O PP soña con recuperar o goberno das vilas nun escenario de fragmentación
No 2015 os populares perderon localidades como Ames, Vilagarcía, Cangas, Cambre, Ponteareas, O Porriño, Moaña, Nigrán ou Sada. Con máis competencia no campo da dereita, o PP busca reaxir na Galicia vilega ante unha esquerda igualmente fragmentada que tentará consolidar e afianzar as súas prazas
Seis alcaldes que levan 40 anos ou máis no cargo buscan recuncar o 26M
O máis lonxevo é Senén Pousa (PP), alcalde de Beade coñecido polas súas declaracións en favor do franquismo, que accedeu ao cargo en 1974. Os outros cinco chegaron á Alcaldía en 1979, nas primeiras eleccións municipais democráticas.
- Datos Eleccións xerais 28A
- Política
Así mudou o mapa electoral en Galicia: esborralle do PP, con fugas cara a Vox, C's e PSOE
Os populares caen en todo o país, sobre todo nas cidades e vilas e nos concellos menos envellecidos, os lugares onde máis medra o PSdeG. En Común segue a ter os seus mellores resultados nas localidades máis novas, pero é nelas onde sofre máis perdas. O BNG crece nas vilas medias.
Unha vintena de localidades perden concelleiros por mor da caída poboacional
11 dos 19 concellos que o 26-M elixirán menos edís están en Ourense, onde tamén se sitúa o único que gaña representantes, San Cibrao das Viñas. Ribadeo, Xinzo de Limia, A Illa de Arousa, Meis e Muxía, entre os lugares que baixan. O partido xudicial de Corcubión perde un deputado provincial en favor de Santiago.
- Datos Eleccións xerais 28A
- Política
Así votaron as cidades galegas barrio a barrio
O PSdeG-PSOE impúxose na maior parte das rúas das sete cidades galegas. O PP tan só conseguíu ser a forza máis votada nalgúns lugares céntricos (coma o Ensanche coruñés ou o interior da muralla en Lugo) e En Común retivo algúns triunfos en Vigo. Ciudadanos creceu en barrios nos que era forte o PP
Só 1 de cada 4 listas municipais está encabezada por unha muller
Nas eleccións do 2015 foran o 21,8% e agora son o 25,4%, un ascenso moi cativo que só é algo maior na provincia de Pontevedra. En 114 concellos todos os candidatos á Alcaldía son homes, aínda que 5 localidades son a excepción, con pleno de candidatas femininas.
- Datos Eleccións xerais 28A
- Política
O PSdeG impúxose en 117 concellos o 28A, rachando a hexemonía do PP
O PP domina en dous terzos do país, pero é superado nas zonas urbanas e comarcas máis poboadas, onde fica por debaixo do 20% en moitas localidades. Os socialistas gañan nas cidades e en comarcas como O Baixo Miño, a Mariña lucense ou a Costa da Morte
Betanzos volveu ser o Ohio galego
Unha vez máis os resultados electorais nesta vila foron case idénticos ás cifras globais do conxunto de Galicia, con apenas unhas décimas de diferenza nos números de cada forza política. Betanzos confírmase como unha magic town
- Entrevista | Ángeles Ramírez
- Movementos sociais Pontevedra
“A hipersecuritizacion das fronteiras dos últimos anos aumentou a violencia contra as mulleres migrantes”
A profesora Ángeles Ramírez analizou a "Precariedade e a feminización das migracións internacionais" na súa intervención na Semana Galega de Filosofía, que rematou este venres en Pontevedra.
A esquerda sumaría maioría absoluta no Parlamento galego
Facendo unha simulación e trasladando os datos a unhas hipotéticas eleccións autonómicas, o PSdeG, En Común e BNG obterían 40 escanos e o PP perdería o Goberno da Xunta. Elixindo os 23 escanos galegos nas xerais cunha circunscrición única En Común, Ciudadanos, BNG e VOX gañarían un representante.
- Entrevista | Boaventura de Sousa
- Movementos sociais
"Europa cre que o Sur é un problema e que ela ten solución para todo. Pero ten moito que aprender do Sur"
Boaventura de Sousa Santos foi un dos protagonistas da XXXVI Semana de Filosofía de Pontevedra, que rematou este venres. Falou das Epistemoloxías do Sur, reclamando que Europa transforme a súa ollada con respecto ao resto do planeta
Cal é o prezo xusto dun cartón de leite?
Compostela acolleu a presentación en Galicia do proxecto Quen é o xefe?! A marca d@ consumidor/a, unha iniciativa nacida en Francia na que os consumidores/as elixen como queren que sexan os alimentos que mercan e remuneran cun prezo xusto aos produtores/as