- Datos Eleccións xerais 28A
- Política
Así votaron no 2016 as cidades galegas, barrio por barrio
Os populares impúxeronse nas sete urbes, pero en Vigo En Marea e PP repartíronse as vitorias nos nove distritos. Na Coruña, a confluencia de esquerdas impúxose en dous e en Ferrol en un. No resto das cidades, gañaron os conservadores.
- Datos Eleccións xerais 28A
- Política
O PP gañou en 2016 en 300 concellos, cun maior dominio canto máis envellecido é o lugar
Se cruzamos a porcentaxe de voto obtida polo PP coa idade media de cada localidade, advírtese unha relación directamente proporcional moi clara: a máis idade media, máis votos para os populares. En Marea rexistrou a relación inversa, obtendo os seus mellores resultados nos concellos máis novos
As dúas pontevedras fronte a fronte no inicio do 28A
Separados por 500 metros, o PP e o BNG celebraron os seus actos principais deste venres en Pontevedra. Rajoy reapareceu para apoiar a Pablo Casado, regresando á cidade na que creceu, a mesma que o declarou persoa non grata
A AP9 gaña usuarios por quinto ano consecutivo malia as repetidas subas nas peaxes
Dende o 2013 o número de vehículos que pagan por circular na autoestrada aumentou un 16%. En 12 meses o prezo das peaxes incrementouse en tres ocasións: un 1,91% en xaneiro, un 2% en outubro e un 3,51% de novo en xaneiro
“O fútbol parece devoralo todo. Pero non coñezo un deporte tan vinculado á música como o baloncesto”
Oscar Quant publica Bailando sobre el parqué, un libro que debulla a relación entre o baloncesto e os distintos xéneros e escenas musicais a través das anécdotas e historias persoais de figuras como Michael Jordan, Kareen Abdul Jabbar, Dirk Nowitzki, Pearl Jam, Mick Jagger, Ray Charles ou Prince.
A Unesco declara o Courel o primeiro xeoparque de Galicia
O espazo abrangue case 600 quilómetros cadrados entre os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil. Tratáse do primeiro lugar do noroeste da Península Ibérica que acada este recoñecemento internacional.
Na procura dos restos das 'Mártires de Xinzo de Limia' asasinadas en 1937
A ARMH levará a cabo nos vindeiros meses os traballos para tentar recuperar os corpos de María del Valle e Salud Torres, fusiladas na Lomba de Lamas e posteriormente trasladadas nun carro de bois ata unha foxa común
- Entrevista | Ascensión Cambrón
- Acontece
"Cada un pode crer o que queira sobre a eutanasia, pero non teñen dereito a impoñelo ao conxunto da cidadanía"
O caso de Ángel e María Jose devolveu o debate sobre a eutanasia ao primeiro plano da actualidade, despois de que a lei que a pretendía regular non puidese ser debatida no Congreso nesta lexislatura. Ascensión Cambrón é presidenta de Dereito a Morrer Dignamente - Galicia
- Datos
- Ciencia e tecnoloxía
O INE pon datos á fenda de xénero no coidado dos fillos: as nais asumen maioritariamente todas as tarefas
A Enquisa sobre Fecundidade afonda ademais nas razóns que explican a caída da natalidade. O 48% das mulleres galegas que teñen menos fillos dos que desexarían aducen razóns económicas ou de conciliación laboral. Reclaman aumentos nos permisos, flexibilidade de horarios, incentivos económicos e máis escolas infantís
Reivindican a "invisibilizada" táboa periódica que deixou de publicarse polo veto ao galego nas ciencias
Pilar Rodríguez Seoane, profesora xa xubilada da Universidade de Vigo, foi a responsable desta primeira táboa periódica en galego, en 1999. O mes pasado Xunta, RAG e outras institucións lanzaron unha nova tradución, que non poderá empregarse nas aulas de secundaria
Galicia é a segunda comunidade que menos marca o recadro da Igrexa na declaración da renda
O pasado ano fixérono só o 25,98% dos de das contribuíntes galegas, dous puntos menos que no 2012. Galicia só é superada por Cataluña e por Guipúscoa. En cambio, o 55% opta por destinar o 0,7% dos seus impostos a fins sociais a través de ONGs.
Só catro países da UE superan a fenda de xénero que sofren as mulleres galegas
A Comisión Europea vén de presentar un informe que compara a través de varios parámetros a desigualdade de xénero en todos os territorios da UE. Galicia sitúase moi por riba da media, destacando especialmente a escasa disposición de tempo propio despois do traballo remunerado e dos coidados no fogar