"Se os rapaces non teñen unha educación sexual regrada, van aprendelo a través do porno"
A Deputación de Lugo vén de poñer en marcha un proxecto de educación sexual que chegará a 1.500 alumnos e alumnas de 6º de Primaria. Falamos coa súa coordinadora, Estefanía Fernández Otero
- Datos Dereito á vivenda
- Economía
O prezo dos alugueiros na Coruña e Vigo creceu un 30% nos dous últimos anos
Nalgúns barrios céntricos destas dúas cidades o importe medio rolda os 600 euros mensuais. Pontevedra (+20,5%) e Compostela (+15%) tamén experimentarron importantes subas dende o 2016.
Galicia suma xa 1 licenza VTC por cada 9 taxis, case tres veces por riba do máximo legal
Dende o 2015, a lei fixa un máximo de 1 vehículo deste tipo (os utilizados por plataformas como Uber o Cabify, que acaba de chegar á Coruña) por cada 30 taxis. Varias sentenzas determinaron que a administración está obrigada a conceder todas as autorizacións que foran solicitadas antes do 2015.
A 'Guía dos elementos químicos' non se poderá usar na ESO pola prohibición de impartir a materia en galego
Este luns presentouse na sede da RAG a obra, unha forma lúdica e amena de achegarse á química, pero cuxo uso seguirá vetado nas aulas por mor do Decreto de Pluriligüísmo de 2010
Os 55 monumentos da Ribeira Sacra esquecidos pola Xunta "chaman a berros" pola súa protección
A asociación O Sorriso de Daniel reclama a declaración BIC para medio cento de edificios que non foron incorporados na recente declaración BIC. A entidade alerta de que o despoboamento do rural pon en risco a súa conservación.
O campionato galego de caza do raposo será en Carnota sen autorización do Concello
A Asemblea Local do BNG subliña que o permiso será "rexeitado, no caso de que sexa solicitado" e critica que a Xunta "autorice eventos deste tipo sen sequera consultar coas administracións locais".
- Entrevista | Laura Vilaboy (CEESG) Contra a violencia machista
- Acontece
"Cómpre atención integral aos menores que sofren situacións de violencia de xénero"
Entre 2002 e 2017 16 nenos e nenas galegas viron como as súas nais eran asasinadas. A Xunta vén de asinar un convenio cos colexios profesionais de Graduados Sociais, Xestores Administrativos, Educadores/as sociais e auditores sociolaborais para mellorar a súa atención. Falamos con Laura Vilaboy (CEESG)
Galicia seguirá exportando enerxía tras o peche de Meirama
Os 2.600 GWh producidos pola central térmica, que pechará no 2020, serán compensados case na súa totalidade polo previsto incremento da xeración eólica. Cada ano entre 6.000 e 13.000 GWh son transferidos a outras comunidades autónomas. As enerxías renovables están preto de cubrir a demanda interna galega
A Xunta busca aplacar con promesas o malestar sanitario de Vigo no inicio da epidemia de gripe
Vázquez Almuíña comprometeuse ante unha representación dos 25 xefes de servizo dimitidos a atender parte das súas demandas para evitar a sobrecarga de traballo e as situacións de saturación. Os sindicatos evitan valorar as propostas ata coñecelas con detalle.
Galicia busca retomar o tren das enerxías renovables despois de anos de bloqueo político
Este ano deben entrar en funcionamento 34 novos parques eólicos, que achegarán uns 700 megavatios á actual potencia instalada, que leva unha década estancada. En 2017 a porcentaxe de enerxía producida no país por fontes renovables caeu ao seu mínimo dende o 2005
- Entrevista | Miguel Lois (AC Os Penoucos)
- Cultura
Os 3.202 bens patrimoniais do Baixo Ulla, nun mapa e dunha soa ollada
A Asociación Cultural Os Penoucos está preto de completar o mapa colaborativo do patrimonio, con elementos de Catoira, Dodro, Padrón, Pontecesures, Rianxo e Valga. Falamos cun dos seus responsables, Miguel Lois
- Entrevista | Pepe Galán
- Movementos sociais A Coruña
"Estabamos alucinados pola mobilización que existía ao redor de Nunca Máis. Estabamos todos activados"
Este xoves inaugúrase no Palexco da Coruña a exposición 'Máis Nunca Máis', composta por catro mil imaxes das mobilizacións que seguiron á catástrofe do Prestige. Está comisariada por Pepe Barro, Anxo Varela e Pepe Galán, con quen falamos