A apertura dunha biblioteca sen libros en Navia reabre o debate sobre a carencia destes servizos nos barrios de Vigo
A asociación de profesionais da bibliotecas Bamad-Galicia, a asociación veciñal Novo Vigo, Marea de Vigo ou BNG critican a nova instalación municipal e reclaman a posta en marcha dunha rede municipal de bibliotecas na primeira cidade de Galicia.
- Datos
- Política
O peso da renda na orientación do voto: canto máis rico é o barrio, máis apoios á dereita
Nas eleccións xerais, PP, Ciudadanos e Vox acadaron un resultado moito mellor nas zonas urbanas con maior nivel de renda, ao contrario que PSdeG e En Común. Nas municipais, o fenómeno repetiuse na Coruña, Ferrol, Vigo, Ourense ou Lugo, con mellores datos para o PP nas zonas máis podentes e para os socialistas nas máis modestas
A Xunta endurece as condicións para acceder ás axudas ao alugueiro
O pasado ano podían beneficiarse destas achegas as persoas que gañasen 1.344 euros mensuais ou menos, un límite que agora o Goberno galego rebaixa ata os 1.075 euros. A resolución das axudas da convocatoria publicada o pasado verán acumula xa un ano de atraso
- Datos
- Economía
A renda media nos barrios máis ricos das cidades galegas chega a triplicar a das zonas máis pobres
En xeral as zonas céntricas son as que presentan niveis de renda máis elevado, mentres que nas áreas periféricas son dúas e ata tres veces máis reducidos. As maiores diferenzas danse na Coruña e en Vigo.
- Datos
- Política
Galicia é a terceira comunidade autónoma que máis recortou o gasto social dende o 2009
O gasto público por habitante en sanidade, educación e servizos sociais aínda está por debaixo do nivel previo á crise, cunha caída total do 3,75%, 266,5 millóns de euros. Só Cataluña e Castela-A Mancha empeoran os datos galegos, segundo os datos recompilados pola Asociación Estatal de Directoras e Xerentes en Servizos Sociais
- Interactivo
- Economía
Galicia rica, Galicia pobre: as diferenzas de renda barrio a barrio, parroquia a parroquia
O INE vén de publicar unha serie de informacións estatísticas para as 2.200 seccións censuais do país, que amosan a divesidade de nivel de vida no interior de cada concello.
O acordo do Concello de Miño cos expropiados de Fadesa achega a solución a un conflito xerado por "neglixencias institucionais"
O goberno local asinou un acordo cos veciños e veciñas expropiadas no ano 2002, abrindo a posibilidade de resolver a causa aberta hai 17 anos e que elevou a débeda da localidade ata os 22 millóns de euros. O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, pídelles desculpas aos afectados pola falta de diálogo amosado polo Concello no pasado
A primeira universidade privada de Galicia botará a andar na Coruña e Vigo con catro graos e catro másters
A Xunta iniciou a tramitación da 'Universidad Intercontinental de la Empresa', impulsada por Abanca a través de Afundación, e que utilizará as actuais sedes da Instituto de Educación Superior Internacional de Empresa (Ieside). Centrarase nas ciencias sociais e xurídicas, enxeñaría e arquitectura e está previsto que comece no curso 2020-21
"Non nos xogamos só a continuidade do FITO, senón a propia identidade da cidade de Ourense"
O Concello de Ourense retirou o seu apoio ao Festival Internacional de Teatro, que este outubro debía celebrar a súa 12ª edición. Sarabela, impulsora do evento, denuncia que "a cultura na cidade está a sufrir unha deriva moi preocupante nos últimos anos".
O PSdeG contrapón "o caciquismo" da Deputación de Ourense coa "equidade" da Coruña, Lugo e Pontevedra
Gonzalo Caballero e os presidentes e presidenta das tres deputacións gobernadas polos socialistas defenden na cidade das Burgas o sistema de reparto de fondos das súas provincias, "baseado na transparencia e a obxectividade na asignación de recursos”.
16 dos 17 concellos ourensáns que en 2018 recibiron máis fondos da Deputación estaban gobernados polo PP
As sete localidades que recibiron máis cartos por habitante tiñan alcalde do PP. Hai que baixar ata a oitava posición para atopar un concello gobernado polo PSdeG, o de Castrelo do Val. A pasada semana socialistas e nacionalistas presentaron unha moción para aplicar en Ourense un sistema obxectivo de reparto.
- Entrevista Sector eólico
- Economía
"No actual relanzamento da enerxía eólica non se debe caer nos mesmos erros cometidos anteriormente"
O último número da prestixiosa revista 'Energy Policy' publica unha análise do espectacular desenvolvemento eólico que tivo lugar en Galicia entre 1995 e 2009, que destaca que se levou a cabo sen participación das comunidades locais. Falamos con Xavier Simón e Damián Copena, dous dos seus autores, que dende o Observatorio Eólico promoven a "xustiza enerxética"