- Interactivo
- Acontece
Só sete concellos tiveron máis nacementos que mortes o pasado ano
Ames, O Porriño, Arteixo, Poio, Salceda de Caselas, Oroso e Barbadás son as únicas localidades cun saldo vexetativo positivo, mentres que en 2008 eran 46. O pasado ano non naceron nenos ou nenas en 10 concellos e noutros 12 só houbo unha inscrición
Parter e Alcoa pechan a venda das plantas da Coruña e Avilés asegurando o mantemento dos empregos
Durante dous anos manterase o 100% dos postos de traballo e a partir de aí está garantida a continuidade de 250 dos 375 empregados da planta herculina, cifra que podería aumentar se o novo propietario recibe un prezo "competitivo" da electricidade, que depende da aprobación do estatuto electrointensivo
Nosa Enerxía celebra o seu quinto aniversario superando os 700 contratos de luz en Galicia
Nosa Enerxía nacía en 2013 con 30 socios e socias co obxectivo de "cambiar o modelo enerxético actual e democratizar a enerxía, consumir enerxía verde e tamén apostar pola economía social e verde". Agora tamén impulsa proxectos como o orientado a substituír os motores de combustión por motores eléctricos na frota bateeira
A chegada de Uber á Coruña reabre o debate sobre os vehículos VTC en Galicia
A multinacional estadounidense únese a Cabify, que xa opera na cidade herculina dende o pasado ano. En Galicia hai 300 vehículos con licenza VTC, que non poden recoller clientes na rúa, pero que si se poden valer de apps para a contratación inmediata de servizos
Catro décadas do 'Día Nacional de Galicia' que nunca chegou a ser
En 1978 a Xunta aprobou por decreto esta denominación para o 25 de xullo, unha declaración oficial que aínda se mantén pero que os sucesivos Gobernos galegos foron progresivamente ignorando. Hai 41 anos tamén se impulsou un gran acto público polo Día Nacional, que nunca volveu ser organizado polo Executivo.
A prevención dos incendios, unha cuestión de xénero?
Este outono publicarase o libro colectivo Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais (Catro Ventos Editora), un proxecto impulsado polo Proxecto Batefogo. Falamos con Miguel Pardellas, un dos seus coordinadores
Trabada ofrece vivenda de balde a familias con nenos de 3 a 6 anos para salvar a unidade de Infantil do seu colexio
O colexio da localidade só conta con dúas matrículas e debe chegar a seis antes de que remate o mes. A alcaldesa da localidade destaca que "a escola pública é fundamental para manter o futuro do rural" e alerta de que "unha vez que se perde unha unidade, despois é moi difícil recuperala"
As protestas forzan a Xunta a corrixir o erro que deixara sen emprego a 34 investigadores de alto nivel
O Goberno anuncia que prorrogará os seus contratos ata o 15 de outubro, para evitar o baleiro xerado polo atraso na convocatoria que debía permitir a súa continuidade nas universidades galegas. Os afectados celebran a decisión pero pregúntanse "se era tan doado, por que non se fixo antes"
O persoal de Alcoa logra un novo pacto e a venda das fábricas a Parter fica desbloqueada
As negociacións estiveron a piques de descarrilar, pero de madrugada chegou o acordo : o "prazo de execución da venda" fica ampliado ata o 31 de xullo, límite para que Parter presente as súas garantías financeiras. O Ministerio cre que o pacto "pecha o círculo" e asegura o mantemento do 100% do emprego
Praias de Baiona, Foz ou O Vicedo perderán as súas bandeiras azuis se non atopan socorristas
Moitos concellos galegos, como Cabana de Bergantiños, Muxía, Porto do Son ou Muros non iniciaron aínda os seus servizos de salvamento pola dificultade para atopar persoal acreditado. En varios lugares os areais non poderán lucir o distintivo, que inclúe esta esixencia entre os seus requisitos
- Análise
- Acontece
A Xunta presenta unha Lei de impulso demográfico xenérica e con escasas medidas novas
O anteproxecto da norma, que a pasada semana iniciou a súa tramitación, é un compendio de actuacións xa existentes e de declacións de intencións. A oposición cualifica a lei de "propaganda" e de "falta de ambición" e acusa o Goberno galego de "tirar a toalla" neste asunto.
- Entrevista
- Ciencia e tecnoloxía
"A Xunta debe asumir a súa mala xestión e impedir a fuga de talento científico que haberá este ano"
Falamos con 4 das 34 persoas prexudicadas polo erro da Consellería de Educación na convocatoria de contratos posdoutorais, que deixou no paro a 34 investigadoras e investigadores de primeiro nivel e coa posibilidade de que marchen de Galicia a outras universidades