- Datos Xerais 10N
- Política
O PP arrasou nos barrios ricos das cidades galegas, onde VOX foi a terceira forza
Os populares gañaron nas seccións máis pobres e envellecidades, situadas no rural. Igualmente impúxose con claridade nos lugares con maior renda media, situados nos centros urbanos, onde duplicaron o resultado do PSdeG-PSOE.
- Entrevista | Ana Ojea
- Acontece
A propaganda LGBTfóbica de HazteOir chega masivamente aos centros de ensino de Galicia
A organización ultraconservadora remitiu os seus panfletos a 23.000 centros de todo o Estado. A Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia alerta de que chegaron a un gran número de institutos galegos e pide á Xunta que a rexeite de xeito "público e firme"
O PSdeG rexeita participar no 'debate sobre o estado da provincia' e subliña que Ourense perde sete habitantes cada día
A Deputación celebrou o seu pleno extraordinario coa ausencia do principal grupo da oposición, que cualifica o debate de "pantomima" para "enxalzar a Baltar", ao que culpan do "estado catastrófico" da provincia. Rafa Villarino amplía as súas críticas a Gonzalo Pérez Jácome
"Defendíase que a privatización melloraba a prestación de servizos. Estamos tentando darlle a volta a ese discurso"
Barcelona puxo en marcha a comezos deste ano unha pioneira empresa pública municipal de subministro de enerxía. Lluis Basteiro, un dos responsables da iniciativa, está na Coruña para explicar os obxectivos e desenvolvemento desta iniciativa.
- Datos Xerais 10N
- Política
Así se moveu o voto en cada concello: estabilidade na esquerda, concentración da dereita en PP e VOX
Os sete puntos perdidos por Ciudadanos en Galicia foron recollidos sobre todo polo PP (+4,5), nomeadamente nas zonas urbanas. E en menor medida por VOX (+2,5%), que en cambio mellorou máis os seus resultados nas zonas rurais
- Entrevista | Víctor Sampedro
- Ciencia e tecnoloxía
"Todos os recortes de liberdades que se aplican en Internet acaban sendo traducidos despois ás rúas"
O catedrático Víctor Sampedro (Viveiro, 1966) está a impartir na Coruña un curso de pedagoxía dixital para docentes de secundaria. Falamos con el sobre o recente decreto que facilita o peche de webs sen orde xudicial, sobre as campañas falsas en Facebook ou sobre a privacidade nas redes
- Datos Xerais 10N
- Política
O PP mantivo o seu dominio nos concellos rurais, pero o PSdeG foi a forza máis votada en 83 localidades
Os socialistas impuxéronse nas cidades, áreas metropolitanas e en moitas das grandes vilas. Allariz, onde o BNG foi o gañador, foi o único concello non que non triunfaron os dous grandes partidos. En Común obtivo o seu mellor dato en Cangas e VOX en Ribeira.
O resultado do 10N posibilitaría un tripartito de esquerdas nunhas eleccións ao Parlamento galego
PSdeG, En Común e BNG sumarían 42 escanos nuns hipotéticos comicios autonómicos, fronte aos 33 de PP e VOX. Ciudadanos non acadaría o mínimo do 5% en ningunha circunscrición e ficaría fóra da cámara.
O PP desfai o empate co PSdeG no Senado e obtén 11 dos 16 representantes
Os populares concentraron unha parte importante dos votos de VOX, o que lles permitiu facerse cun escano máis por Pontevedra e afianzar o seu triunfo na Coruña
Galicia é xunto con Euskadi, Navarra e A Rioxa o único territorio sen deputados de VOX
A pesar de non obter representación, a ultradereita experimentou un ascenso considerable no noso país, pasando do 5,29% de abril ao 7,8% nestas eleccións. A formación foi a terceira forza en moitos concellos da zona rural de Lugo e Ourense.
O PSdeG mantén o seu dominio nas cidades, a pesar de que o PP concentra o voto perdido por Ciudadanos
Os socialistas gañan en todas as urbes agás Santiago, onde a vitoria corresponde ao PP. Leves descensos para En Común, que mantén a terceira posición agás en Compostela, onde é adiantado polo BNG.
- Entrevista | Brais Romero
- Cultura
"Hai quen pensa que 'O que Arde' non pode compartir espazo con 'Os Vengadores' nuns multicines. E por que non?"
Brais Romero analiza na súa tese de doutoramento a política audiovisual aplicada entre 2000 e 2015 e o seu efecto na produción de longametraxes e no emprego neles da lingua galega. O 56% dos filmes tiveron como lingua principal o castelán, fronte a un 18% que empregou o galego.