- Entrevista | María Muíño Contra a violencia machista
- Acontece
"Educación e prevención son a panca que nos vai axudar a mover o mundo, tamén contra a violencia de xénero"
A Deputación da Coruña, o Concello de Santiago ou o Concello de Pontevedra levan anos traballando a violencia machista nos centros de ensino a través de programas específicos. Falamos con María Muíño, deputada de Igualdade da Deputación da Coruña.
- Entrevista | Dhaunae De Vir
- Ciencia e tecnoloxía
"As mulleres xogamos tanto ou máis, pero moitas empresas seguen empeñadas en crear videoxogos só para homes"
Dhaunae De Vir, desenvolvedora de negocio de videoxogos e transmedia e ex-xogadora semiprofesional de eSports, foi unha das participantes no seminario da USC CO(M)XÉNERO 3. Cibersexismo. Violencia e videoxogos. Nacida nos Ancares na actualidade vive entre Estocolmo, Londres e Madrid.
A xustiza tomba o recurso da Xunta contra a paralización do parque eólico do Oribio
O Goberno galego non acatou o ditame do TSXG e presentou un recurso de reposición, que vén de ser rexeitado polo tribunal, que lembra a prohibición de instalar este tipo de proxectos nunha zona da Rede Natura 2000.
- Entrevista | Laura Quintana
- Acontece
"Que un neno fose abandonado ou que sexa vulnerable son características, pero non é a súa identidade"
O Programa de Adopcións Especiais da Fundación Meniños busca promover a adopción de nenos, nenas e adolescentes con necesidades especiais e que teñen máis dificultades para atopar un fogar. Este mércores celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia
O número de taxis en Galicia segue en caída libre, sobre todo fóra das cidades
Nos últimos 25 anos a cifra caeu un 26% no conxunto do país, aínda que nas cidades se mantivo estable. Galicia é a comunidade autónoma na que máis se reduciu o número vehículos de servizo público. O descenso é especialmente rechamante na provincia de Ourense, cunha caída de case o 40%
María Xosé Queizán e a palabra como arma
O Ateneo Atlántico de Vigo acolle este martes unha sesión dedicada a analizar os 36 anos de historia da Festa da Palabra Silenciada, e que serve como homenaxe á autora. Introducidas por Ana Gandón, na mesa de debate intervirán Paula Mariño, Camino Noia e Mónica Bar
"A Xunta confunde transición enerxética xusta con transición enerxética lenta", di 'Galiza, Un Futuro Sen Carbón'
A plataforma critica a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 aprobada polo Goberno galego e considera "insuficientes" os obxectivos de redución de emisións. Acusa a Núñez Feijóo de desoír "as alarmas da comunidade científica internacional"
As vivendas sociais de Cambre tras a venda do edificio: subas do 50% nos alugueiros e non renovación de contratos
En marzo a urbanización da Patiña foi vendida a un fondo voitre, que case de inmediato comezou a comunicar o incremento nos prezos que deben pagar as 50 familias residentes, en moitos casos con recursos económicos moi limitados
Amalia Bóveda: "Aquí o futuro nos foi roubado, aquí o presente comeza a reclamalo"
As familias de Alexandre Bóveda, Amancio Caamaño e Ramiro Paz incorporáronse esta fin de semana á querela arxentina contra os crimes do franquismo. Fixérono na mesma sala onde en agosto de 1936 Bóveda foi condenado a morte
Os calendarios de pedra dos presos republicanos do campo de concentración do Mosteiro de Oia
Este sábado presentouse o resultado dos traballos de restauración das inscricións realizadas nas paredes deste edificio polos milleiros de prisioneiros recluídos alí entre 1937 e 1939. Palabras e debuxos entre os que destacan almanaques gravados nos muros, que utilizaban para medir o paso do tempo.
- Datos Xerais 10N
- Política
A dereita só superou a esquerda na Galicia máis envellecida
Se dividimos as máis de dúas mil seccións electorais pola súa idade media o PSdeG-PSOE foi a forza máis votada no 60% máis novo. E os apoios sumados das tres dereitas só foron maioritarios nas zonas con medias de idade superiores aos 51,5 anos.
Os casos de agresión e abuso sexual medraron un 32% o pasado ano, sobre todo contra menores
Dende o 2015 este tipo de delitos aumentaron un 68% en Galicia. Os abusos sexuais a menores creceron un 193% e as agresións sexuais a menores eleváronse un 264%, segundo recolle a Memoria da Fiscalía