Galicia 'exportou' o pasado ano toda a electricidade xerada nas centrais térmicas de carbón
En 2018 a produción eléctrica realizada sen carbón no país (21.007 GWh) foi superior á demanda total galega (20.265 GWh). O presidente da Xunta dixo este luns que sen As Pontes Galicia sería "deficitaria" en enerxía, unha afirmación cuestionable á vista dos datos oficiais dos últimos anos.
'Un violador no teu camiño' resoou na Praza do Obradoiro nunha espectacular acción colectiva do feminismo
300 mulleres replicaron a intervención do colectivo chileno 'Las Tesis', traducida ao galego e con modificacións na súa letra. Nos últimos días houbo tamén performances en Pontevedra e A Coruña e están igualmente convocadas en Vigo, Ferrol e Padrón. Falamos con Pilar Estévez (PFG)
Expulsado do Exército un militar de Redondela por asinar un manifesto antifranquista
Marco Santos foi o único militar en activo que asinou o documento, que respondía ao manifesto militar de apoio ao ditador e que esixía que o seu corpo permancese no Valle de los Caídos. É acusado de “infrinxir os deberes de neutralidade política”.
A Coruña comeza a sufrir unha folga do lixo marcada pola negativa a negociar da filial de Urbaser
O persoal da planta de tratamento de Nostián, que dá servizo á cidade herculina e a oito concellos máis, iniciou esta noite unha folga motivada por ERE de dous anos que afectará a 39 traballadores. O Concello recoñece que os residuos comezarán a acumularse nas rúas este mércores.
- Entrevista | Antonia Varela
- Acontece
"Competir entre cidades por ver cal ten máis luz é un retroceso nos obxectivos para reducir a contaminación"
A defensa do ceo nocturno, a loita contra a contaminación lumínica, o fomento dun alumeado intelixente, a divulgación da astronomía e a promoción dun "turismo de estrelas" son os obxectivos primordiais da Fundación Starlight, que certifica os lugares con condicións favorables para a observación do ceo estrelado en Galicia teñen esa condición Trevinca e as Illas Cíes, estas últimas atinxidas pola contaminación lumíninica de Vigo
As cifras do xogo en Galicia: 160 salóns, 3.600 máquinas de apostas, máis de 9.000 comecartos
Esta infraestrutura conseguiu incrementar nun 27% a cantidade de diñeiro que os galegos e galegas xogaron entre 2014 e 2017, superando os 1.400 millóns de euros só nos xogos de azar tradicionais (incluída a lotaría)
- Entrevista | Alberto Martí
- Acontece
"De manterse as tendencias, nuns anos o clima de Santiago será coma o de Ourense, e o de Ourense coma o de Sevilla"
'Os tempos e o clima de Galicia' (Xerais) debulla de forma didáctica os elementos máis importantes da meteoroloxía. Falamos cun dos seus autores, que destaca a "diversidade climática" que posúe Galicia e alerta de que "se non facemos algo xa, o incremento das temperaturas vai ser aínda moito máis rápido e perigoso"
Julio Abalde imponse por unha ampla marxe nas eleccións ao Reitorado da UDC
O actual reitor continuará no cargo catro anos máis, despois de derrotar a Fernando Martínez Abella por un 70,15% dos votos ponderados fronte a 29,85%. A participación foi máis baixa que no ano 2015 e roldou as cifras de 2011.
40 anos do outro 4 de nadal: o día que Galicia protestou contra os recortes no seu Estatuto de Autonomía
Máis de 100.000 persoas manifestáronse o 4 de nadal de 1979 convocadas polas forzas de esquerda en defensa dunha autonomía de primeiro nivel, despois de que o texto aprobado en Galicia fora descabezado no Congreso. Durante semanas Galicia mobilizouse contra a "aldraxe"
Casas de apostas pechadas polo Concello da Coruña reabren ao presentar unha autorización autonómica
En outubro o Goberno local ordenou a clausura dunha decena de establecementos por careceren de licenza municipal. Porén, case todos volveron abrir as súas portas valéndose dun permiso da Xunta co que xa contaban pero que non presentaran previamente.
A Xunta financia a introdución da criticada figura do coordinador parental nos divorcios con menores
O Goberno galego subvenciona o Servizo de Apoio Familiar impulsado pola Asociación de Pais e Nais Separados. Entidades feministas e de protección da infancia alertan sobre a desprotección que pode xerar nos casos de violencia de xénero e abusos non denunciados e denuncian a súa relación coa desacreditada 'Síndrome de Alienación Parental'
Galicia só recolle de forma separada o 15% dos seus residuos, catro puntos menos que a media estatal
As cifras galegas de recollida separada están a moita máis distancia dos datos de Euskadi e Navarra (39%) ou Cataluña (34%) e mesmo Asturias (26%), e permanecen estancadas dende hai máis dunha década. O destino principal dos residuos mesturados é a incineración. Sogama só recupera o 5% dos residuos que xestiona.