A xustiza europea abre a porta a que os tribunais españois recoñezan o carácter abusivo do índice hipotecario IRPH
O Tribunal da UE dálles a razón aos afectados, pero deixa a decisión en mans de cada xuíz, que deberá decidir en cada caso. Ao redor de 30.000 persoas en Galicia (un millón en todo o Estado) víronse prexudicadas por un mecanismo que encarecía as hipotecas entre 100 e 300 euros ao mes.
O Sergas reforza o persoal para facer probas do coronavirus, con Galicia aínda sen afectados pola doenza
No Estado español hai xa máis de 120 casos confirmados, pero Galicia é unha das tres comunidades autónomas (xunto con Murcia e Aragón) nas que aínda non se detectou ningún positivo. En calquera caso, para contextualizar o impacto real, cómpre lembrar que a gripe mata cada ano varias ducias de persoas en Galicia e motiva o ingreso hospitalario de máis de mil.
Os coidados seguen sendo das traballadoras: do 75% das xornadas parciais ao 92% das excedencias para atender crianzas
Un informe de CC.OO. pon datos á "dobre xornada laboral" das mulleres, que "levan as de perder na fenda salarial porque os seus traballos son peor remunerados e contabilizan menos horas". "As causas están nas tarefas e coidados da familia e o fogar, que establecen ese patrón tan difícil de romper", sinala o estudo
O colexio apuntalado en Sarria leva as clases á rúa para criticar as aulas "terceiromundistas" ofrecidas pola Xunta
A Plataforma en Defensa do Frei Luis de Granada criticara a negativa da Consellería de Educación a permitir que as aulas foran visitadas "polos medios de comunicación e pola cidadanía". Por ese motivo, construíu unha réplica no Malecón da vila para denunciar as "pésimas condicións" que sofren nenos e nenas
O descoñecemento do léxico galego incrementa as procuras no dicionario de palabras sen equivalente claro no castelán
A revista Cadernos de Lingua analiza que é o que máis inflúe no número de procuras no Dicionario da RAG, destacando que os principais factores externos son a circulación dun termo nos medios de comunicación e no mundo escolar. Nos últimos anos entradas como afouteza, teimudo, sapoconcho ou chimpín estiveron entre as máis consultadas
"Sen nós, o mundo para", o berro das mulleres galegas dende Verín para todo o país
Unha manifestación masiva tomou as rúas da vila ourensá reclamando o recoñecemento do traballo de coidados, realizado de forma "invisible" polas mulleres. Na marcha estivo moi presente a defensa da sanidade e dos servizos públicos, ao fío da mobilización que conseguiu evitar o peche da sala de partos de Verín
Persoal investigador galego únese para loitar "pola dignificación do sector" e demanda máis investimento en ciencia
Medio cento de investigadores e investigadoras constituíron Investigal-Rede Galega pola Investigación. A entidade reclámalle ao Goberno Galego que "supere o atraso económico ao que está sometendo á sociedade e se coloque á vangarda internacional, entendendo a investigación como un motor de enriquecemento do país"
As mobilizacións do 8M comezan este domingo en Verín coa manifestación unitaria do feminismo galego
A convocatoria da manifestación nacional incide este ano no traballo "invisible" dos coidados, realizado maioritariamente por mulleres, sen remuneración económica e moitas veces sen recoñecemento social. "Sen coidados non hai vida" será o seu lema. O 8 de marzo haberá marchas en todas as cidades e vilas do país.
"Nos locais nocturnos acábanse normalizando comportamentos que non se poden aceptar. Son acosos"
A asociación 85C está a poñer en marcha, en colaboración con locais da cidade de Vigo, un protocolo de actuación contra as violencias machistas que se producen no ocio nocturno. O 60% das mulleres que responderon a un dos seus cuestionarios afirmou ter sufrido algún tipo de acoso
Iglesias e Gómez Reino chaman a acadar en Galicia o cambio que xa se produciu no Goberno do Estado
No Palexco da Coruña Galicia en Común lanzou a súa candidatura, nun mitin no que Pablo Iglesias e Yolanda Díaz subliñaron as medidas impulsadas nas últimas semanas polo Goberno progresistas. "Cando a xente de mobiliza, claro que se pode gañar", dixo Gómez-Reino
Case 20.000 persoas agardaron máis de 3 meses por probas diagnósticas no Sergas o pasado ano
As probas máis habituais con lista de espera son as radiolóxicas, que representan oito de cada dez. Nelas, a espera media mantense estable nos últimos anos, ao redor dos 60 días. Vigo é a área sanitaria na que hai que agardar máis
'As pequenas cousas', os obxectos cotiáns que gardaron a memoria da represión franquista
Este sábado inaugúrase no Museo do Pobo Galego a exposición ‘As pequenas cousas’, composta por obxectos, documentos, cartas e fotografías de persoas perseguidas pola ditadura. Falamos con Ana Estévez