% dos pediatras galegos teñen máis de 60 anos e o 40% superan os 55.
Alcaldes e empresarios únense á petición de que a A-76 non atravese a Ribeira Sacra
Demándanlle a Fomento que a autovía remate en Monforte e se conecte a Ourense a través de Chantada para evitar o fortísimo impacto que provocaría neste espazo natural e que podería facer perigar a súa declaración como Patrimonio da Humanidade
- Entrevista Sanidade pública
- Movementos sociais A Coruña
"No Cuarto de Contención do Hospital da Coruña estanse vulnerando gravemente os dereitos humanos"
O MGSM leva dous anos denunciando a utilización da contención mecánica no CHUAC, unha práctica moi violenta na que algúns pacientes da Unidade de Psiquiatría son atados con correas a unha cama, en ocasións "por períodos de tempo prolongados". Falamos co seu voceiro, Miguel Anxo García Álvarez.
A Xunta deberá indemnizar a familia dun motorista falecido polos erros cometidos polo servizo de emerxencia
O TSXG confirma unha sentenza previa e obriga o Goberno galego a pagar 74.000 euros por un "deficiente funcionamento" do operativo de búsqueda do accidentado, que foi localizado tres horas despois do sinistro grazas á acción individual dun condutor do 061
Máis do 40% dos médicos galegos xubilaranse nos vindeiros dez anos
O 43,4% dos profesionais superan os 55 anos e as asociacións do sector reiteran que o problema da sanidade galega é de financiamento e que cómpre ofrecer mellores condicións laborais e salariais. Ao redor de 2.350 médicos de familia teñen máis de 60 anos.
As mulleres reclaman a igualdade real no mundo da música
O luns comezan na Coruña as xornadas Feminismo e Industria Musical, que buscarán promover "estratexias de traballo" para reverter a actual situación de desigualdade de xénero no sector. Falamos con Carmen Zapata e Marcela San Martín, presidenta e vicepresidenta da asociación Mulleres da Industria da Música (MIM)
Bea Gondar volve esixir unha indemnización por ver o seu nome relacionado co narcotráfico
'Matria', Luís Zahera, Javier Gutiérrez e os músicos Xavi Font e Manuel Riveiro, opcións galegas nos Goya
Matria, a curtametraxe de Álvaro Gago, pode sumar o galardón máis importante do cine español a un ano de éxitos. Gutiérrez opta ao seu terceiro Goya polo papel protagonista deCampeones e Zahera é un dos nomeados como mellor actor de reparto por El Reino