- Interactivo Precampaña local
- Política
Listas municipais: das 15 candidaturas de Ourense á única opción de Vilarmaior
En 39 concellos só haberá dúas listas e noutros 120 haberá tres candidaturas e en Vilarmaior, unha soa. Ourense (15) e Lugo (12) son os municipios con máis listas
A máis precariedade, máis sinistralidade: o persoal temporal sofre máis accidentes laborais
No 2018 houbo 56 mortes en accidente laboral en Galicia, 11 máis que o ano anterior, o que mantén o noso país como a comunidade con maior mortalidade do Estado. O persoal con contratos temporais suma o 42% dos sinistros, a pesar de representar o 27% da poboación asalariada
- Entrevista | Saskia Sassen
- Movementos sociais
"Nas cidades as franquías teñen dinámicas extractivas, o mesmo que as empresas mineiras"
A socióloga Saskia Sassen foi a encargada de abrir este luns a Semana de Filosofía de Pontevedra, que este ano está centrada nas Fronteiras. Na súa conferencia alertou dos mecanismos especulatuvos dos poderes financeiros e dos procesos de expulsión provocados polas compras masivas de terras e vivendas
- Datos
- Economía
O prezo dos alugueiros segue medrando, cunha suba do 16% nas cidades dende o 2015
Vigo e A Coruña son as cidades máis caras para vivir, seguidas de Pontevedra. Nas vilas entre 20.000 e 50.000 os prezos están a subir a un ritmo semellante ao das urbes, segundo as estatísticas oficiais do Observatorio da Vivenda da Xunta.
Unha nova biblioteca para Vigo, a apertura da de Ourense e melloras no rural, demandas para os partidos
Bamad-Galicia vén de facer público un documento que analiza as necesidades e demandas dos arquivos e bibliotecas galegas. Esixe máis recursos e persoal para garantir a prestación do servizo á cidadanía en todas as cidades do país e tamén nos concellos pequenos.
Os programas en sanidade: reversión dos recortes vs. fórmulas público-privadas
As catro forzas de esquerda comparten os obxectivos do dereito universal ao servizo público, supresión do copagamento farmacéutico, atención bucodental gratuíta ou dereito á eutanasia. O PP teima na uniformización da política sanitaria en toda España.
As propostas contra o devalo demográfico: entre a conciliación e a "cultura da vida"
O 48% das galegas que teñen menos fillos e fillas das que desexarían culpan disto a cuestións económicas ou de conciliación laboral
A veciñanza de Navia incrementa a mobilización contra a casa de apostas aberta neste barrio vigués
O 30 de abril está convocada unha nova concentración ante o salón de xogo, un acto que contará co apoio dunha quincena de entidades de toda a cidade e que reclamará máis controis para a instalación destes locais. "Non a carón dos parques infantís" ou "O xogo: A droga do século XXI" son algunhas das mensaxes da protesta
O plan da Xunta contra o cambio climático prima a expansión do eucalipto sobre o peche das térmicas
ADEGA presentou alegacións contra o Plano Operativo que debe aplicar ata o ano 2023 a Estratexia Galega de Cambio Climático e na que non hai medidas para limitar a actividade das centrais térmicas de carbón, pero si se incide na forestación de novos espazos para mellorar a capacidade de absorción do carbono
Un estudo alerta do perigo da pesca de arrastre para a supervivencia dos golfiños en Galicia
Tres investigadores e investigadoras do BDRI, con sede no Grove, advirten de que nos últimos 20 anos o número de animais desta especie que apareceron encallados aumentou un 18%. A pesca accidental provocou a metade das mortes de arroaces o pasado ano, lembra tamén CEMMA.
A FEMP recomenda que todas as cidades limiten a velocidade a 30 km/h
Nun informe publicado a pasada semana, aposta tamén por limitar a velocidade a 20 km/h no interior dos barrios e só incrementalo a 40 km/h nas vías que comunican distritos, normalmente de dous carrís por sentido. Reclama aos concellos medidas para "unha pacificación real do tráfico"
- Entrevista | Luis Rico
- Movementos sociais
"Moitas veces as mobilizacións crecen de súpeto: pasou co 15M, co feminismo e agora co ecoloxismo"
Luis Rico, coordinador de Ecologistas en Acción, estivo o pasado sábado na Coruña para asistir á creación do primeiro grupo local en Galicia da organización ambientalista. Sitúa a alimentación e a mobilidade como os dous grandes campos de batalla e destava que os cambios deben ser colectivos