Unha sentenza recoñece o estrés causado a unha militar marxinada laboralmente tras unha baixa por maternidade
Despois de solicitar unha redución de xornada por lactación, a traballadora -experta no manexo de sónar- foi relegada laboralmente e as únicas funcións que lle foron asignadas foron as de limpeza e pintado. O Xulgado do Contencioso de Ferrol recoñece o seu dereito "a ser declarada en situación de Incapacidade Temporal como consecuencia de continxencia profesional"
O galego máis próximo á normativa fálase na Lama
Xulio Sousa (ILG) publica unha investigación sobre a maneira en que as características morfolóxicas do estándar recollen as distintas variedades do galego, realizada a partir de mostras recollidas nos anos 70. "Nos rexistros formais o peso do estándar é moi elevado, pero nos coloquiais é moito menor", di
Comezan as obras do túnel da Porta do Sol de Vigo con críticas ao Concello por ignorar a petición de revisar o proxecto
Este martes cortouse o tráfico na zona para iniciar uns traballos que durarán dous anos. Vigo Histórico presentou varios recursos ante o Tribunal de Contratación e o Goberno local, que este aínda non respondeu e anuncia que levará o asunto ante o Contencioso-Administrativo.
A traballadora acosada no Corte Inglés de Santiago: "Cando denuncias, moita xente di 'a min tamén me pasa'”
Isabel Fraga sufriu acoso sexual entre 2012 e 2016 por parte do seu superior directo en El Corte Inglés. O xulgado do Social e o TSXG xa recoñeceron os feitos, pero este mércores iníciase un xuízo penal. A muller espera que a sentenza sexa "un exemplo" para que o sucedido non se repita nesta ou noutras empresas.
O feminismo galego sitúa as mobilización das mulleres en Verín e a dignificación do traballo de coidados no centro do 8M
A manifestación nacional celebrarase o 1 de marzo na vila ourensá, destacando "a loita exemplar" desenvolvida "fronte á precarización dos servizos públicos de saúde". O 8 de marzo haberá mobilizacións en todo o país, facendo fincapé en que "o traballo de coidados debe ser o centro e motor da vida" e denunciando a súa invisibilización.
"O proxecto proposto para a Intermodal non achega solucións para unir o barrios nin para xestionar o tráfico"
O presidente da delegación ourensá do COAG expón os criterios técnicos que levan aos expertos a desaconsellar a localización proposta para a nova estación de Ourense. Rafael Castro pide que a xente "tome conciencia do problema" e "saia á rúa e proteste polo que esta cidade merece"
- Datos
- Economía
Galicia perdeu a cuarta parte dos empregos no sector primario na última década
En 2016 Feijóo prometeu que a que está a piques de rematar ía ser "a lexislatura do rural". Porén, nin sequera a recuperación económica xeral dos últimos anos conseguiu deter a destrución de empregos no agro e no mar, que xa só dan traballo a 56.355 persoas, 17 mil menos que hai unha década e 4 mil menos que no 2014.
- Entrevista | Carmen Blanco 200 anos de Concepción Arenal
- Cultura
“O feminismo de Concepción Arenal quere rescatar as mulleres das pequenas cousas das casas, nas que están encerradas"
A USC e o Ateneo de Santiago publican unha edición facsimilar de La mujer del porvenir e La mujer de su casa, textos seminais para entender o pensamento feminista da autora ferrolá. A obra conta cunha introdución de Carmen Blanco, profesora da Facultade de Humanidades da universidade compostelá
O relator da ONU para a pobreza escoitou en Monfero as necesidades das persoas que viven no rural
As participantes no encontro falaron de problemáticas que están as sufrir os concellos rurais galegos, como o desmantelamento dos servizos sociais, a falta de infraestruturas, a falta de oportunidades para mozas, a fenda dixital e de xénero ou do sentimento de abandono por parte das institucións.
- Entrevista | Encarna Otero 200 anos de Concepción Arenal
- Acontece
"No Franquismo deturpouse a imaxe de Concepción Arenal, como pasou con Rosalía, pero foi unha muller moi avanzada"
Compostela, Ferrol, A Coruña ou o cárcere da Lama acolleron este venres actos en homenaxe a Concepción Arenal, no bicentenario do seu nacemento. Encarna Otero destaca que é "unha muller relativamente coñecida pola poboación, pero bastante mal coñecida"
- Entrevista | Emiliana Vicente 200 anos de Concepción Arenal
- Acontece
"Concepción Arenal non se limitou a alertar das inxustizas, senón que propoñía solucións e cambios nas estruturas"
O 31 de xaneiro de 1820 nacía en Ferrol Concepción Arenal. Este venres celébrase o bicentenario da autora e activista galega con actos en varias cidades organizados por concellos, universidade e entidades sociais, como o Colexio de Traballo Social, que reivindica o seu legado. Falamos coa presidenta das organizacións colexiais españolas
"O espazo público nunca é das mulleres, é importante que intervencións artísticas feministas o ocupen"
O pasado 8 de marzo o edificio da Deputación de Pontevedra en Vigo apareceu cuberto por faixas de gran tamaño compostas por tres mil máscaras, trenzadas e escritas unha a unha coas mensaxes enviadas por centos de mulleres. É a obra 'Coidármonos' de Luz Darriba, que fai fincapé no traballo de coidados, especialmente intenso na pandemia.