A Coruña recupera a titularidade pública dos terreos da Solana
Todos os grupos, incluído o PP, votan a favor dunha modificación puntual do PXOM que protexe o espazo dunha hipotética privatización, como a que tentou levar a cabo a Autoridade Portuaria. O acordo reverte a manobra levada a cabo en 2013 polos populares, que modificaran a natureza pública deste solo
O gasto dos galegos en apostas presenciais baixa pero dispáranse os cartos que move o xogo online
No 2018 os depósitos nas apostas presenciais chegaron aos 122 millóns de euros, fronte aos 146 millóns de 2017. A marxe de ganancia para as empresas foi de 26,7 millóns. Porén, o xogo online pode estar a mover preto de mil millóns de euros cada ano en Galicia.
- Entrevista | Pilar Ponte
- Cultura
"A lingua non depende só da clase de Galego, senón que afecta a todas as materias"
Este luns botou a andar a edición 2020 de 21 días co galego e máis, unha iniciativa de promoción do uso da lingua que chega xa a 4.000 alumnos e alumnas e que naceu en 2014 na Pobra do Caramiñal da man da mestra Pilar Ponte, con quen falamos
O CES critica a falta de medidas concretas e orzamento da Lei de Impulso Demográfico proposta pola Xunta
O ditame do Consello Económico e Social afirma que no anteproxecto presentado "abundan meras declaracións de intencións e compromisos moi xenéricos, desvirtuándose o alcance real que tería que ter esta lei" e salienta sobre todo a ausencia de medidas de fomento económico e do emprego
Calendario científico escolar: ciencia en galego para cada día do ano
O CSIC publicou un almanaque que inclúe efemérides relacionadas coa ciencia e a tecnoloxía, emprestando especial atención ao papel das mulleres e que se acompaña dunha guía didáctica. A UDC e os Museos Científicos Coruñeses encargáronse da súa versión galega.
- Entrevista | Movemento Galego polo Clima
- Movementos sociais
"A transición ecolóxica non é so unha cuestión ambiental, é unha cuestión social e económica"
O Movemento Galego polo Clima celebrou esta fin de semana unha asemblea aberta que consolidou a súa organización, escolleu catro voceiros e voceiras e fixou os seus obxectivos para este ano. Falamos con Kai Lois Baltrusch Montero.
'21 días co galego' chega xa a 4.000 estudantes e busca a participación das familias
Este luns comezou unha nova edición desta iniciativa lingüística nacida no ano 2013 no instituto da Pobra do Caramiñal. O proxecto chega xa a dez centros, onde o alumnado falará unicamente en galego durante tres semanas, dentro e fóra das aulas
O Consello de Contas advirte de que a maior parte dos concellos incumpren as súas obrigas medioambientais
Nun informe analiza as políticas desenvolvidas por todas as localidades de máis de 10.000 habitantes e conclúe que case todas elas suspenden no control da contaminación do aire, a contaminación luminosa e a contaminación acústica. A maioría das entidades locais carecen de normativa, persoal e actuacións de inspección
Unha sentenza do TSXG dá pulo aos convenios laborais que limitan a contratación a través de ETTs
O ditame desestima a protesta de Asempleo, a patronal do sector de Empresas de Traballo Temporal, contra o convenio provincial de limpeza de edificios da Coruña. A CIG celebra que a decisión "crea un precedente importante" para futuras negociacións
A Coruña das Mulleres: deitando luz sobre a historia invisibilizada da cidade
A AC Alexandre Bóveda lanza unha web que busca construír, de modo colectivo e cooperativo, un fondo documental, gráfico e audiovisual sobre a memoria feminina da cidade da Coruña. Dende as cigarreiras, ás lavandeiras, pasando polas artistas, científicas, futobolistas ou a primeira camioneira do Estado
Varios puntos de abastecemento de auga potable da Limia superaron dende o 2017 os niveis máximos de nitratos
A SGHN solicitou os datos das análises realizadas pola Xunta, que constatan que a auga para consumo humano tivo en varias das medicións unha concentración superior aos 50 mg/litro, o máximo permitido pola UE. A entidade esixe que as administacións actúen ante un problema de "saúde pública".
Peóns, ciclistas e motoristas representan xa o 40% das mortes nas estradas galegas
No 2019 o número total de vítimas reduciuse de 104 a 90, pero a cifra de falecementos entre estes "colectivos vulnerables" aumentou ata aos 36. O número de peóns que morreron nas estradas galegas pasou de 14 a 20 no último ano