A superficie dedicada a terras de cultivo en Galicia descendeu 35.000 hectáreas na última década
Dende o 2008 as terras agrarias pasaron de 475.560 a 440.380 hectáreas, unha caída equivalente a 50.000 campos de fútbol. Tamén caeu a superficie de prados e pasteiros, mentres medraba en 41.000 hectáreas a forestal. A Terra Chá foi a comarca na que máis se reduciron as terras de cultivo
As residencias de maiores galegas rexistran case medio cento de positivos por coronavirus
Están infectadas 30 persoas residentes, que preocupan pola súa avanzada idade, e 14 traballadoras. A situación que máis preocupa é a dun centro de Celanova, con 24 casos, pero hai tamén en Compostela, Vigo ou Caldas. O persoal denuncia a falta de materiais de protección
- Reportaxe Coronavirus
- Ciencia e tecnoloxía
Isabel Zendal, a enfermeira galega á que lle debemos a difusión da vacina que erradicou a varíola
Nacida en Ordes en 1773, foi a encargada de coidar os 22 nenos orfos que en 1803 transportaron nos seus corpos a vacina da varíola a América e Asia. En 1950 a OMS recoñeceuna como a primeira enfermeira da historia en misión internacional
Feijóo sitúa os materiais de protección como a prioridade do seu Goberno e anuncia a chegada de 8 millóns de máscaras
O presidente da Xunta revela que Galicia gasta 250.000 máscaras cada sete días e que o Sergas ten reservas para dúas semanas. Advirte tamén sobre a falta de batas e tests e alerta de que "a presión asistencial que imos soportar a finais desta semana vai ser moi dura". Critica o reparto de recursos económicos pero di que "non é o momento de esixir responsabilidades"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia chega ás 260 persoas hospitalizadas polo coronavirus, 33 delas na UCI
O número total de casos de casos confirmados é de 885. Nas últimas horas producíronse dous novos falecementos, sumando xa 14. Tamén aumentaron as altas, un total de 16, con dez novos pacientes recuperados. A Coruña, con 226, segue sendo a área sanitaria con máis casos, pero medra a incidencia en Vigo, con 220
O estado de alarma polo coronavirus prorrogarase cando menos 15 días máis
A medida, que deberá ser aprobada polo Congreso, manterá o confinamento obrigatorio e a limitación de movementos ata o remate da Semana Santa. Núñez Feijóo criticoulle ao Goberno central a falta de equipos de protección
- Entrevista Coronavirus
- Acontece
"Ir ao súper non é unha escusa para saír da casa. Pedimos que a xente merque para varios días"
Falamos cun empregado dun Carrefour de Vigo, que explica a situación na que está a traballar. "Hai persoas que son moi comprensivas e agradecidas. Pero hai outra xente que pensa que fai caso omiso ás advertencias", sinala. Pide, ademais, que as empresas non abran os domingos, como permitiu a Xunta.
A planta de Alu Ibérica na Coruña pecha 14 días por precaución trala morte por coronavirus dun ex-traballador
A decisión foi adoptada despois de coñecer o falecemento polo Covid-19 de José Luis Paz Pena, ex-presidente do comité de empresa, de 75 anos e xa xubilado, pero que nos días anteriores estivera en contacto con varios traballadores.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O número de persoas hospitalizadas polo coronavirus en Galicia chega a 194, 28 delas en UCI
Nas últimas horas producíronse tres novos falecementos, sumando un total de 12 mortes. A cifra total de positivos ascende a 721, dos que a maioría (527) se atopan nos seus domicilios. A Coruña segue sendo a área con máis casos, seguida de Vigo e Pontevedra
O 65% da produción eléctrica xa é renovable en Galicia, que segue exportando enerxía malia a fin do carbón
O peso total das renovables no noso país pasou do 55% ao 65% no último ano, grazas ao crecemento da eólica, que xa representa o 35% do total. En cambio, as térmicas de carbón pasaron de achegar o 33% a producir menos do 10%. Mesmo eliminando esta parte, Galicia seguiría a ser excedentaria
- Reportaxe Coronavirus
- Ciencia e tecnoloxía
As outras epidemias que Galicia sufriu na súa historia: das pestes ao cólera ou á 'gripe española'
Foron moitas as epidemias sufridas por Galicia, dende a peste negra de 1348 a todas as sucesivas epidemias de peste (coma a de 1517 en Compostela ou a de 1566 que afectou a todo o país). Nos séculos seguintes foron moi duras as da varíola e o cólera (no XIX). E en 1918 a da gripe, que matou 50 millóns de persoas en todo o mundo
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os casos de coronavirus seguen medrando en Galicia, con 157 persoas hospitalizadas, 19 delas en UCI
En total hai 568 casos activos, fronte aos 444 do xoves. Con todo, a maioría presentan síntomas leves, con 411 infectados nos seus domicilios. Nas últimas horas producíronse tres novos falecementos de persoas que enfermaron polo coronavirus, elevando a 8 a cifra total. Foron un home de 89 anos de Monforte, unha muller de 93 anos de Ourense e un home de 70 anos da Coruña, con patoloxías previas