- Datos Galegas 2020
- Política
A participación electoral nas zonas urbanas baixa entre 8 e 12 puntos nas eleccións galegas, penalizando a esquerda
Dende hai anos é habitual que a abstención medre nos comicios autonómicos nas cidades e grandes vilas, onde milleiros de persoas que si votan nas eleccións xerais fican na casa. Estas localidades son o principal caladoiro de votos das forzas de esquerda.
- Entrevista | Auga limpa xa
- Movementos sociais Ourense
"A situación na Limia é insostible. As integradoras, como Coren, deben asumir os custos da xestión dos xurros"
A plataforma veciñal Auga Limpa Xa! leva un ano reclamando unha moratoria na instalación de novas explotacións gandeiras intensivas e a correcta xestión dos residuos que producen as que xa están en funcionamento. Alerta de que este modelo non xera riqueza na comarca e reclama tamén "prezos xustos" para os gandeiros
As agresións sexuais con penetración aumentaron un 63% en Galicia no 2019
A cifra de violacións pasou de 57 casos en 2018 a 93 no 2019, mantendo a tendencia ascendente dos últimos anos (no 2017 rexistráranse 44). O número total de 'delitos contra a liberdade e indemnidade sexual', que inclúe abuso e acoso, pasou de 536 a 636, un incremento do 18%
- Datos As cifras do galego
- Cultura
O galego, cada vez menos unha lingua de berce e máis unha lingua de elección
Este venres é o Día da Lingua Materna. Na actualidade, a lingua materna máis habitual en Galicia segue a ser o galego, pero por debaixo dos 50 anos hai xa máis persoas que "aprenderon a falar" en castelán. O futuro do idioma pasa en boa medida polas e polos neofalantes e pola súa decisión de falar en galego
O profesorado toma a iniciativa na defensa dos dereitos das persoas LGBT
Este xoves presentouse a Rede Educativa de apoio LGBTIQ+ de Galicia, formada por mais de 200 persoas, maioritariamente docentes do ensino público. En 25 centros están constituídos equipos de apoio, que realizan actividades de sensibilización, coñecemento e concienciación sobre a diversidade afectivo-sexual e de xénero.
"O prezo dos alugueiros obriga o estudantado a marchar á periferia de Santiago ou a vilas limítrofes"
O sindicato estudantil Anega presentou a campaña 'Vivenda digna e accesible xa', na que denuncia o incremento dos prezos na cidade e as malas condicións dos inmobles. Alerta sobre o efecto das vivendas de uso turístico e de que a tendencia á alza se incrementará durante o Xacobeo.
Labregos e gandeiros reclaman a Xunta e Goberno central "cambios lexislativos" para frear a crise do rural
Unións Agrarias concentrouse este mércores na Coruña para esixir o establecemento de "prezos xustos por lei" e rematar cos abusos da industria. Ademais, chaman a un "empoderamento dos agricultores e gandeiros", pois "somos un actor clave no futuro da sociedade, pero non somos valorados como tal".
As traballadoras que cursaron o bacharelato gañan menos que os traballadores con estudos primarios
UGT publica un estudo sobre a fenda salarial de xénero que alerta de que a diferenza entre os soldos de homes e mulleres se sitúa xa en Galicia nos 5.488 euros anuais. As mulleres galegas cobran cada hora dous euros menos que os traballadores varóns: 12,63 fronte a 14,65 euros
- Interactivo Galegas 2020
- Política
Os dous últimos cambios de Goberno na Xunta coincidiron cunha gran mobilización nas zonas urbanas
No 2005 PSdeG e BNG incrementaron notablemente os seus apoios nas cidades e grandes vilas, e o mesmo fixo o PP no 2009. O voto urbano, máis cambiante que o das zonas rurais, pon e quita gobernos e semella que será decisivo nos comicios do vindeiro 5 de abril.
A denuncia do clientelismo na Deputación volve marcar o debate político en Ourense
O PSdeG denuncia a Baltar ante o Consello de Contas e pedirá unha Comisión de Investigación polo "reparto a dedo" de 7 millóns de euros a través da fragmentación "presuntamente irregular" de contratos. PP e Democracia Ourensana propoñen que os tribunais de oposicións volvan ser designados directamente e non por sorteo.
O alumnado da escola de deseño Mestre Mateo reinterpreta a bata cruzada, "prenda icónica" das mulleres galegas
A sede coruñesa de IKEA, que colabora no proxecto, acolleu a presentación dos 30 deseños realizados polos alumnos e alumnas do centro, que fai fincapé no carácter "recoñecible e funcional" dos mandilóns, que "forman parte do día a día dos fogares galegos"
Extel cede ante as traballadoras e a derrogación dos 'despedimentos por enfermar'
A empresa de telemarketing despediu a catro empregadas na Coruña valéndose desta posibilidade, que o Executivo vai derrogar este martes. A empresa viviu varias folgas masivas por este motivo nos últimos meses.