- Datos
- Acontece
A chegada de inmigrantes a Galicia equilibrou en 2018 o mínimo histórico de nacementos
O pasado ano chegaron dende o estranxeiro case 13 mil persoas máis das que marcharon, o que motivou o primeiro aumento na poboación do país dende o 2012. O 30% proceden de Venezuela, pero tamén medran os fluxos con orixe en Brasil, Colombia ou Cuba. O 63% dos inmigrantes teñen menos de 40 anos.
A saída da crise incrementou un 30% as diferenzas entre os salarios máis altos e máis baixos en Galicia
Os soldos galegos medraron por riba da media estatal no último lustro, pero neste tempo creceron as desigualdades: os máis ricos aproveitan máis a saída da crise e os traballadores pobres e as novas xeracións levan unha década cos seus ingresos practicamente estancados
- Datos
- Acontece
Dous de cada tres concellos teñen menos poboación que en 1900
A Estrada era o quinto concello máis poboado do país e Ortigueira, A Fonsagrada, Lalín, Chantada ou Pantón situábanse entre os 15 primeiros. 208 localidades perderon habitantes, que se concentraron nas áreas urbanas e nalgúns núcleos comarcais, nun proceso que continúa, acelerado.
O número de alcaldesas crece un 40% pero segue a haber seis veces máis homes
Dende o 2015 a cifra pasou de 38 a 56, mais a porcentaxe segue por debaixo da media estatal. PP e PSdeG contan con 23 mulleres con bastón de mando en cada caso, por 6 do BNG, pero o Bloque é a formación cunha maior proporción de rexedoras
MarumaSat: A ciencia escolar galega subiu ata os 36 quilómetros de altura
A cuarta sonda lanzada por un grupo de institutos de todo o país conseguiu ratificar experimentalmente a teoría da relatividade especial de Einstein 119 anos despois de ser formulada. Ademais, bateu o récord de altitude acadada por unha cápsula da Axencia NOSA.
"O importante é que Carvalho teña o Día das Letras. É de xustiza"
A Real Academia Galega escollerá este sábado a Ricardo Carvalho Calero como homenaxeado no Día das Letras do ano 2020. Votaranse as dúas propostas presentadas polos académicos e académicas, as dúas co filólogo e escritor ferrolán como protagonista. Falamos con Henrique Monteagudo e Francisco Fernández Rei.
A folga na Atención Primaria tivo un seguimento maioritario, que a Xunta reduce ata o 21%
As Asembleas de Áreas Sanitarias estiman unha participación superior ao 50% en todas as comarcas, que roldaría o 90% nas de Vigo e A Coruña. A protesta reclamou melloras laborais, máis financiamento, máis persoal e incremento na capacidade de decisión da Atención Primaria.
Galicia é o territorio do Estado no que máis diminúen os nacementos, que acadan un novo mínimo histórico
No 2018 naceron 16.550 nenos e nenas en Galicia, cun descenso do 10% con respecto ao ano anterior. Dende a entrada en vigor das medidas da Xunta para o fomento da natalidade, hai tres anos, os nacementos reducíronse nun 14,8%
Persoal de Atención Primaria do Sergas volve á folga: "Queremos tempo para atender os pacientes"
Este mércores profesionais de Atención Primaria de toda Galicia están chamados a unha nova folga sanitaria, impulsada pola Asemblea de Áreas Sanitarias (AAS). Reclaman melloras laborais, máis financiamento, máis persoal e incremento na capacidade de decisión da AP.
- Datos
- Economía
Case 100.000 persoas realizan teletraballo en Galicia de forma habitual ou ocasional
O número de persoas que traballa dende o seu domicilio practicamente se duplicou no noso país dende o 2010. Representa xa o 8,95% do total de ocupados, unha porcentaxe que é maior entre os 35 e os 54 anos.
Case a metade dos adolescentes de Compostela usa o móbil máis de cinco horas nos días non lectivos
Alumnado de 4º da ESO e de Bacharelato do IES Lamas de Abade realizou unha enquisa entre case un milleiros de estudantes de catro institutos da cidade, aos que preguntou sobre a utilización que fan dos seus smartphones e o efecto que isto lles produce
Máis da metade da cidadanía galega ten alcalde ou alcaldesa socialista
O PSdeG-PSOE goberna menos concellos que o PP (111 a 147) pero suman moita máis poboación: o 55% do total. As localidades gobernadas polo PP non chegan aos 600.000 habitantes. O BNG mantivo as súas 28 alcaldías, que roldan os 300.000 residentes.