A Audiencia de Madrid recoñece que as esculturas do Mestre Mateo son do Concello de Santiago, pero seguirán en poder dos Franco
O xuíz desestima o recurso presentado polo Concello contra a sentenza emitida en febreiro por un tribunal de primeira instancia. O novo ditame deixa claro que as estatuas son de propiedade municipal, pero sinala que non queda suficientemente acreditado que sexan as mesmas que están en poder dos herdeiros do ditador.
A lagoa de Antela reclama o seu lugar 60 anos despois
Máis de dúas mil hectáreas de terreo ficaron baixo a auga na Limia, como consecuencia da fortes chuvias das últimas semanas. Este renacemento temporal da lagoa chega 61 anos despois dos inicios das obras de desecamento, impulsadas polas autoridades franquistas.
As autoestradas Sevilla-Cádiz e Tarragona-Alacante quedan libres de peaxe 28 anos antes de que o faga a AP-9
A AP-4 foi inaugurada no ano 1971 e regresa á xestión pública 49 anos despois, mentres que o treito da AP-7 está en funcionamento dende 1974, hai 46 anos. A AP-9 entrou en servizo en 1979 e a súa concesión chegará ata o 2048, sumando 69 anos.
Nin Lalín, nin Agolada, nin Chantada: o centro xeográfico de Galicia está en Antas de Ulla
O Instituto Xeográfico Nacional emitiu un informe, tras unha solicitude do Instituto de Estudos Ulloáns, que calcula con exactitude a súa localización, que se situaría no lugar de Nugallás.
...e As Brañas e A Xunqueira volveron inundarse
Galicia volveu sufrir este mércores importantes inundacións. Entre as zonas máis afectadas están As Brañas e A Lagoa (Sada) ou A Xunqueira (Pontevedra). Reclámase atender ao que a toponimia nos di sobre os lugares de construción e tamén "desasfaltar" as zonas urbanas, apostando por solos permeables
Concellos e propietarios rurais reciben só o 5% da facturación dos parques eólicos galegos
O Observatorio Eólico de Galicia publica un informe que analiza o impacto dos aeroxeradores nas economías locais e propón varias medidas para que reciban máis beneficios. Dos 700 millóns xerados en 2017, só o 5% ficou nas localidades nas que se instalan os parques
O Museo do Pobo aposta pola enerxía xeotérmica para alimentar a calefacción do edificio
No marco das obras de adecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para o uso do Museo, lévanse a cabo nestes momentos sondaxes que permitirán en breve aproveitar a enerxía xeotérmica para producir calor e frío de xeito sostible.
- Entrevista | Pablo López
- Ciencia e tecnoloxía
Boísimo: a gastronomía como innovación e cultura e como "elemento vertebrador do territorio"
Este martes botou a andar este portal de cultura gastronómina, impulsado por GCiencia co apoio da Deputación da Coruña. A web fará ficapé na innovación ligada aos produtos de alimentación, parte esencial da cultura dun país, e contará con achegas de cociñeiros e cociñeiras galegas
- Obituario | Camilo de Dios Memoria antifranquista
- Acontece
Morre Camilo de Dios, o derradeiro guerrilleiro galego
Faleceu en Sandiás con 86 anos. Con só 15 botouse ao monte e participou nas accións armadas do maquis, sendo encarcerado un ano despois. Nos anos 60 e 70 participou na reconstrución do Partido Comunista en Galicia e das Comisións Campesiñas, sendo detido e torturado novamente.
O Concello da Coruña intervén temporalmente Nostián para asegurar o servizo de tratamento de lixo
O Goberno local dálle un prazo de tres días á empresa concesionaria Albada para que abandone a súa negativa a tratar os residuos procedentes dos restantes concellos da comarca e anule o ERTE presentado, que afectaba a 40 traballadores. De non facelo, a planta será intervida polo Concello durante 8 meses
A xubilación da derradeira xinecóloga do COF da Coruña reabre o debate sobre o "desmantelamento" destes centros
Se a súa praza non é cuberta, toda a área sanitaria coruñesa (40 concellos) ficaría sen atención á saúde sexual e reprodutiva. Marea Atlántica e Grupo Común da Esquerda denuncian que é "un paso máis na dinámica xeral de precarización dos servizos sanitarios, sobre todo dos que benefician ás mulleres"
Rosalía xa é unha estrela (e o río Sar un exoplaneta)
A proposta da Agrupación Ío foi a máis votada na convocatoria aberta pola Unión Astronómica Internacional. O astro é unha anana amarela (semellante ao Sol) situada a 240 anos luz na constelación de Ofiúco e visible con prismáticos en zonas con ceos escuros.