Poligal, de símbolo dos plans de reindustrialización de Ferrolterra a unha posible liquidación
Os sindicatos denuncian que a empresa, que recibiu importantes axudas públicas, quere completar o proceso de deslocalización iniciado hai anos e no que investiu 55 millóns de euros nas súas plantas de Portugal e Polonia. 120 traballadores ven os seus empregos en risco
Unha app de cabras que limpan o monte como solución contra os incendios forestais
O espazo de coworking rural Sende, na Serra do Xurés, lanza unha campaña para para alertar sobre o despoboamento do rural, a desaparición das funcións tradicionais do monte e o efecto que isto ten sobre a extensión do lume.
Galicia rexistrou a maior conflitividade laboral do Estado en 2018
A suma de todas as folgas convocadas multiplicou por oito as cifras do 2017 e fixo que Galicia duplicase os indicadores de Cataluña, Madrid ou Euskadi. A longa folga no sector da xustiza explica parte deste incremento. Ademais, o persoal afectado por ERE duplicouse con relación ao ano anterior
Homenaxe a Xabier P. Docampo, na voz das súas amizades
O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá o 29 de maio un acto no que participarán compañeiros e compañeiras de xeración literaria e do movemento de renovación pedagóxica. "Botamos de menos o amigo e o compañeiro que traballaba en proxectos colectivos para este país", di Cesáreo Sánchez
- Entrevista | Koldobi Velasco
- Movementos sociais A Coruña
"A renda básica é un gran de area no ollo de Goliat: unha estratexia moi pequena que abre unha fenda no sistema"
A profesora e activista Koldobi Velasco participa nas xornadas Renda Básica: o novo dereito social necesario, que comezan este xoves na Coruña. Aposta por repensar as políticas de benestar, introducindo a renda básica xunto con outros elementos para redistribuír a riqueza e o poder.
Un estudo con pacientes de hospitais galegos relaciona o cancro de pulmón coa exposición ao gas radon
O traballo, liderado polo profesor da USC Alberto Ruano, analizou máis de 500 casos, atopando unha relación directa entre a doenza e a exposición prolongada aos niveis de radon habituais na maior parte de Galicia. É o factor de risco máis importante para persoas non fumadoras.
O 'Aita Mari' chega a Galicia: "Non hai un 'efecto chamada', hai un 'efecto saída', de xente que foxe da morte"
Dende o mes de xaneiro o Goberno central impide que o buque viaxe ao Mediterráneo para rescatar as persoas que naufragan tentando chegar ás costas europeas. O barco pasará uns días na Coruña denunciando "a pasividade da UE" ante as mortes de refuxiados no mar, unha media de 6 ao día.
- Entrevista | Antía Sobrino
- Movementos sociais
"As traballadoras sociais somos o profesional de entrada ao sistema de atención a vítimas de violencia de xénero"
O COTSG celebra unha xornada técnica centrada no traballo social dirixido ás mulleres, sobre todo aquelas que sofren ou sufriron situacións de violencia de xénero. Falamos coa vicepresidenta do Colexio
Unha recreación en 3D revive as desaparecidas telleiras de Pantón
No Concello de Pantón chegaron a funcionar, ao igual que en toda a comarca de Lemos, varias fábricas de tellas. O colectivo Segredos de Pantón realizou un modelo en 3D que recrea a súa estrutura
- Entrevista | David Casassas
- Economía
"A Renda Básica dános liberdade para escoller empregos que de verdade lle dean sentido ás nosas vidas"
David Casassas, profesor de Teoría Social e Política na Universidade de Barcelona, será un dos participantes nas xornadas Renda Básica: o novo dereito social necesario, que terán lugar entre o 21 e o 23 de marzo na Coruña
"O final deste proceso ten que ser un acto no que a Armada pida perdón aos habitantes de Ferrolterra"
Hai dúas semanas un grupo de militares, encabezados por Arturo Maira, solicitou que o Arsenal retire das súas rúas interiores as denominacións que exaltan a ditadura franquista e para que sexan homenaxeadas as persoas que defenderon alí a democracia en 1936
A Galicia máis nova uniuse ás mobilizacións contra o cambio climático
Concentracións en Vigo, Ourense, A Coruña ou O Porriño esixiron medidas decididas para frear o quencemento global. Nas actividades participaron sobre todo mozos e mozas, ao igual que nas manifestacións que tiveron lugar no resto do planeta