O Movemento Galego polo Clima celebra unha asemblea aberta para organizar novas accións e un encontro nacional
Na actualidade a plataforma está composta por 80 colectivos. O encontro terá lugar este sábado na Casa do Matadoiro de Compostela e debaterá un decálogo de propostas ás formacións políticas de cara as vindeiras eleccións ao Parlamento galego.
- Datos
- Acontece
Galicia volve perder o nivel dos 2,7 millóns de habitantes nos primeiros datos de 2019
Todas as comunidades autónomas incrementaron a súa poboación agás catro, entre elas a nosa. O saldo migratorio co estranxeiro é moi positivo, pero empeora o saldo con outras comunidades autónomas.
O mosteiro budista de San Amaro amplíase cun novo templo con capacidade para 500 persoas
Dende o ano 2008 funciona nesta localidade ourensá este centro, ao que todos os anos chegan persoas dende todo o mundo para a realización de retiros espirituais e cursos. As obras supoñen un investimento de 1,5 millóns de euros e abranguen a construción de varios edificios para hospedaxe e meditación.
Muras e Zobra, exemplos de boas prácticas en enerxía eólica
O Observatorio Eólico de Galicia traballa para que a riqueza xerada polos aeroxeradores fique nas comunidades rurais. Dentro das súas actividades, busca difundir os exemplos daqueles lugares nos que os concellos e axentes locais están a recibir un retorno máis xusto.
Pedro Sánchez preside xa o primeiro goberno de coalición dende a Segunda República
Non houbo sorpresas de última hora: o candidato socialista recibiu 167 votos a favor, 165 en contra e 18 abstencións nunha sesión de investidura marcada unha vez máis polos insultos de PP e VOX. O novo presidente xurará o seu cargo este mércores, pero a composición do Goberno non se fará oficial ata a próxima semana.
Contra os pisos turísticos ilegais: os que non amosen na rede o número de rexistro serán multados
A Xunta presentou a nova regulación para as vivendas de uso turístico, que se expoñen a multas de entre 900 e 9.000 euros se nas ofertas publicadas en Internet non acompañan o código que aparece no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas. Galicia suma 9.872 apartamentos turísticos legais.
O Incio reivindícase como a "terra do mamut", o único lugar de Galicia no que apareceron restos deste animal
Entre febreiro e marzo presentarase unha ruta de sendeirismo que despois de pasar por varios castros remata na canteira na que en 1961 se produciu o achado. Ademais, dende hai meses dúas grandes esculturas lembran a presenza no lugar desta especie, pouco común na Península Ibérica.
Só 42 concellos gañaron poboación na última década e 271 perderon habitantes
Dende o 2009 a poboación de Galicia descendeu en case 100.000 persoas, pero os cambios non foron homoxéneos, cunha parte do país sufrindo unha caída moi superior. Dozón perdeu o 40% do seu padrón na última década e outras seis localidades tiveron perdas superiores ao 30%.
Olladas a Cinegalicia tres décadas despois, no ano do triunfo de 'O que arde'
En novembro de 1989 a cultura galega viviu un fito histórico coa estrea simultánea en Vigo de Continental (Xavier Villaverde), Urxa (Carlos López Piñeiro e Alfredo García Pinal) e Sempre Xonxa (Chano Piñeiro). Varias iniciativas lembran aquel encontro con webs especiais, unidades didácitcas e relecturas realizadas por creadores/as de menos de 30 anos
A confianza da cidadanía na situación económica de Galicia é a máis baixa dende o 2014
A valoración da economía viuse abaixo no último trimestre, pasando dun valor de -11 a -19, sendo este o valor máis baixo en toda a actual lexislatura autonómica, a tan só uns meses da celebración de eleccións ao Parlamento galego.
- Datos
- Acontece
A Galicia do final da década: máis persoas maiores vivindo soas, máis mocidade que non pode marchar da casa familiar
Antes da crise, o 59% dos mozos e mozas entre 18 e 35 anos vivía cos seus pais e nais. Agora faino o 65%. De igual xeito, o IGE reflite que case 130.000 persoas de máis de 65 anos viven sós ou soas, con taxas de pobreza moi elevadas no caso das mulleres
- Entrevista | Vicente Feijóo
- Cultura
"A microtoponimia é o espello no que podemos ver a pequena historia de cada aldea. Cada nome está posto por algo"
Hai unha semana púxose en marcha a ferramenta dixital Galicia Nomeada, que busca recoller a microtoponimia tradicional e que anima á cidadanía a colaborar na iniciativa. Falamos co seu coordinador, que destaca que "somos un pobo que nos gusta poñerlle nome a todo, seguramente porque temos unha lingua tan rica"