Doce novos positivos elevan a 18 o número de casos de coronavirus confirmados en Galicia
Once dos novos infectados residen na Coruña e a restante é unha mestra ourensá. Os casos da cidade herculina están relacionados cun centro cívico que vén de ser clausurado de forma preventiva. Dous dos doentes están na UCI e outros dous atópanse ingresados nunha unidade hospitalaria convencional; os outros nove están en illamento nos seus domicilio. A meirande parte son de idade avanzada
- Entrevista | Bernardo Máiz Letras Galegas 2020
- Cultura
"A dirección actual da RAG entendeu que Carvalho Calero é un xigante intelectual e que non podía ser mantido no ostracismo"
A pasada semana presentouse en Ferrol o libro colectivo 'O Carballo que fun en Ferrol. Aproximación a Ricardo Carvalho Calero', coordinado por Bernardo Máiz e que se une ao volume 'Hei de entrar no meu povo' (Edicións Embora), no que tamén colabora o historiador
Cada día cinco familias galegas son desaloxadas da súa vivenda por non pagar o alugueiro, a cifra máis alta dende 2013
O pasado ano practicáronse 2.271 lanzamentos en Galicia, dos que 1.800 tiveron a súa orixe en incumprimentos da Lei de Arrendamentos Urbanos e tan só 396 en execucións hipotecarias. Os desaloxos motivados polo impagamento do alugueiro medraron un 44%.
"A mirada dominante sobre o mundo segue sendo moi masculina e iso reflíctese no audiovisual"
A cuarta edición do Mufest (Festival de Cine feito por Mulleres), impulsado por Andaina, celebrarase en Compostela do 10 ao 14 de marzo, incluíndo ademais das proxeccións dúas mesas redondas. Falamos con Nanina Santos e Aida Raíndo, organizadoras
- Entrevista | Investigal
- Ciencia e tecnoloxía
"A ciencia é un sector estratéxico para a economía de calquera país, pero aquí parece que non se ten en conta"
A pasada fin de semana constituíuse InvestiGal, un colectivo que une a investigadores e investigadoras de toda Galicia e que traballa pola "dignificación" do sector. Falamos con Zulema Varela, unha das súas voceiras, que denuncia que "hai unha completa falta de planificación por parte das administracións e das universidades"
Outro positivo en Vigo eleva a tres os casos de coronavirus en Galicia
Contra a media noite do xoves confirmouse o positivo por coronavirus do marido da muller cuxa infección xa quedara ratificada. Xa fora illado por posible pneumonía e con síntomas máis evidentes
Unha avogada de Ferrol, obrigada a dar o peito no xulgado ante a negativa a respectar a súa baixa de maternidade
Ten dereito a 16 semanas de baixa, pero a vista fixouse para seis semanas despois do parto. O Consello Xeral da Avogacía reclama que se respecte o dereito á conciliación das letradas, que na actualidade depende en moitos casos (sobre todo para as avogadas autónomas) da decisión discrecional do xulgado
Outro positivo en Vigo eleva a tres os casos de coronavirus confirmados en Galicia
Trátase dunha muller que xa estaba en illamento no Hospital Álvaro Cunqueiro, ao presentar síntomas leves. Tamén o seu home, que padece unha pneumonía, está en illamento, pendente da confirmación da infección por COVID-19.
As análises confirman na Coruña o primeiro caso de coronavirus en Galicia
Un home de 49 anos, ingresado no CHUAC, acudiu a Urxencias o luns con síntomas que se podían relacionar coa enfermidade. O doente, que se atopa grave pero estable, reside en Madrid e viaxara á cidade herculina para unha entrevista de traballo. O Sergas destaca que todas as persoas que tiveron contacto con el están identificadas e que o virus "non está a circular por aquí"
Un 8 de marzo para poñer o foco no invisible
O feminismo galego convoca este domingo máis de 30 mobilizacións en todas as cidades e vilas, incidindo no traballo de coidados. Ademais, haberá xantares colectivos, foliadas e mesmo unha cadea humana de mulleres en Carnota ou a performance de 'Un violador no teu camiño' en Vigo. Consulta aquí a axenda de actos
O Concello de Ribeira acepta, despois de catro décadas, o topónimo legal da localidade
O alcalde, Manuel Ruíz, renuncia á súa defensa de Riveira nun acto no que participaron representantes da Xunta e da RAG. Nos últimos meses o Goberno local comezara a substituír o v por corazóns nunha operación que o BNG criticou como un malgasto de cartos públicos
Miño pecha, grazas a un préstamo de sete millóns, 18 anos de conflito coas 200 familias expropiadas por Fadesa
O empréstito, concedido polo Ministerio de Facenda, únese aos dous concedidos anteriormente e serve para aboar os xuros que estaban pendentes polos atrasos no pagamento aos preto de 500 veciños e veciñas, que o pasado mes de setembro chegaron a un acordo definitivo co concello