- Datos O futuro do galego
- Cultura
O galego, cada vez menos unha lingua de berce e máis unha lingua de elección
Este venres é o Día da Lingua Materna. Na actualidade, a lingua materna máis habitual en Galicia segue a ser o galego, pero por debaixo dos 50 anos hai xa máis persoas que "aprenderon a falar" en castelán. O futuro do idioma pasa en boa medida polas e polos neofalantes e pola súa decisión de falar en galego
O profesorado toma a iniciativa na defensa dos dereitos das persoas LGBT
Este xoves presentouse a Rede Educativa de apoio LGBTIQ+ de Galicia, formada por mais de 200 persoas, maioritariamente docentes do ensino público. En 25 centros están constituídos equipos de apoio, que realizan actividades de sensibilización, coñecemento e concienciación sobre a diversidade afectivo-sexual e de xénero.
"O prezo dos alugueiros obriga o estudantado a marchar á periferia de Santiago ou a vilas limítrofes"
O sindicato estudantil Anega presentou a campaña 'Vivenda digna e accesible xa', na que denuncia o incremento dos prezos na cidade e as malas condicións dos inmobles. Alerta sobre o efecto das vivendas de uso turístico e de que a tendencia á alza se incrementará durante o Xacobeo.
Labregos e gandeiros reclaman a Xunta e Goberno central "cambios lexislativos" para frear a crise do rural
Unións Agrarias concentrouse este mércores na Coruña para esixir o establecemento de "prezos xustos por lei" e rematar cos abusos da industria. Ademais, chaman a un "empoderamento dos agricultores e gandeiros", pois "somos un actor clave no futuro da sociedade, pero non somos valorados como tal".
As traballadoras que cursaron o bacharelato gañan menos que os traballadores con estudos primarios
UGT publica un estudo sobre a fenda salarial de xénero que alerta de que a diferenza entre os soldos de homes e mulleres se sitúa xa en Galicia nos 5.488 euros anuais. As mulleres galegas cobran cada hora dous euros menos que os traballadores varóns: 12,63 fronte a 14,65 euros
- Interactivo Galegas 2020
- Política
Os dous últimos cambios de Goberno na Xunta coincidiron cunha gran mobilización nas zonas urbanas
No 2005 PSdeG e BNG incrementaron notablemente os seus apoios nas cidades e grandes vilas, e o mesmo fixo o PP no 2009. O voto urbano, máis cambiante que o das zonas rurais, pon e quita gobernos e semella que será decisivo nos comicios do vindeiro 5 de abril.
A denuncia do clientelismo na Deputación volve marcar o debate político en Ourense
O PSdeG denuncia a Baltar ante o Consello de Contas e pedirá unha Comisión de Investigación polo "reparto a dedo" de 7 millóns de euros a través da fragmentación "presuntamente irregular" de contratos. PP e Democracia Ourensana propoñen que os tribunais de oposicións volvan ser designados directamente e non por sorteo.
O alumnado da escola de deseño Mestre Mateo reinterpreta a bata cruzada, "prenda icónica" das mulleres galegas
A sede coruñesa de IKEA, que colabora no proxecto, acolleu a presentación dos 30 deseños realizados polos alumnos e alumnas do centro, que fai fincapé no carácter "recoñecible e funcional" dos mandilóns, que "forman parte do día a día dos fogares galegos"
Extel cede ante as traballadoras e a derrogación dos 'despedimentos por enfermar'
A empresa de telemarketing despediu a catro empregadas na Coruña valéndose desta posibilidade, que o Executivo vai derrogar este martes. A empresa viviu varias folgas masivas por este motivo nos últimos meses.
Unha investigación aposta pola labranza e o pastoreo nos montes galegos para previr os incendios
O traballo, do que é coautora a catedrática da USC Rosa Mosquera, conclúe que nos lugares que máis desenvolven sistemas agroforestais e de pastoreo hai menos lumes que nas áreas de usos exclusivamente forestais ou de mato. Así mesmo, destaca que axudan a conservar a biodiversidade e os solos e contribúen á fixación de poboación no rural
1946: O día que as mulleres de Escairón se enfrontaron á Garda Civil para protexer a súa colleita
O Concello do Saviñao lembrará este 8 de marzo a 'Revolta do Centeo', na que 500 mulleres da vila tentaron impedir que as autoridades franquistas levasen da vila as súas reservas de cereal.
"Parecía que os nosos problemas como inquilinos eran individuais, pero convertémolos nunha loita colectiva"
A Coruña acolle este sábado un encontro sobre dereito á vivenda, que reflexionará sobre o problema da suba dos alugueiros, a presenza na cidade de fondos voitre ou a cuestión dos pisos baleiros en poder de entidades financieiras. Falamos con representantes do Sindicat de Llogaters de Barcelona e do Sindicato de Inquilinas de Madrid, que participan no encontro