- Interactivo
- Acontece
A maior parte da emigración dos concellos do interior diríxese á Galicia urbana
As provincias de Lugo e Ourense levan anos perdendo milleiros de habitantes en beneficio das provincias occidentais, un fluxo que é máis importante que o que se dirixe ao estranxeiro ou a outras zonas do Estado. No 2018 tan só 12 comarcas tiveron un saldo migratorio interno positivo e 41 negativo.
- Entrevista | Carlos Tejerizo Memoria antifranquista
- Acontece
"É imposible entender a Cidade da Selva sen contextualizala co que estaba a pasar na Segunda Guerra Mundial"
Nos montes de Casaio, en Valdeorras, funcionou entre 1941 e 1948 unha vintena de campamentos guerrilleiros, denominados en conxunto 'Cidade da Selva'. O equipo de investigación de 'Sputnik Labrego' leva máis de dous anos traballando sobre o terreo, afondando na vida cotiá dos combatentes ou nas relacións que establecían coa veciñanza
Aumentan os accidentes laborais graves e mortais en Galicia, a comunidade con máis falecementos no traballo
No que levamos de 2019 todos os indicadores de sinistralidade están a empeorar, con 24 mortes no primeiro semestre, fronte ás 19 do mesmo período do pasado ano. Os accidentes graves medraron un 6%. Os sindicatos piden máis prevención e derrogar a reforma laboral do 2012.
- Entrevista | Eliseo Fernández Memoria antifranquista
- Acontece Ferrol
80 anos da fuxida do bou 'Ramón', o pesqueiro no que 27 republicanos escaparon do franquismo
Este venres inaugúrase en Mugardos unha exposición fotográfica sobre os feitos coa presentación do libro A fuxida do bou Ramón, de Eliseo Fernández e Enrique Barrera. O barco partiu de Ares e chegou ás costas francesas, pero varios dos seus ocupantes acabaron en campos nazis ou detidos pola Gestapo
Do 'Resío' a 'Nuestra Señora del Rocío': como deturpar un topónimo en tres pasos
O Equipo de Normalización Lingüística do CEIP Virxe do Rocío de Coia (Vigo) reclámalle ao Concello que o centro pase a chamarse CEIP do Resío, un cambio xa aprobado polo claustro, recuperando así a forma orixinal e eliminando as connotacións relixiosas.
Democracia Ourensana axuda a soster o sistema de reparto de fondos aos concellos da Deputación
A formacion votou en contra da proposta realizada por PSdeG e BNG, que pedía un reparto equitativo, semellante ao que existe nas outras tres provincias galegas. Hai dous anos DO votou a favor dunha moción moi semellante, pero nesta ocasión uniu os seus votos aos do Partido Popular, mentres que Ciudadanos se abstivo.
Curtocurcuito homenaxea a Euloxio Ruibal e o Equipo Lupa, pioneiros do cinema galego nos anos 70
Do 28 de setembro ao 6 de outubro o festival compostelán proxectará por primeira vez dende os setenta A rapa das bestas (1972), O Corpiño (1973), Peliqueiros (1973), O edificio Castromil (1975) e Holocausto (1972), a súa única peza de ficción
PSdeG e BNG esíxenlle á Deputación de Ourense que o financiamento dos concellos non dependa do "dedo" do presidente
As dúas formacións reclaman que o reparto de fondos se realice con criterios "equitativos, democráticos e obxectivos e non mediante a dedocracia dos favores políticos". A votación terá lugar este mércores e depende do apoio de Democracia Ourensana, á que lle reclaman "coherencia", pois no pasado apoiou propostas semellantes
- Entrevista | Xaquín Bouza
- Acontece
"As administracións deben ser responsables. O consumo de drogas non desaparece por mirar para outro lado"
O programa 'Infodrogas' percorre as principais festas e festivais musicais de Galicia ofrecendo información sobre o consumo de substancias estupefacientes e, ademais, analizando a súa composición, co obxectivo de reducir os riscos xerados pola súa inxesta
A veciñanza de Ons respóndelle a Feijóo que "non somos colonos, somos insulares"
Esta fin de semana celébranse na illa as festas de San Xoaquín e está a haber dificultades no acceso para as familias e amizades dos e das residentes, que denuncian que a candidatura da Xunta para que as Illas Atlánticas sexan Patrimonio da Humanidade é unha "chapuza"
A Limia reclama controis para os residuos das macrogranxas que contaminan as augas da comarca
A plataforma veciñal Auga limpa xa! e entidades como a SGHN esixen unha moratoria na instalación de novas explotacións gandeiras intensivas e a correcta xestión dos residuos gandeiros. Nos últimos tres anos a concentración de nitratos aumentou un 39% e en moitos lugares a auga xa non é potable
Tres de cada catro lanzamentos inmobiliarios débense xa ao impago de alugueiros
A porcentaxe de desafiuzamentos motivados polo impagamento de alugueiros leva anos medrando, en paralelo co encarecemento dos prezos, sobre todo nas zonas urbanas