A Xunta impuxo 17 sancións a pisos turísticos non rexistrados
O Goberno galego abriu 53 expedientes, a maior parte por actividade ilegal, penalizada con multas de entre 900 e 9.000 euros. O rexistro oficial recolle 8.500 pisos turísticos en Galicia, o dobre dos que había hai ano e medio.
As sete cidades galegas reduciron a súa débeda en 132 millóns dende o 2015
A Coruña, Ourense e Compostela foron as localidades que máis diminuíron os seus números vermellos nos últimos tres anos. Os Blancos, Miño e Catoira son os concellos con máis débeda por habitante.
O atraso da Xunta na publicación dunha convocatoria deixa cinco meses sen emprego a 34 investigadores
Son investigadores e investigadoras posdoutorais, contratados polas tres universidades galegas ao abeito do programa autonómico I2C. A Consellería de Educación publicou hai dúas semanas a convocatoria para a continuación dos seus contratos, que non se resolverá ata decembro, no mellor dos casos.
Un despedimento e "prácticas mafiosas": a CIG denuncia o intento de Coren de impedir a súa candidatura sindical
A CIG detalla "ameazas e extorsións" e "situacións de acoso" por parte da empresa ás persoas que se presentaron ás eleccións sindicais, nas que por primeira vez concorre a central nacionalista. Denuncia que mesmo un dos traballadores foi despedido ao negarse a retirar a súa candidatura
- Datos Escola pública
- Acontece
7 de cada 10 concellos sufriron recortes de profesorado na última década
Entre 2008 e 2018 aumentou un 3% o alumnado matriculado en Infantil e Primaria, pero as unidades nos centros públicos reducíronse un 27% e o profesorado total descendeu un 6%, afectando ao 73% das localidades con escolas.
A Xunta confirma o recorte de profesorado en Verducido nun novo verán de supresión de aulas no rural
A Escola de Educación Infantil de Verducido foi sinalada nos últimos anos como un exemplo de centro de ensino no rural. O centro fica con dúas mestras para dar clase a un total de 31 nenos e nenas de entre 3 e 8 anos
- Entrevista | Elisabet Pérez e Pablo Zas
- Movementos sociais
"Este só será un Día do Orgullo se é de reivindicación"
O Día do Orgullo LGTBI é cada ano unha xornada de celebración, de visibilización e de loita, con cada vez maior implicación das institucións pero que segue sendo impulsado dende os colectivos sociais. O ascenso da extrema dereita e a efeméride de Stonewall marcan este ano a data. Falamos coa Asociación Nós Mesmas de Vigo e con A.L.A.S., da Coruña
O Parlamento pide "alternativas" a Sálvora para os lodos do Lérez pero a Xunta aposta por depositalos no mar
En Marea e PP transaccionaron pola mañá unha proposición que demanda "unha proposta alternativa e sustentable" para os materiais da dragaxe, garantindo que non afectarán "a ningunha das rías galegas". Porén, pola tarde a Conselleira do Mar reiterou que "o que se extraia do mar ten que volver ao mar"
O sector galego do software libre critica a aposta da Xunta polos programas de Microsoft no ensino
Asociacións e empresas alertan de que a entrada dos programas privativos en todos os centros de ensino e o gasto de 13,5 millóns de euros en licenzas da multinacional "incrementa a dependencia tecnolóxica" e frea "o desenvolvemento do tecido empresarial local"
A falta de xulgados exclusivos para a violencia machista en Galicia engade obstáculos ás denuncias
Vigo e A Coruña, que acollen os únicos xulgados especializados en Galicia, suman o 40% das denuncias por violencia machista con só o 26% da poboación total. Xuíces, funcionarios, asociacións e partidos reclaman máis medios e alertan das dificultades existentes na zona rural
- Datos
- Acontece
A chegada de inmigrantes a Galicia equilibrou en 2018 o mínimo histórico de nacementos
O pasado ano chegaron dende o estranxeiro case 13 mil persoas máis das que marcharon, o que motivou o primeiro aumento na poboación do país dende o 2012. O 30% proceden de Venezuela, pero tamén medran os fluxos con orixe en Brasil, Colombia ou Cuba. O 63% dos inmigrantes teñen menos de 40 anos.
A saída da crise incrementou un 30% as diferenzas entre os salarios máis altos e máis baixos en Galicia
Os soldos galegos medraron por riba da media estatal no último lustro, pero neste tempo creceron as desigualdades: os máis ricos aproveitan máis a saída da crise e os traballadores pobres e as novas xeracións levan unha década cos seus ingresos practicamente estancados