A UDC decide entre Julio Abalde e Fernando Martínez Abella o seu novo reitor
Este mércores a Universidade da Coruña celebra eleccións ao Reitorado. Abalde, representante dos sectores progresistas e nacionalistas da candidatura Nova Luce, enfróntase a Martínez Abella, vicerreitor no mandato de Meilán. A Cidade das TIC, o financiamento e a captación de alumnado centran os seus programas
'O que arde' opta a catro Premios Goya, entre eles mellor película, dirección e actriz revelación
Os galardóns entregaranse o vindeiro 25 de xaneiro. Luís Tosar (mellor actor protagonista), Santi Prego (mellor actor revelación), Eligio Montero (mellor guión adaptado) e a curta de animación Homomaquia acadaron tamén cadansúa nominación
- Entrevista | Xurxo Souto
- Cultura
"O bravú situou a aldea no centro do mundo. Ninguén esperaba isto, foi unha revolución"
Tres concertos na Coruña e en Mos celebrarán o 25 aniversario do nacemento do movemento bravú, que tivo lugar en novembro de 1994 en Chantada. Falamos con Xurxo Souto.
"Preocúpanos a irreversibilidade desta fenda no Casco Vello de Vigo. Unha vez feita, non haberá volta atrás"
Vigo Histórico leva meses mobilizándose contra a construción do túnel da Porta do Sol e denunciando que a obra, de 14 millóns de euros, incrementará o tráfico e a contaminación no centro histórico da cidade. A asociación aposta pola peonalización de Elduayen e do Paseo de Alfonso
- Entrevista | Zocamiñoca
- Movementos sociais A Coruña
"Un produto ecolóxico ten que ser, ademais, xusto e de proximidade. Son tres dimensións que en Zocamiñoca conflúen"
A cooperativa de consumo responsable da Coruña celebra o seu décimo aniversario e faino coas xornadas de debate 'Enraizar no asfalto', organizadas pola Unión de Cooperativas Espazocoop, que afondarán nas posibilidades da economía social en Galicia e no impacto que o consumo ten sobre o territorio e a soberanía alimentaria
- Entrevista | Luz Castro
- Ciencia e tecnoloxía
"A industria do videoxogo en Galicia está nun momento efervescente"
Luz Castro, profesora de creación dixital na UDC e socia co-fundadora de imaxin|software, participou no seminario Cibersexismo. Violencia e videoxogos. O pasado ano foi tamén unha das fundadoras de videoxogos.gal (Asociación de empresas de contidos dixitais, animación e videoxogos)
- Entrevista | Sabela Losada
- Movementos sociais
"Ás mulleres fáisenos responsables da baixa natalidade, pero despois non se escoitan as nosas demandas"
O grupo de Maternidades Feministas en Compostela presentou o 'Observatorio das violencias machistas cotiás que afectan á maternidade e ás súas crianzas'. Nos vindeiros meses levará a cabo un cuestionario para diagnosticar os principais problemas e presentar propostas de solución
Porto e Compostela son as cidades da Eurorrexión que sofren unha maior presión dos apartamentos turísticos
O Eixo Atlántico publica un informe sobre o impacto das vivendas de uso turístico na morfoloxía dos concellos de Galicia e o Norte de Portugal e propón unha serie de medidas para garantir os dereitos dos residentes e a sostibilidade dos fluxos de visitantes.
- Datos
- Acontece
A aposta de Vigo polas luces prende no resto de Galicia: cidades e vilas elevan o seu gasto este nadal
Compostela, Ourense e Ferrol aumentan de forma importante o seu investimento en iluminación, o mesmo que vilas como Ribeira, A Estrada, O Barco ou Ribadeo. Localidades de todo o país seguen o exemplo da urbe olívica, que este ano volveu incrementar a partida destinada a decoración.
Cos pés na Terra e os produtos na nube: 100 tendas locais galegas nas que mercar online
Arela Comunicación vén de lanzar unha web que selecciona e organiza un cento de pequenos produtores e establecementos galegos que realizan vendas por Internet. Busca amosar que no comercio local "hai alternativas" para competir coas grandes superficies e plataformas
A construción volve medrar con forza en Galicia, co maior número de obras dende o 2011
No 2018 o número total de novas vivendas construídas aumentou un 63% con respecto a 2017. A construción crece sobre todo nas cidades e grandes vilas, nas que tamén aumenta a rehabilitación
Convenio de Istambul e Pacto de Estado: lonxe aínda da súa aplicación na loita contra a violencia machista
España ratificou o Convenio de Istambul en 2014 e aprobou o Pacto de Estado contra a violencia de xénero en 2017. Porén, moitas das súas disposicións seguen sen aplicarse na lei e na atención ás vítimas. Tanto no ámbito xudicial, coma no policial, no educativo ou na prevención