Campus do Medo: Autodefensa feminina contra as agresións sexuais en Compostela
A iniciativa, posta en marcha por estudantes da USC, recolleu xa 300 testemuños de mulleres que foron agredidas, acosadas ou que se sentiron inseguras en espazos públicos. Vén de crear dous grupos de whatsapp "de autocoidados" para camiñar máis seguras polas noites.
O estudantado de Medicina en folga critica a "vaguidade" das solucións propostas pola universidade
A folga chega ao seu cuarto día, despois de que a resposta da Facultade fose considerada insuficiente polo alumnado, que continúa a recibir apoios dende a comunidade educativa e tamén por parte de profesionais da sanidade
- Interactivo Xerais 10N
- Política
Así votou Galicia o 28A
Seis meses despois, a cidadanía é chamada de novo ás urnas. Aquel 28 de abril supuxo a primeira derrota do PP nunhas eleccións en Galicia, cun grande ascenso do PSdeG-PSOE, que arrasou nas zonas urbanas da man dunha elevada participación electoral.
As traballadoras sociais denuncian esperas de "ata dous anos" na atención á discapacidade
O Colexio de Traballo Social cualifica de "papel mollado" as promesas de Núñez Feijóo e reclama o reforzo do persoal con "equipos permanentes" e non con "parches temporais" para solucionar as listas de agarda, que chegan a ser de dous anos para a valoración destas situacións
- Entrevista | Camilo Nogueira
- Política
"Xa non é necesario estar nunha capital para ter relacións económicas mundiais. Non hai que estar en Madrid, por exemplo"
Camilo Nogueira recolle este mércores en Bruxelas o premio Coppieters, que recoñece a aquelas persoas ou organizacións que destacaron pola súa defensa da diversidade cultural e lingüística, da autodeterminación, dos dereitos das minorías e dunha Europa unida. Falamos con el.
Seis mil traballadoras a tempo parcial poden beneficiarse en Galicia da revisión retroactiva das súas pensións
Unha sentenza do Tribunal Constitucional modificou este verán o cómputo deste tipo de pensións. UGT-Galicia fai un chamamento ás persoas afectadas, a maioría mulleres, para que que reclamen o incremento das contías que reciben e esixe unha retroactividade "de cando menos catro anos"
A Facultade de Medicina da USC, en folga: "loitamos hoxe pola Sanidade de mañá"
O alumnado, que leva a cabo un peche no edificio, denuncia que os "defectos" do plan de estudos levan a moitas persoas "a considerar o abandono da carreira". Critican a excesiva carga horaria, eivas nas materias prácticas e "actitudes despectivas" cara ao estudantado
Unha sentenza pioneira obriga a unha empresa de Vigo a adaptar a xornada laboral para facilitar a conciliación
A compañía terá que adaptar a xornada laboral da traballadora, de xeito que pase a ter quendas semanais alternas para poder conciliar. O xuíz subliña que a empregada "nada ten que acreditar sobre se o seu home ten máis doado conciliar ou non" ou se terceiras persoas poderían coidar dos fillos
A biblia xudía da Coruña regresa a Galicia 500 anos despois
A Biblia Kennicott está considerada como o manuscrito relixioso máis importante da Idade Media galega. Foi escrita na cidade herculina en 1476, pouco antes da expulsión dos xudeus. É un dos obxectos que se poderán ver na mostra Galicia, un relato no mundo, que se inaugurará na Cidade da Cultura o 14 de novembro.
"O urbanismo en Ourense era unha feira sen control e nese momento entramos nós e cortamos todo iso"
Áurea Soto, ex-edil de Urbanismo do Concello de Ourense, ficou libre da derradeira das causas xudiciais que nos últimos anos pesaran contra ela. Soto, que foi absolta de todas elas, cre que nestes procesos houbo unha "cacería" contra os Gobernos municipais que tentaron establecer controis á especulación.
En galego, do berce á tumba
Este xoves celébrase o Día da Restauración da Memoria Lingüística, promovido pola Asociación de Funcionarios en Lingua Galega, que leva anos promovendo o uso do idioma en cemiterios e necrolóxicas. O Concello de Santiago vén de editar un manual con propostas para o seu uso nas lápidas e en todos os ritos funerarios.
"Non pode ser que unha persoa morra diante do Concello e que Vigo non teña alternativas habitacionais"
Este domingo unha persoa de 42 anos morreu na Acampada contra a Pobreza instalada dende comezos do ano 2017 na Praza do Rei. Colectivos sociais como Os Ninguéns reclaman melloras nos servizos sociais e facilidades no acceso á vivenda para aqueles e aquelas que viven na rúa.