Os sete anos nos que A Coruña tivo o monopolio do comercio con oriente
En 1522 o rei Carlos I autorizou a creación na cidade da Casa de Contratación, que controlaría o comercio das especias con Asia. Da Coruña saíron expedicións na procura de mellores rutas coas Molucas. Porén, en 1529 España renunciou a este comercio e a Casa da Especiería pechou antes de chegar a existir.
A Xunta autoriza a caza da rula malia ser unha especie ameazada e arríscase a unha sanción da UE
O pasado 25 de xullo a Comisión Europea iniciou un proceso de infracción contra o Estado español por non tomar medidas que freen o declive desta ave. Porén, a Xunta mantén a autorización para cazala na comarca da Limia, onde a súa poboación diminuíu un 37% nos últimos anos
Os alugueiros en barrios céntricos das cidades galegas encarecéronse un 15% no último ano
Dende xullo do ano pasado, os prezos nas sete cidades medraron entre un 3% e un 7%, pero a maior parte dos barrios máis céntricos rexistraron incrementos moi superiores, que se achegan ao 20% nalgúns casos
Compostela, entre as cidades europeas nas que se consome máis cocaína, segundo un estudo da UE
Santiago aparece no 15ª lugar entre as 70 urbes que compoñen o estudo, lonxe dos lugares con maiores rexistros pero cun nivel desta substancia que duplica os datos do ano 2016.
"Está moi ben que haxa mulleres nos carteis, pero a igualdade debe chegar ao resto de traballadoras dos festivais"
As biscaíñas Belako son o concerto estrela deste sábado no Festival Noroeste da Coruña. A formación levará á praia de Riazor os sons escuros do seu post-punk, que combina o inglés e o euskera nas súas letras
O BOE fai oficiais os nomes dos 106 galegos mortos nos campos de concentración nazis
Un total de 193 galegos foron enviados a campos como Gusen ou Mauthausen e máis da metade morreron alí. A ARMH traballa procurando as súas familias e afondando na súa historia. 45 dos falecidos procedían da provincia da Coruña, 22 de Ourense, 20 de Pontevedra e 19 de Lugo
O gasto da poboación galega nos xogos e apostas medrou un 27% en tres anos
A contía depositada nos xogos de azar presenciais pasou dos 1.100 millóns de 2014 aos 1.400 de 2017, último ano con estatísticas. As apostas nos salóns e as máquinas comecartos son as modalidades que máis crecen. Neste tempo, ademais, o gasto nos xogos online máis que se duplicou.
Os monicreques teñen que explicarse (outra volta)
A asociación cultural Morreu o Demo defende o carácter transgresor e crítico dos títeres ante unha denuncia realizada nas redes sociais por un espectáculo de Barriga Verde en Sarria. A entidade sinala que este tipo de polémicas proceden dunha "falta de coñecemento da nosa propia tradición"
- Entrevista | Borxa González
- Acontece Pontevedra
"Pontevedra non necesita das touradas para nada, o que fan é danar a imaxe da cidade"
Esta fin de semana celébrase unha nova edición da Feira Taurina de Pontevedra, reducida a só dous días, fronte aos tres ou catro de anos anteriores. E, coincidindo con ela, está convocada a xa habitual manifestación de Touradas Fóra de Pontevedra. Falamos cun dos seus voceiros
O Consello de Estado volve criticar o Goberno central por incumprir a lei no relativo aos medios comunitarios
É o terceiro pronunciamento deste órgano consultivo sobre esta cuestión. A Lei do Audiovisual, en vigor dende o ano 2010, prevé que o Estado conceda licenzas de emisión ás radios e televisións sen ánimo de lucro.
A Rede Galega pola Igualdade cre que a 'xuíza do tarot' está "incapacitada" para dirixir o Xulgado de Violencia de Xénero
A entidade remitiu un escrito ao Consello Xeral do Poder Xudicial reclamando o cese da maxistrada, que o pasado mes de maio foi designada como responsable do tribunal especializado da Coruña, un dos dous existentes en Galicia. En 2008 foi sancionada por opoñerse á Lei de Violencia de Xénero
Suspenden a festa no prostíbulo que ofrecía churrasco gratis servido por camareiras en topless
O Club Montparnasse acumula dúas condenas por trata de persoas e por non dar de alta na Seguridade Social ás súas traballadoras. Este venres inauguraba unha nova área de chillout nas súas instalacións cun evento promocionado nos medios de comunicación. A alcaldesa da vila afirmara que o Concello faría "todo o posible" por impedila