- Entrevista | Cándido Pazó
- Cultura
"Os lugares que queren ter un festival de teatro deberían ollar para Carballo e imitar o seu proceso"
O venres 25 de outubro estréase no FIOT de Carballo 'O electo' (Contraproducións e Focus), unha obra sobre a vulnerabilidade persoal dun político. Será un dos 38 espectáculos teatrais que se poderán ver no FIOT ata o 1 de novembro e despois de representarse en galego, xirará por todo o Estado nunha versión en castelán.
- Entrevista | Xesús Ron
- Cultura
"O sucedido en Teo amosa a dificultade para consolidar espazos estables no medio cultural"
A pasada semana coñecíase que Chévere se vira obrigada a marchar de Teo, trala decisión da nova edil de Cultura de non renovar o concurso público que ligaba ao Concello coa compañía. Falamos con Xesús Ron sobre o futuro de Chévere e as dificultades para dar estabilidade aos proxectos culturais.
- Entrevista | Miriam Leirós
- Acontece
"Pérdese o contacto coa natureza. A sociedade non vai defender e protexer o que non coñece"
Mestra de Primaria no CEIP do Porriño, é unha das cabezas visibles do movemento de Teachers for Future, que leva a cabo accións para desenvolver a Educación Ambiental e favorecer o contacto coa natureza do alumnado.
A vivenda convértese no principal factor de exclusión social en Galicia
Cáritas e a Fundación Foessa presentaron este xoves a edición 2019 do seu informe sobre Desenvolvemento social en Galicia. Salientan que o 17,5% da poboación galega atópase nunha situación de exclusión e que outro 41,6% conta cunha alta taxa de vulnerabilidade social.
- Entrevista | María do Mar Pérez Fra
- Acontece
"Non imos repoboar o rural a base de heroes e de heroínas. Demandamos unhas condicións de vida mínimas"
O despoboamento e o envellecemento das zonas rurais é unha das cuestións clave da Galicia actual. En máis de dous de cada tres concellos (215 localidades) os maiores de 65 duplican (como mínimo) os menores de 20, e en 87 a diferenza é de 5 a 1. Dúas xornadas de debate explorarán esta fin de semana as causas desta situación e as accións que poderían freala
"Queremos ter unha vida como os adultos tiveron, nun planeta habitable. Por isto a urxencia de facer algo"
Falamos con Inés Carrión (16 anos, A Coruña), Kai Baltrusch (22 anos, Compostela) e Héctor Santorum (20 anos, Vigo) representantes do Movemento Galego polo Clima, que este venres convoca mobilizacións en todas as cidades para esixir medidas contra a emerxencia climática
- Entrevista | Querido Caseiro Dereito á vivenda
- Acontece
"A suba de prezos do Xacobeo xa comeza a notarse e existe preocupación sobre o que virá no próximo curso"
'Querido Caseiro' é unha conta de Instagram que recompila as "historias de terror" de pisos alugados por mozos e mozas de toda Galicia como denuncia das malas condicións dos inmobles e da indefensión que en moitas ocasións sofren os inquilinos e inquilinas.
O 40% dos turismos de Galicia non poderán acceder ás zonas de baixas emisións que as cidades crearán antes de 2023
Son ao redor de 424.000 vehículos os que terán prohibido o seu acceso aos centros urbanos das sete cidades galegas. A medida debe ir acompañada do fomento do transporte público e dos desprazamentos a pé e en bicicleta
Denuncian o proxecto de túnel na Porta do Sol de Vigo como "unha volta aos tempos do Scalextric"
A infraestrutura, de 200 metros de lonxitude, terá un custo de 17 millóns de euros. Greenpeace ou Vigo Histórico reclaman que o Concello aposte pola peonalización deste espazo e critican que o túnel incrementará a presión dos coches sobre as rúas Policarpo Sanz e Elduayen e sobre o Paseo de Alfonso XII
Chévere vese obrigada a abandonar Teo despois de seis anos como compañía residente
A nova responsable da área de Cultura do Concello comunicoulles en agosto que non está prevista a convocatoria dun novo concurso que permita manter a actividade. Desaparece "unha convocatoria pública innovadora, que contribuíu a transparentar as relacións entre as empresas culturais e a administración", destacan
50 colectivos galegos chaman a unha mobilización pola emerxencia climática o 27 de setembro
O Movemento Galego polo Clima convoca manifestacións en seis cidades e fai un chamamento particular á comunidade educativa. Reclama medidas decididas aos Gobernos para loitar contra o quencemento global e as emisións nocivas. Aposta pola produción agraria de proximidade, o peche "urxente" da central das Pontes e o cambio na política forestal.
20 feminicidios cometidos en Galicia dende o 2010 non entraron na estatística oficial de violencia machista
Entre eles figuran dous dos tres asasinatos rexistrados este luns en Valga, así coma os de Diana Quer e a ferrolá Marta Sequeiro, e tamén unha decena de mortes de mulleres a mans de familiares. O Pacto de Estado recomenda que se reflictan "todas as formas de violencia contra as mulleres"