Iglesias e Gómez Reino chaman a acadar en Galicia o cambio que xa se produciu no Goberno do Estado
No Palexco da Coruña Galicia en Común lanzou a súa candidatura, nun mitin no que Pablo Iglesias e Yolanda Díaz subliñaron as medidas impulsadas nas últimas semanas polo Goberno progresistas. "Cando a xente de mobiliza, claro que se pode gañar", dixo Gómez-Reino
Case 20.000 persoas agardaron máis de 3 meses por probas diagnósticas no Sergas o pasado ano
As probas máis habituais con lista de espera son as radiolóxicas, que representan oito de cada dez. Nelas, a espera media mantense estable nos últimos anos, ao redor dos 60 días. Vigo é a área sanitaria na que hai que agardar máis
'As pequenas cousas', os obxectos cotiáns que gardaron a memoria da represión franquista
Este sábado inaugúrase no Museo do Pobo Galego a exposición ‘As pequenas cousas’, composta por obxectos, documentos, cartas e fotografías de persoas perseguidas pola ditadura. Falamos con Ana Estévez
Redondela declara o 'Ano das Mulleres de San Simón', en homenaxe á rede de apoio aos presos do campo de concentración
Todos os grupos políticos do pleno municipal aprobaron unha declaración que recoñece ás veciñas que "teceron unha rede solidaria" que "aliviaba o sufrimento de aqueles defensores do goberno constitucional, inxustamente encarcerados"
46 colectivos ecoloxistas apoian o labrego da Limia demandado por COREN polas súas críticas ás macrogranxas
A empresa demanda a Manuel García por un millón de euros por acusala nun programa de TVE de verter xurros contaminantes. A denuncia foi admitida a trámite polo xulgado de Xinzo, que convocou para este 2 de marzo un acto de conciliación. O movemento ecoloxista alerta de que a manobra só busca "amedrentar"
O impagamento das pólizas e o Brexit, novos obstáculos para que a aseguradora do Prestige aboe as indemnizacións
A aseguradora alega que a armadora non aboara as correspondentes pólizas do buque, polo que o seguro non sería responsable dos pagamentos. A asociación ecoloxista Arco Iris esíxelle ao Goberno central que embargue as propiedade da empresa antes de que se complete a saída do Reino Unido da UE
O Centro Xeográfico de Galicia, en Antas de Ulla, aspira a ser BIC como "paisaxe cultural"
O Instituto de Estudos Ulloáns solicita á Xunta a declaración deste punto como Ben de Interese Cultural. Así mesmo, propón que algunha administración pública adquira o terreo para a realización de visitas didácticas ao lugar
- Datos
- Acontece
Os accesos ás cidades galegas manteñen a súa saturación, con 800.000 vehículos diarios
As principais vías de acceso ás cidades incrementaron as súas cifras dende o 2016. A Coruña é a urbe que recibe cada día máis coches chegados de fóra, seguida de Vigo e Compostela. A Avenida da Vedra, na cidade herculina, mantense por riba dos 120.000 vehículos por día, a pesar do aumento no tráfico da Terceira Rolda
- Entrevista | Juan Gestal Coronavirus
- Acontece
"Cando xa non sexa posible conter o coronavirus, haberá que organizar o noso sistema sanitario, como facemos coa gripe"
Falamos con Juan Gestal, profesor emérito de Medicina Preventiva na USC, sobre as características e os efectos da doenza, da que se rexistraron 9 casos no Estado español no último día e medio. Pide evitar alarmismos e subliña que as máscaras de protección son "totalmente innecesarias"
Cinco mortes de traballadores en 15 días volven poñer o foco na sinistralidade laboral en Galicia
Este luns morreron un operario en Chantada ao caerlle enriba unha árbore e un mariñeiro que naufragou nas Illas Cíes, e o seu compañeiro desapareceu. Nas últimas semanas rexistráronse tamén defuncións no Porriño, en Ons e mais no Porto Exterior da Coruña. Galicia é, xunto a Castela-León, a comunidade autónoma con máis mortes en accidente laboral, 54 o pasado ano.
Olimpia Valencia, primeira licenciada galega en Medicina, dará nome á biblioteca desta facultade
Nacida en Baltar (Ourense) acadou o título en 1925 e exerceu a Medicina en Vigo durante case seis décadas. En 1937 foi detida acusada de pertencer ao Partido Galeguista e de ter relación con persoas de esquerda.
Rosalía nos discursos de Otero Pedrayo, Carvalho Calero ou Luz Pozo Garza: "a palabra libre e reveladora"
Neste Día de Rosalía, a RAG subliña a fonda pegada que a autora deixou na insitución e en moitos e moitas das súas integrantes a través dos discursos de ingreso centrados na poeta e na súa obra. Basilio Losada, Fina Casalderrey, Marilar Aleixandre, Marina Mayoral ou Manuel Rivas tamén fixeron importantes referencias a ela.