O Concello da Coruña intervén temporalmente Nostián para asegurar o servizo de tratamento de lixo
O Goberno local dálle un prazo de tres días á empresa concesionaria Albada para que abandone a súa negativa a tratar os residuos procedentes dos restantes concellos da comarca e anule o ERTE presentado, que afectaba a 40 traballadores. De non facelo, a planta será intervida polo Concello durante 8 meses
A xubilación da derradeira xinecóloga do COF da Coruña reabre o debate sobre o "desmantelamento" destes centros
Se a súa praza non é cuberta, toda a área sanitaria coruñesa (40 concellos) ficaría sen atención á saúde sexual e reprodutiva. Marea Atlántica e Grupo Común da Esquerda denuncian que é "un paso máis na dinámica xeral de precarización dos servizos sanitarios, sobre todo dos que benefician ás mulleres"
Rosalía xa é unha estrela (e o río Sar un exoplaneta)
A proposta da Agrupación Ío foi a máis votada na convocatoria aberta pola Unión Astronómica Internacional. O astro é unha anana amarela (semellante ao Sol) situada a 240 anos luz na constelación de Ofiúco e visible con prismáticos en zonas con ceos escuros.
A Xunta deixa fóra o ensino do portugués na convocatoria de prazas docentes
Entre as 2.036 prazas docentes anunciadas ningunha é da especialidade de lingua portuguesa. A Lei Paz Andrade, aprobada no 2014, instaba ao Goberno galego a un "aumento constante e regular do número de prazas da especialidade". O colectivo de Docentes de Portugués, A Mesa, Agal e AGLP reclaman a súa inclusión na convocatoria definitiva
Un belén que denuncia que "as aldeas non desaparecen, estanas matando"
Este ano os nacementos instalados nas parroquias do Val do Xestoso, que adoitan conter mensaxes críticas, fan fincapé no abandono do rural. O crego Luis Rodríguez Patiño, que hai dúas semanas criticou o posicionamento da Conferencia Episcopal contra o pacto PSOE-Unidas Podemos, conclúe que "unha aldea calada é unha aldea esquecida"
Os resultados do Cumio Climático: entre o avance simbólico e o fracaso total
Fronte ao lema elixido de "tempo de actuar", a declaración final en esencia atrasa ata o 2020 calquera tipo de decisión importante para reducir as emisións contaminantes. ADEGA cualifica COP25 como "un novo fracaso na loita contra o Cambio Climático". Mentres, o Goberno central destaca o mantemento dos consensos previos
Santiago amplía a moratoria aos novos pisos turísticos, que seguen multiplicándose en toda Galicia
En Santiago aumentaron un 32% no último ano e o crecemento foi aínda máis importante en Vigo ou Ourense, ou en vilas como Baiona. Os propietarios de vivendas turísticas presionan para que as administracións eliminen as trabas á súa expansión.
- Datos Dereito á vivenda
- Economía
Os alugueiros nas cidades galegas pechan o ano mantendo a escalada de prezos: un 15% máis dende o 2016
Os prezos medraron un 5% en 2019. No centro da Coruña e Vigo o encarecemento supera o 20% en dous anos, con aumentos medios por riba dos 100 euros nalgúns barrios.
Un recheo con 3.000 camións de area pon en perigo o zosteral de Sada, clave para a reprodución de especies mariñas
Os zosterais son praderías mariñas fundamentais para a alimentación, protección e reprodución de numerosas especies, como a xiba e peixes de gran valor económico. Organizacións ecoloxistas denuncian o proxecto, que busca ampliar a praia
O TSXG elixe a súa primeira presidenta de sala, aínda que as mulleres levan anos sendo maioritarias na xudicatura
En Galicia hai un 58% de xuízas, que son a gran maioría (77%) entre os maxistrados e maxistradas de menos de 40 anos. Porén, os homes seguen predominando no TSXG, nas Audiencias Provinciais e en órganos coma o Supremo ou a Audiencia Nacional
De Zeltia á Granxa de Barreiros: Antonio Fernández López, homenaxeado no 'Día da Galeguidade Empresarial'
Participou na creación de empresas como Frigsa ou Pescanova, apoiou a constitución da Editorial Galaxia ou a Fundación Penzol e creou o innovador Colexio Fingoi e a Granxa de Barreiros, destinada a fomentar a información e capacitación do campesiñado galego.
A couza da pataca entra en Bergantiños, unha das zonas de maior produción
A finais de novembro o insecto foi detectado en dúas parroquias da Laracha e nunha de Carballo, onde xa se prohibiu a plantación e comercialización do tubérculo. A comarca é a segunda de Galicia con maior produción. En cambio, a Xunta declarou libres da praga a nove concellos do norte da Coruña e Lugo