- Entrevista | Enfermeiras en Loita Coronavirus
- Acontece
"Hai que valorar o traballo do persoal sanitario todo o ano, non só cando pasan estas catástrofes"
Falamos con dúas enfermeiras de Ourense e Pontevedra para preguntarlles sobre a situación que se está vivindo nos hospitais. Reclaman máis equipos de protección, máis información e reforzos de persoal, pero ben planificados, para reducir os riscos de transmisión. E alertan da importante carga psicolóxica que están a soportar.
- Entrevista | Grupo de Apoio Mutuo Coronavirus
- Movementos sociais A Coruña
"Ademais dos problemas materiais ou de saúde, o confinamento incrementa a situación de soidade de moitas persoas"
Dende o pasado venres funcionan na Coruña 12 grupos de apoio mutuo nos distintos barrios, que agrupan a máis de 1.100 persoas. O obxectivo é detectar necesidades e axudar as persoas máis vulnerables. En cidades como Vigo, Ourense ou Pontevedra existen grupos semellantes
- Entrevista | Pilar Ponte Coronavirus
- Cultura
"Temos que estar na casa pero non podemos renunciar á vitalidade e, simplemente, agardar"
Nos últimos días botou a andar o portal Aulas Galegas, impulsado por un grupo de mestres e mestras para ofrecer recursos e materiais educativos en galego a rapaces e rapazas e ás súas familias. Falamos con Pilar Ponte (21 días co galego), unha das súas impulsoras
Salóns do libro, festivais de poesía e museos tornan virtuais para acompañar o confinamento
Entidades e eventos culturais están a poñer en marcha iniciativas para manter a súa actividade e, sobre todo, ofrecer contidos para as persoas que agora teñen que pasar moitas máis horas na casa, pensando sobre todo nos nenos e nenas
- Entrevista | Agustín Montes Coronavirus
- Ciencia e tecnoloxía
"As persoas que estiveron con algún caso positivo un par de días antes de enfermar deben extremar as precaucións"
Falamos con Agustín Montes, profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC para preguntarlle sobre as precaucións que debemos adoptar e sobre a posible evolución futura da doenza, á vista dos datos dos que dispoñemos actualmente.
Persoal en formación e profesionais xubilados reforzan o sistema sanitario ante o virus
Xunta e Goberno central están a tomar medidas para garantir o sostemento do sistema no marco da epidemia do Covid-19, tanto abrindo a posibilidade de adiar citas e procesos non urxentes como reforzando os recursos humanos e materiais dispoñibles, mediante a contratación excepcional de máis profesionais
Concellos e cidadanía activan redes de solidariedade para auxiliar a poboación vulnerable durante a crise do coronavirus
En pouco máis de 24 horas máis de 530 persoas inscribíronse na rede de voluntariado lanzada polo Concello da Coruña, cidade na que a veciñanza puxo en marcha 12 grupos de apoio mutuo a nivel dos barrios
O bus urbano pasa a ser gratuíto en Lugo polo virus e A Coruña impón medidas especiais de protección
Compostela tamén aplica medidas para evitar a proximidade entre pasaxeiros. Mentres, en Vigo o Comité de Empresa de Vitrasa esixe a aplicación de accións de prevención máis ambiciosas para protexer a condutores/as e usuarios/as
Galicia rexistra o seu terceiro falecemento polo coronavirus e suma 239 casos
Trátase dun home de 45 anos que tiña patoloxías previas e que estaba ingresado na Coruña. Dos casos activos, 9 permanecen en UCI, 49 están en unidades de hospitalización e 181 no domicilio.
Contos e Novo Cinema Galego de balde para pasar mellor o confinamento
A web de Novo Cinema Galego, que funciona como arquivo dos traballos deste movemento cinematográfico, propón un ciclo de 15 filmes para ver online. De igual xeito, o Festival Atlántica de narración oral está a colgar vídeos con contos "para nenos e maiores" dalgúns dos e das artistas da edición que tivo que ser suspendida.
O aplauso ao persoal sanitario e ao sistema público de saúde convértese no símbolo da loita contra o coronavirus
Todos os días ás 20 horas milleiros de persoas aplauden dende as súas casas aos traballadores e traballadoras do Sergas, recoñecendo o seu traballo. O persoal está a responder a estes agradecementos a través das redes sociais.
Máis preguntas e respostas sobre as restricións e peches para frear o coronavirus que atinxen a Galicia
Todas as tendas de alimentación poden permanecer abertas con normalidade, tamén as áreas dos centros comerciais dedicadas á venda de alimentos. Bares e cafeterías teñen que pechar agás para entregas e envíos a domicilio. Recompilamos as medidas xa vixentes para frear o virus, engadindo as estipuladas na declaración de estado de alarma por parte do Goberno central