Unha investigación da UVigo lanza oito propostas para que as mulleres gañen espazo na industria do videoxogo
O estudo As que están e as que marcharon: mulleres e migracións na industria do videoxogo, presentado este martes, analiza as ameazas e debilidades, pero tamén as oportunidades e fortalezas que teñen as mulleres para aumentar o seu papel nun sector estratéxico e en crecemento continuo, pero aínda moi masculinizado
- 📺 Video Letras Galegas 2023
- Cultura
Un documental web da Academia percorre a traxectoria de Fernández del Riego: "o seu grande amor foi Galicia"
A serie Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu, estreou este luns o seu primeiro capítulo. Ao longo de seis entregas, coa participación de María Xosé Queizán, César Cunqueiro, Manuel Román ou Malores Villanueva, amosa "a súa capacidade de actuar en todos os ámbitos posibles para facer da súa idea de Galicia unha realidade"
🔊 Fálase | Mulleres de Matria
En vésperas da estrea de 'Matria' xuntamos á súa protagonista, María Vázquez e mais a Francis Iglesias, a muller na orixe da historia do filme, nunha conversa cómplice que transloce unha esperanza: que haxa mulleres que, ao vela, "peten co pé no chan e digan ata aquí, eu tamén estou vivindo iso e non aguanto máis"
"Para comer e ler, Lugo": a cidade conmemora a partir da gastronomía o centenario do 'Ulises' con outras 17 urbes europeas
Trátase da única cidade do Estado que participa na rede Ulysses European Odyssey, que entre o 2022 e o 2024 está a celebrar os cen anos da novela de Joyce. Da man da Fundación Uxío Novoneyra, a urbe acollerá en maio simposios e debate, paseos literarios, representacións teatrais e outros actos, ligados ao capítulo oitavo do libro, no que a comida é a protagonista.
- 📺
- Política
Sánchez e Díaz aproveitan a censura da extrema dereita para enxalzar a coalición ante o ciclo electoral
Pedro Sánchez e Yolanda Díaz afrontaron a moción formulada por Vox con discursos coordinados para trazaren as liñas do campo de xogo electoral e confrontar medidas como a suba do salario mínimo, as reformas laboral e das pensións ou a nova lei do aborto fronte á "nada" e ao "odio" da extrema dereita. Todo, con Feijóo ausente
Esta década, clave para loitar contra o cambio climático: "Se actuamos agora, aínda é posible un futuro habitable para todos"
Este luns deuse a coñecer o Informe de Síntese do Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC) da ONU. "Urxe tomar medidas máis ambiciosas", destácase, para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro de forma inmediato e reclama aumentar o financiamento en investimentos destinados a mitigar o cambio climático
O TSXG anula a débeda de case 900.000 euros que a Xunta reclama ao Concello de Vigo por obras no Cunqueiro
O Superior acusa a Administración autonómica de prescindir “total e absolutamente do procedemento establecido para a determinación das débedas tributarias” ao non declarar o débito.
As persoas coa síndrome de Down reclaman no seu día autonomía persoal e "as mesmas oportunidades cós demais"
O Teatro Principal de Ourense acolle este martes o acto conmemorativo do Día Mundial da Síndrome de Down: "Temos dereito a participar na vida comunitaria e a ser persoas autónomas e independentes".
O número de agresións sexuais con penetración denunciadas en Galicia acada un máximo na serie histórica
O pasado ano as violacións coñecidas pola Policía ascenderon a 95, un 17% máis que no 2021 e por riba do anterior récord, acadado en 2019. O número total de infraccións penais en Galicia aumenta un 18% con respecto ao 2019, especialmente os ciberdelitos, aínda que diminúen os roubos con forza en domicilio.
Agromuralla reclama contratos lácteos de 60 céntimos por litro ante a suba do 292% nos fertilizantes ou do 31% nos pensos
A asociación de gandeiros recomenda aos seus socios que non asinen contratos de venda de leite por baixo dese prezo, nun momento no que están a piques de renovarse moitos acordos. O SLG denuncia que parte da industria está a ofrecer contratos á baixa e pide ás administracións que interveñan para impedir contratos por debaixo dos custos de produción
O Consello Económico e Social chama a aproveitar o "potencial" de Galicia para "liderar" o sector das enerxías renovables
O documento aprobado este mércores sen votos en contra, quere "servir de base para unha ampla reflexión sobre a cuestión enerxética". Pídese á administración que fomente "unha distribución xusta dos distintos impactos das instalacións entre a poboación local" e fai fincapé "na participación dos donos do territorio onde se instala e afecta a tecnoloxía renovable"
Prudencia, fortaleza, temperanza e xustiza: as catro virtudes que Martiño de Dumio aconsellou ao rei Miro de Gallaecia
O Consello da Cultura traduce ao galego un libro de éxito na Europa Medieval, 'Como levar unha vida honesta', no que o monxe Martiño de Dumio escribe un breve compendio de ética natural con consellos inspirados nas catro virtudes cardinais de Platón