Os intercambios en custodias compartidas deben manterse durante o confinamento, agás as visitas intersemanais
A Xunta de Xuíces de Familia de Vigo adoptou unha serie de criterios orientativos para os proxenitores, que son quen deben acordar o réxime nestes días, sinalando que as visitas deben manterse, pero aconsellando suprimir as que se realizan no medio da semana sen pernoita. Piden que se valore, por riba de todo, o "ben superior dos menores"
Os sindicatos acusan de "deslealdade" á sanidade privada por "pechar" no medio da crise e piden que os Gobernos interveñan
UGT e CIG pídenlle á Consellería que obrigue os hospitais a "manter as súas traballadoras e traballadores", poñendo os seus recursos materiais e humanos "a disposición do sistema sanitario público". HM está a desfacerse de persoal a través da non renovación de contratos e pedíndolles que tomen agora as súas vacacións
- Datos Coronavirus
- Acontece
O número de persoas hospitalizadas polo coronavirus en Galicia achégase ás 500, con 69 na UCI
A cifra total de positivos é de 1.598, 224 máis que o día anterior, o que significa un ascenso do 16%. Por primeira vez Vigo é a área que presenta máis casos, con 396. Houbo xa 30 mortes, as últimas na Coruña e Pontevedra.
Critican que a Xunta inclúa a caza entre as excepcións ao confinamento
Dende este domingo en Galicia poden autorizarse accións de caza de especies cinexéticas nunha serie de supostos. ASCEL acusa o Goberno galego de practicar un "trato de favor" en relación co colectivo de cazadores.
Dez consellos para pasar mellor o confinamento (e outros tantos para desinfectar a túa casa)
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración co Colexio Oficial de Farmacéuticos/as da Coruña, vén de publicar un decálogo de consellos "para axudar a levar mellor esta emerxencia sanitaria". Chaman a organizar rutinas, manter unha actitude positiva cara ás demais persoas, manter o contacto telemático con amizades e familia e a informarse só de fontes fiables
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia supera por primeira vez o 25% de persoas maiores de 65 anos, as máis ameazadas polo coronavirus
Tan só 12 concellos teñen máis poboación menor de 20 anos que maior de 65 e na provincia de Ourense a porcentaxe de poboación maior supera o 31%. O 17% dos maiores de 80 anos contaxiados da Covid-19 morre e máis do 50% deben ser ingresados no hospital
A selectividade fixa a primeira semana de xullo como data máis probable e descártase a súa suspensión
Este mércores os responsables de Educación das comunidades autónomas e do Ministerio estenderán previsiblemente a data límite para a realización das probas. Celso Rodríguez (representante da USC na CiUG) é tallante: "gustaríame que se fixesen canto antes, pero calquera cousa é mellor que a súa supresión"
Máis de 240.000 persoas pasan soas o confinamento en Galicia, a metade con máis de 65 anos
Moitos concellos puxeron en marcha medidas para atender nos seus domicilios a persoas con necesidades diversas, e tamén funcionan redes de voluntariado e programas de acompañamento telefónico. 80 mil familias galegas pasan o confinamento cos seus fillos e fillas en vivendas de menos de 75 metros cadrados
As traballadoras da residencia de Celanova con 24 casos de coronavirus reclaman a axuda urxente das administracións
13 residentes e 11 traballadoras deron positivo trala morte dunha das internas. Este domingo e luns as únicas catro empregadas non contaxiadas tiveron de facerse cargo de 54 persoas. Alertan de que se non reciben axuda e máis persoal, está en risco a saúde de todas as internas.
Onde se confinan as persoas sen fogar? Os concellos habilitan albergues e pavillóns para acollelas
Calcúlase que 1.200 persoas dormen habitualmente na rúa en Galicia, unha cifra que Cáritas duplica. Ademais dos albergues, que deben permanecer abertos, concellos coma A Coruña, Lugo, Vigo ou Vilagarcía abriron pavillóns deportivos para aloxar estas persoas.
A superficie dedicada a terras de cultivo en Galicia descendeu 35.000 hectáreas na última década
Dende o 2008 as terras agrarias pasaron de 475.560 a 440.380 hectáreas, unha caída equivalente a 50.000 campos de fútbol. Tamén caeu a superficie de prados e pasteiros, mentres medraba en 41.000 hectáreas a forestal. A Terra Chá foi a comarca na que máis se reduciron as terras de cultivo
As residencias de maiores galegas rexistran case medio cento de positivos por coronavirus
Están infectadas 30 persoas residentes, que preocupan pola súa avanzada idade, e 14 traballadoras. A situación que máis preocupa é a dun centro de Celanova, con 24 casos, pero hai tamén en Compostela, Vigo ou Caldas. O persoal denuncia a falta de materiais de protección