Galicia é a segunda comunidade que menos marca o recadro da Igrexa na declaración da renda
O pasado ano fixérono só o 25,98% dos de das contribuíntes galegas, dous puntos menos que no 2012. Galicia só é superada por Cataluña e por Guipúscoa. En cambio, o 55% opta por destinar o 0,7% dos seus impostos a fins sociais a través de ONGs.
Só catro países da UE superan a fenda de xénero que sofren as mulleres galegas
A Comisión Europea vén de presentar un informe que compara a través de varios parámetros a desigualdade de xénero en todos os territorios da UE. Galicia sitúase moi por riba da media, destacando especialmente a escasa disposición de tempo propio despois do traballo remunerado e dos coidados no fogar
Case 129 mil persoas maiores de 65 anos viven soas en Galicia
O número creceu en 10.000 persoas nos últimos dous anos. A porcentaxe de persoas da terceira idade que viven soas supera o 19%, o 23% no caso das mulleres. A cifra de fogares galegos nos que conviven tres xeracións familiares leva anos en descenso.
O fragmento do 'Livro da Montaria' roubado hai 25 anos regresa ao Arquivo Provincial de Lugo
A produción ecolóxica galega duplicouse dende o 2016 e xa factura 80 millóns de euros ao ano
O volume de negocio multiplicouse por seis na última década e xa son 1.152 as empresas e profesionais inscritos. O leite a a carne son os produtos estrela, xunto coas conservas de peixe ou a acuicultura. Galicia produce o 65% do leite ecolóxico consumido en España.
- Datos
- Acontece
Tan só 16 concellos teñen máis menores de 20 anos que maiores de 65
Hai unha década os concellos con máis poboación moza que maior eran 37. Ames, Salceda de Caselas, Oroso e O Porriño son as localidades máis novas e San Xoán de Río, Calvos de Randín e Lobeira, as máis maiores.
Os 11 campos de concentración franquistas en Galicia, o espazo dunha "estratexia de terror"
O xornalista de eldiario.es Carlos Hernández publicou a investigación Los campos de concentración de Franco, que detalla a localización e características de 300 campos creados polo ditador, nos que foron recluídos case un millón de prisioneiros. Repasamos os 11 campos galegos
- Reportaxe Precampaña local
- Política
Así foron as primeiras eleccións municipais, hai 40 anos
Houbo que agardar case tres anos e medio dende a morte do ditador para poder contar cuns concellos democráticos. O 3 de abril de 1979 celebráronse os comicios, que lle deron á esquerda as alcaldías de Vigo, A Coruña e Ferrol e un número importante de vilas.
Cada década que pasa os veráns duran entre 12 e 15 días máis en Galicia
O meteorólogo César Rodríguez Ballesteros vén de publicar un informe que analiza o comportamento dos veráns en varias localidades e que amosa como cada vez se inician antes as temperaturas altas e, igualmente, rematan máis tarde
- Reportaxe Memoria antifranquista
- Acontece Ourense
Na procura dos restos do derradeiro alcalde republicano de Amoeiro
Asasinado en agosto de 1936, había informacións de que fora soterrado en Beade. A investigación levada a cabo polos seus descendentes e polo actual rexedor de Amoeiro atopou o pasado verán o lugar exacto no que o seu cadáver foi depositado. Esta é a súa historia
O Consello de Ministros aproba o encargo a Ferrol das cinco fragatas que o PP paralizara
A súa construción suporá un investimento de 4.300 millóns de euros ata o ano 2032. O pasado ano coñeceuse que o PP adiara o contrato para favoreca empresa que dirixira o ex-ministro Morenés, o que foi cualificado de "corrupción institucional" polas forzas da oposición en Galicia
A nova aparición de terras contaminadas reabre o conflito do lindano no Porriño
O Concello reclama da Xunta o plan anticontaminación prometido hai dous anos e aínda non executado. A Plataforma Antilindano amósase crítica cos Gobernos local e galego e convoca unha concentración este luns denunciando que "quen ten que protexernos estase a rir de nós"