O Museo Galego da Marioneta pecha despois de 19 anos reclamando máis apoio institucional
"Ao final tratouse de elixir entre a continuidade de Viravolta e a continuidade do museo", conclúe Anxo García, un dos responsables da compañía de títeres que xestionaba o museo situado no Pazo de Liñares en Lalín, único no país
- Obituario
- Acontece
As orixes galegas de Niki Lauda: de Nogueira de Ramuín ao reinado na Fórmula 1
Os xornalistas Xosé Fernández Ferreiro e Santiago Romero afondaron nas orixes familiares do campión austríaco, en Nogueira, Cambre e A Coruña, sinalando a semellanza física co piloto, falecido este martes
Os farois que poden apagar o ceo na Costa da Morte
O percebeiro e escritor Suso Lista denunciou hai uns días o proxecto de instalación de 15 grandes farois nun punto de Corme empregado para a observación do ceo nocturno, avanzando no proceso de contaminación luminosa que sofren moitos lugares de Galicia, sobre todo no litoral. A Agrupación Ío e outros colectivos uníronse á protesta
Case 700 estudantes encheron o estaleiro de Navantia a ritmo de muiñeira
O evento, organizado polo Centro de Formación e Recursos Ferrol, serviu para celebrar o Día das Letras. Os rapaces e rapazas procedían de 22 centros de ensino de Ferrolterra e bailaron ao son de A Banda das Crechas. "Queremos animar a todo o profesorado a que leve o baile tradicional á práctica diaria nas aulas", din.
- Entrevista | Jorge Suárez 26M locais e europeas
- Política Ferrol
"Non debemos consentir baixo ningún concepto que a dereita goberne esta cidade"
Di que catro anos de goberno cheos de obstáculos o fixeron "máis forte e máis valente a forza de paus". Falamos con Jorge Suárez sobre os seu mandato, as súas expectativas para o 26M e os retos inmediatos do Concello de Ferrol.
Antonio Fraguas, o traballador calado da cultura galega
Como mestre, etnógrafo ou historiador Antonio Fraguas pertenceu a ese grupo de traballadores silandeiros polo país. Definido como un "intelectual, investigador e docente vocacional e xeneroso", máis importante que os cargos ocupados foi o seu labor de base realizado durante anos, nomeadamente no que atinxe á protección do patrimonio inmaterial
A veciñanza de Ons esixe que a Xunta retire o veto á entrada libre dos seus familiares na illa
O Goberno galego estableceu que os 65 residentes permanentes do arquipélago e os seus ascendentes e descendentes quedan fóra da cota máxima de 1.800 visitantes diarios, pero non así os seus irmáns, irmás, sobriños, sobriñas e demais parentes.
A expansión das casas de apostas en Galicia obriga á Xunta a poñer couto á apertura de máis establecementos
A nova Lei do Xogo limitará o seu número aos xa existentes ou en tramitación. A comezos de ano eran 136, sobre todo en Vigo e A Coruña, e a cifra crecera xa ata os 159. O Goberno galego aprobará este xoves a medida para evitar que as empresas "especulen" e abran novos salóns nos vindeiros meses
16 citas a non perder na 16ª edición do Festival de Cans
A vindeira semana comeza o festival, polo que este ano pasarán Rodrigo Sorogoyen, Leonor Watling ou El Gran Wyoming e serán premiados Carlos Blanco, Pilar Comesaña ou Nieves Rodríguez. Proxeccións, concertos, charlas, roteiros e unha ampla programación infantil levarán a Cans a milleiros de persoas entre o mércores 22 e o sábado 25.
Por que case non hai bandeiras azuis nas praias vascas?
Ningunha praia de Guipúscoa e só dúas en Biscaia contan con esta certificación privada, despois de que nos últimos anos moitos concellos renunciasen a solicitala. Tamén está a ser posta en cuestión en Galicia por localidades como Nigrán, O Grove, Ribeira, A Pobra, Rianxo ou Barreiros
Estes son os animais e plantas máis ameazados pola extinción en Galicia
Do Mazarico Real ao Oso Pardo e da Píllara das dunas á Avefría. O Catálogo galego de especies ameazadas recolle 76 especies en perigo de extinción no noso país, xunto con outras 126 categorizadas como "vulnerables". Case ningunha conta cun plan de protección.
As eleccións europeas xóganse nun segundo plano coa incógnita da participación, que en 2014 foi do 39%
A coincidencia coas municipais está a ocultar a importancia destes comicios, pero pode reducir a elevada abstención que decote se rexistra nestas convocatorias. 39 candidaturas optan aos 54 escanos en xogo.