"O final deste proceso ten que ser un acto no que a Armada pida perdón aos habitantes de Ferrolterra"
Hai dúas semanas un grupo de militares, encabezados por Arturo Maira, solicitou que o Arsenal retire das súas rúas interiores as denominacións que exaltan a ditadura franquista e para que sexan homenaxeadas as persoas que defenderon alí a democracia en 1936
A Galicia máis nova uniuse ás mobilizacións contra o cambio climático
Concentracións en Vigo, Ourense, A Coruña ou O Porriño esixiron medidas decididas para frear o quencemento global. Nas actividades participaron sobre todo mozos e mozas, ao igual que nas manifestacións que tiveron lugar no resto do planeta
Down Galicia ve "intolerable" que os apoderados poidan anotar as persoas con discapacidade que votan
En decembro a lei foi modificada para permitir votar a todas as persoas que foran incapacitadas. Porén, este mércores a Xunta Electoral publicou unha instrución que permitirá os partidos facer constar na acta os casos nos que sospeite que o sufraxio non é exercido libremente. As entidades do sector alertan de que a medida "cuestiona" a capacidade de decisión destas persoas
- Entrevista | Miguel Pardellas
- Movementos sociais
Descarboniza: Conversas entre avoas e netas sobre cambio climático
O proxecto nacido hai tres anos en Compostela estendeuse agora a Donosti. O obxectivo é levar a problemática do quencemento global ao cotián, a través de grupos locais (formados maioritariamente por mulleres maiores) que actúen na súa comunidade. Falamos cun dos seus coordinadores, que destaca a importancia do diálogo interxeracional que se está a crear
A asesoría xurídica da Xunta avala a obrigatoriedade da vacinación para acceder ás escolas infantís públicas
O obxectivo da medida, que nos vindeiros días podería aprobar a Consellería de Política Social, é "velar polo ben común dos menores, protexéndoos de calquera enfermidade e garantir a inmunidade do grupo". Varios países europeos están a aprobar medidas semellantes para impedir o regreso de doenzas xa erradicas
- Reportaxe
- Movementos sociais Lugo
"Xusto cando debería xubilarme en paz, o Concello non me arranxa os problemas, senón que mos crea"
Falamos con Pilar Fernández, unha muller de Abadín cunha discapacidade do 84% que dende hai 6 anos ten grandes dificultades para poder entrar e saír da súa vivenda, por mor dunhas obras realizadas polo Goberno Local, que ingnora a recomendación realizada pola Valedora do Pobo para que solucione o problema
O servizo de atención telefónica de Santa Lucía anunciou 90 despedimentos en Galicia na véspera do 8M
A aseguradora ofrécelle ao persoal dos tres centros que pechará na Coruña, Pontevedra e Ourense manter os seus empregos se se trasladan a Oviedo. As traballadoras de Teleperformance fixeron folga este luns denunciando os máis de 100 despedimentos producidos no último ano
Vilalba: O 8M tamén para as mulleres con discapacidade
Pilar Fernández, unha muller que se move en cadeira de rodas, foi a gran protagonista na manifestación celebrada na vila lucense. Leva 6 anos denunciando sen éxito que unha barreira arquitectónica creada por unhas obras do Concello lle impide saír da súa casa sen axuda
As denuncias por violencia de xénero volveron superar o seu máximo histórico en 2018
A folga no sector da Xustiza fixera descender o seu número nos dous primeiros trimestres, pero na segunda metade do ano a cifra disparouse. Tamén acadan un récord das ordes de protección solicitadas e adoptadas e as condenas por violencia machista
- Entrevista | Ana Romero 8M 2019
- Movementos sociais A Coruña
"Cando as cigarreiras tiñan que defender o colectivo, eran aguerridas e estaban sempre unidas"
Este 8M a manifestación feminista da Coruña rematará non por casualidade na Praza das Cigarreiras, a carón da antiga Fábrica de Tabacos. A historiadora Ana Romero ofreceu este xoves unha conferencia sobre estas mulleres, que durante décadas constituíron a principal industria da cidade
A fenda laboral e salarial de xénero comeza nas desigualdades do fogar
"Ata que non entremos realmente na democratización real dos fogares e da vida cotiá, e nun reparto igualitario da asunción de responsabilidades, non se solucionará a fenda laboral de xénero", explica a economista Carmen Castro
Homenaxe a Ana María Prieto, a primeira programadora galega, que abriu camiños nun mundo de homes
Falecida o pasado ano aos 76 anos de idade, en 1963 converteuse na primeira muller en traballar de programadora na compañía Bull General Electric, en Madrid. En 1969 regresou a Galicia para traballar no centro de cálculo da Caixa de Aforros de Santiago, unha carreira que abandonou en 1973