- Datos
- Economía
A metade das pensións de xubilación en Galicia son inferiores aos 700 euros mensuais
O importe medio das pensións galegas é o segundo máis baixo de todo o Estado, superando unicamente a Estremadura. O 50% non chegan a 706 euros mensuais e o 66% fica por debaixo dos 959 euros mensuais, unha porcentaxe que nas mulleres chega a ser do 78%
"Está en xogo o futuro de Ourense, estamos a tempo de facer as cousas ben coa Intermodal"
Varios centos de persoas manifestáronse este martes convocadas pola plataforma Tren Digno Ourense, rexeitando a solución escollida para a construción da estación intermodal. Anúncianse novas mobilizacións e pídenlles a Concello, Xunta e Fomento que escoiten "o criterio técnico"
Nais e pais do colexio apuntalado en Sarria critican á Xunta pola reaparición dos mesmos problemas detectados en 2011
O Goberno galego asegura que a partir do luns 3 de febreiro se poderán retomar as clases nunha instalacións provisionais. Porén, as familias e o Concello esixen que se dea unha solución definitiva ás deficiencias do centro, como recomendan tamén os informes técnicos
A Xunta rexeita o proxecto mineiro de Touro despois de dous anos de mobilizacións
O Goberno galego emite unha declaración de impacto ambiental negativa baseada nos varios informes técnicos que desaprobaban o intento da multinacional Atalaya Minig de reactivar a mina a ceo aberto. A 'Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino Non' destaca: "estamos pletóricos, eufóricos, contentísimos de que despois de dous anos por fin se nos dese a razón"
O Eixo Atlántico alerta da "desertización demográfica" no interior da Eurorrexión e pide "medidas correctoras"
Tanto Galicia coma a Rexión Norte de Portugal perden poboación e sofren un importante envellecemento, cun despoboamento que afecta sobre todo ás zonas rurais. O informe, publicado este martes, pide reflexión e medidas correctoras e alerta dos efectos sobre a economía e tamén sobre o territorio, incluído o maior risco de incendios forestais
O SLG propón dez medidas para "revitalizar o rural", reivindicando o seu papel como produtor de alimentos
O sindicato difundiu este luns un decálogo que fará chegar aos partidos galegos con representación no Congreso. Reclama mellores prezos para os produtores, compra pública de proximidade, incentivos para a incorporación da mocidade, aumento das pensións de xubilación e mellores servizos públicos para o rural
O relator da ONU sobre pobreza visita Galicia para avaliar a situación das persoas en exclusión social no rural
Philip Alston, experto en dereitos humanos das Nacións Unidas, percorrerá España nas dúas vindeiras semanas. Este martes manterá encontros en Compostela, Silleda e Monfero, facendo fincapé no estado das persoas pobres ou con discapacidades do ámbito rural.
"A nosa mobilización busca a Intermodal digna que Ourense merece. A solución escollida é un desastre"
Falamos cunha representante da plataforma Tren Digno, que dende hai máis de dous anos traballa na cidade a prol dunha estación intermodal que axude a solucionar os actuais problemas de conexión entre os barrios da Ponte e o Vinteún e que xestione de forma axeitada o crecente tráfico rodado na zona.
Adeus, Ofimático. Ola, barrio de Xuxán
'Xuxán' podería ser a denominación escollida polo Concello da Coruña para dar nome ao novo barrio da cidade herculina. Trátase dun dos topónimos tradicionais do lugar, recollido nun informe por Iván Méndez, técnico do seminario de Onomástica da RAG. Falamos con el.
Abadín elimina, tras denunciar a Fiscalía, a barreira que impedía a unha muller entrar na casa dende hai seis anos
A Fiscalía abriu unha investigación para determinar se ao alcalde, José María López Rancaño (PP), se lle podía imputar un delito de prevaricación por omisión. O rexedor ignorou durante seis anos a petición de que fose retirada unha barreira arquitectónica que dificultaba o acceso a unha xubilada en cadeira de rodas.
Abel Caballero rexeita crear unha zona de baixas emisións porque "todo Vigo é xa ‘Vigo Central’"
O alcalde afirma que "na loita contra o cambio climático, esta cidade é pioneira e vangardista”. Vigo Histórico cuestiona que o proxecto de construción dun túnel subterráneo na Porta do Sol para favorecer o tránsito de vehículos contradí os obxectivos da delcaración de emerxencia climática.
A Xunta realizará obras de reforzo no colexio de Sarria pero as familias esixen "unha solución integral" e non "parches"
Nais e pais convocan unha manifestación este venres e esixen "concreción" á Consellería de Educación. O alumnado será trasladado mentres duren os traballos. O informe técnico que analizou os problemas do inmoble non atopa "riscos inmediatos" pero recomenda "actuacións de cara a rixidizar a estrutura"